Decreto 17/2008, do 7 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 36/2006, do 23 de febreiro, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da Consellería de Cultura e Deporte.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE
Rango de LeyDecreto

O desenvolvemento do proxecto construtivo da Cidade da Cultura vai permitir a apertura ao público dos edificios da Biblioteca e do Arquivo Nacional.

Trátase das institucións cabeceiras dos sistemas bibliotecarios e arquivístico do país, partes esenciais dos nosos servizos públicos clásicos de depósito cultural, dependentes da Consellería de Cultura e Deporte. Diversas razóns de oportunidade e legalidade obrigan a que o servizo sexa asumido con carácter urxente pola Consellería de Cultura e Deporte. Neste sentido, cómpre a creación, dentro das direccións xerais de Creación e Difusión Cultural e de Patrimonio Cultural, da estrutura administrativa que garanta o seu funcionamento e precise as correspondentes funcións. En concreto, créanse a Subdirección e o Servizo da Biblioteca Nacional de Galicia, así como a Subdirección e o Servizo do Arquivo Nacional de Galicia.

Así mesmo, cómpre crear, dentro da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, o Servizo de Creación Cultural, dependente da Subdirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, para reforzar a estrutura administrativa destinada a xestionar as competencias de promoción e difusión do patrimonio audiovisual galego e das artes da imaxe, así como o fomento da creación, produción e divulgación cinematográfica, videográfica, audiovisual e multimedia, xa recollidas nas alíneas k) e l) do artigo 5 do Decreto 36/2006, así como as restantes políticas relativas á creación cultural que non estean atribuídas a outro servizo da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural.

Todo isto determina a necesidade de modificar o Decreto 36/2006, do 23 de febreiro, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da Consellería de Cultura e Deporte.

De acordo co exposto, por proposta da conselleira de Cultura e Deporte, co informe previo das consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Economía e Facenda, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día sete de febreiro de dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo único Modificación do Decreto 36/2006, do 23 de febreiro, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da Consellería de Cultura e Deporte.

O Decreto 36/2006, do 23 de febreiro, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da Consellería...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR