Decreto 43/2008, do 28 de febreiro, polo que se determina o ámbito de aplicación dos plans de ordenación dos recursos forestais para Galicia.
Sección | I. Disposicións Xerais |
Emisor | CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL |
Rango de Ley | Decreto |
O aproveitamento sustentable do potencial do sector forestal galego tense que basear, entre outros grandes piares, na ordenación territorial dos usos múltiples do monte, e para iso é necesario dotar toda a superficie de terreo forestal de Galicia de instrumentos de planificación que regulen e fomenten as actividades económicas, sociais e ambientais dos nosos bosques.
A estrutura administrativa da consellería competente en materia forestal, anteriormente a Consellería de Medio Ambiente e agora a Consellería do Medio Rural, desembocou nunha división en distritos forestais atendendo a condicións de homoxeneidade estrutural tanto dos recursos forestais coma das condicións socioeconómicas e ambientais e para acadar unha descentralización administrativa que axilizase a actuación da Administración e achegase esta aos administrados.
Que, segundo o artigo 31.4º da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, o ámbito territorial dos plans de ordenación dos recursos forestais serán os territorios forestais con características xeográficas, socioeconómicas, ecolóxicas, culturais ou paisaxísticas homoxéneas, de extensión comarcal ou equivalente. Poderanse adaptar a aquelas comarcalizacións e divisións de ámbito subrexional realizadas pola ordenación do territorio ou outras específicas divisións administrativas propias das comunidades autónomas.
Que un dos obxectivos prioritarios da Xunta de Galicia é a regulación do uso forestal no marco da ordenación territorial, como piar onde fundamentar a nova política forestal.
Xa que logo, no uso das atribucións concedidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concordante, e por proposta do conselleiro do Medio Rural de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e oito de febreiro de dous mil oito,
DISPOÑO:
-
Para os efectos da redacción e aplicación dos plans de ordenación dos recursos forestais (PORF), entenderase por monte os terreos definidos no artigo 5 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.
-
Decláranse como ámbito territorial dos PORF, para os efectos do artigo 31.4º da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, cada un dos 19 distritos forestais de Galicia recollidos no anexo, por albergar características xeográficas, socioeconómicas, ecolóxicas, culturais e paisaxísticas homoxéneas, presentando unha extensión óptima...
Para continuar leyendo
Solicita tu prueba