Resolución do 29 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se convocan e se regulan as axudas correspondentes ao programa Volver á casa para residentes no exterior durante o ano 2008.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyResolución

A Secretaría Xeral de Emigración é o órgano superior da comunidade autónoma a que lle corresponde, entre outras, as competencias en materia de desenvolvemento da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, que desenvolve o artigo 7 do Estatuto de autonomía de Galicia, onde se establece o dereito das comunidades galegas de fóra de Galicia a colaborar e compartir a vida social e cultural do pobo galego.

A teor do establecido no parágrafo anterior, a Secretaría Xeral de Emigración desenvolve anualmente, entre outros, programas que permiten o achegamento a Galicia e á súa realidade actual, a maiores pertencentes ás colectividades galegas do exterior con escasos recursos económicos.

Neste contexto enmárcase a presente resolución pola que se convoca e se regula o programa de viaxes a Galicia Volver á casa, a través do cal emigrantes galegos e fillos de emigrantes galegos maiores de 55 anos, poidan viaxar a Galicia a custo reducido que lles permitan estreitar vínculos cos seus familiares residentes aquí.

En virtude do exposto e no exercicio das competencias atribuídas na disposición adicional 2ª do Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de acordo co establecido na Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, e no uso das facultades que a Secretaría Xeral de Emigración ten atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto.

A presente resolución ten por obxecto convocar as axudas correspondentes ao programa Volver á casa orientado a promover o contacto dos galegos residentes no exterior coa súa terra e cos seus familiares, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.

Artigo 2º Características.
  1. A Secretaría Xeral de Emigración farase cargo, con carácter xeral, do 60% do custo da viaxe a Galicia. Farase cargo do 80% naqueles países en que a base de cálculo da pensión asistencial por ancianidade no 2008 non supere os 2.110 € anuais. O resto do importe da pasaxe será aboado polo beneficiario.

  2. A condición de beneficiario deste programa quedará supeditada ao compromiso de acollida dos familiares do solicitante residentes en Galicia e ao pagamento, dentro do prazo establecido no seu momento, da porcentaxe correspondente da pasaxe de avión.

  3. Os participantes poderán permanecer cos seus familiares en Galicia ata completar un período máximo de tres meses, sendo pola súa conta todos os gastos de aloxamento, manutención e calquera outro derivados da súa estadía en Galicia.

  4. Os beneficiarios deberán ingresar na axencia de viaxes designada, o importe do billete que lle corresponda, cunha antelación de 20 días naturais á data sinalada para a realización da viaxe. Entenderase que os que non cumpran con este requisito desisten da súa solicitude.

  5. O programa realizarase preferentemente no mes de xuño.

  6. A Secretaría Xeral de Emigración xestionará o desprazamento dos beneficiarios.

Artigo 3º Beneficiarios.
  1. Poderán ser solicitantes deste programa aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:

    1.1. Ser emigrante galego.

    1.2. Ter a nacionalidade española.

    1.3. Residir en América.

    1.4. Ter cincuenta e cinco ou máis anos de idade contados na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

    1.5. Non ter participado nos últimos cinco anos naturais en programas de viaxes a Galicia desta secretaría xeral.

    1.6. Ser válido por si mesmo e non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e estar en condicións de realizar unha viaxe de longa duración.

    1.7. Ter familiares de ata o cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos cales poidan residir durante a súa estadía en Galicia.

    1.8. Ter ingresos inferiores a tres veces o importe das pensións asistenciais por ancianidade do Estado español fixado en 2008 para o país de residencia. Estes importes aparecen reflectidos no anexo III desta resolución. Se o solicitante convive con outra ou outras persoas nunha mesma unidade económica familiar, a contía anterior virá determinada pola suma do límite máximo de ingresos persoais máis o resultado de multiplicar o 70 por cento da devandita cifra polo número de conviventes menos un.

  2. Poderán ser beneficiarios as persoas unidas por matrimonio, unión de feito ou relación análoga aos solicitantes do programa indicados no punto 1, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos nos puntos 1.3, 1.5, 1.6 e acheguen a documentación xustificativa.

  3. Tamén poderán ser solicitantes os fillos de emigrantes galegos que teñan a condición de galego e que cumpran os requisitos indicados nos puntos 1.2, 1.3, 1.4, 1.5, 1.6, 1.7 e 1.8 deste artigo.

Artigo 4º Prazas convocadas.

A asignación do número de prazas, realizada en función das necesidades reais e das demandas constatadas nos diferentes países, queda fixada para o ano 2008, do seguinte modo:

Países Nº de prazas

Arxentina 200

Brasil 29

Cuba 22

Uruguai 55

Venezuela 26

Outros países 4

Total 336

Esta asignación de prazas poderá redistribuírse no caso de que nalgún país non se cubrise algunha das cotas anteriores. Neste caso as prazas vacantes distribuiranse entre os países que teñan asignadas inicialmente máis de 50 prazas. O aumento de prazas nestes países non poderá superar, tras a redistribución, o 15% das asignadas inicialmente.

O 90%...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR