Decreto 22/2007, do 22 de febreiro, polo que se desafecta do dominio público un inmoble, antiga caseta de legoeiros, situada na antiga estrada de Ourense a Pontevedra (N-541) á altura do parque municipal do Carballiño.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

O artigo 10.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, sinala que cando os bens e dereitos non fosen necesarios para o cumprimento dos fins determinantes da súa afectación, cesará a súa natureza demanial e adquirirán a condición de patrimoniais, sen prexuízo, se é o caso, do dereito de reversión nos termos da lexislación da expropiación forzosa respecto daqueles bens adquiridos por este título.

O punto segundo do antedito artigo establece que a desafectación dos bens de dominio público da Comunidade Autónoma de Galicia deberá facerse mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia, logo de instrución do expediente pola Consellería de Economía e Facenda, por instancia da consellería interesada, e sempre que se acredite a desaparición das causas xustificativas da afectación.

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes manifestou a innecesariedade destes bens para o cumprimento dos fins determinantes da súa afectación.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e dous de febreiro de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Desaféctase do dominio público o ben descrito a continuación:

Solar de 1.758 m de superficie, segundo a actual medición do catastro, no punto quilométrico 29,500 da estrada N-541, hoxe avda. Parque do Concello do Carballiño (Ourense), que linda...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR