Resolución do 19 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do texto do convenio colectivo do sector torradeiros de café e sucedáneos da provincia de Ourense, anos 2003 e 2004.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyResolución

Visto o texto do convenio colectivo do sector torradeiros de café e sucedáneos da provincia de Ourense anos 2003 e 2004 (código convenio nº 3200795), subscrito con data do 4 de febreiro de 2003, dunha parte pola Confederación Empresarial de Ourense, en representación da parte económica, e doutra polas centrais sindicais; Unión Xeral de Traballadores (UGT), Comisións Obreiras (CC.OO.) e a Confederación Intersindical Galega (CIG), en representación da parte social, esta delegación provincial, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de

funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 19 de febreiro de 2003.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo do sector de torradeiros de café

e sucedáneos da provincia de Ourense

(anos 2003 e 2004)

  1. Disposicións xerais

Artigo 1º Ámbito funcional e territorial.

O presente convenio afectará a tódalas empresas e traballadores da actividade de torradeiros de café e sucedáneos da provincia de Ourense. Quedan excluídas as actividades comerciais sempre que as empresas se dediquen exclusivamente a elas, tanto por xunto como polo miúdo.

Artigo 2º Ámbito persoal.

Abranguerá as empresas indicadas no artigo anterior e tódolos seus traballadores. Rexerá igualmente para aquelas empresas que, reunindo tales condicións, se establezan no futuro dentro do campo de aplicación deste convenio.

Artigo 3º Vixencia.

O presente convenio entrará en vigor, para tódolos seus efectos, o día 1 de xaneiro de 2003. A súa duración será de dous anos, é dicir, ata o 31 de decembro de 2004 e entenderase prorrogado por períodos dun ano se calquera das partes non o denuncia por escrito ante a outra con tres meses de antelación á data de remate da súa vixencia, expresándose as cuestións obxecto de negociación.

Ámbalas partes comprométense a inicia-las negociacións dun novo convenio con dous meses de antelación ó remate da súa vixencia. Mentres non se alcance un novo acordo, todo o contido deste convenio terá vixencia, fixándose como o seu límite a data do 31 de decembro do ano 2002, data na cal se prevé que estea negociado un novo convenio.

Artigo 4º Vinculación á totalidade.

As condicións aquí pactadas forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente.

Artigo 5º Garantías persoais.

Respectaranse a título individual as condicións económicas que fosen superiores ás establecidas neste convenio, consideradas no seu conxunto e en cómputo anual.

Artigo 6º Compensación e absorción.

Tódalas melloras económicas e de traballo que se implantan en virtude do presente convenio serán compensables e absorbibles, en cómputo anual e ata onde alcancen, con todas aquelas melloras voluntarias que tiñan concedidas as empresas, tanto se son aboadas en metálico como en especie e cuarto, ou incentivos sobre vendas ou á producción, calquera que sexa o sistema aplicado, así como as producidas ou as que se produzan en disposicións legais a partir da data de entrada en vigor do convenio.

Sen prexuízo de que se poidan estender a calquera situación as melloras establecidas neste convenio nin a facultade de amplialas, as empresas que veñan aboando ó seu persoal salarios superiores ós esixidos regulamentariamente, non estarán obrigadas a aplica-las subas que se fixen nas presentes estipulacións agás na contía necesaria para suplir diferencias.

Artigo 7º Comisión paritaria.

A comisión será un órgano de interpretación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento do pactado no presente convenio. As súas funcións serán:

  1. Interpretación auténtica do convenio.

  2. Arbitraxe dos problemas ou cuestións que sexan sometidos por ámbalas partes, de común acordo, en asuntos derivados deste convenio.

  3. Conciliación facultativa e de mutuo acordo por ámbalas partes nos problemas colectivos, con independencia das atribucións que por norma legal lles poidan corresponder ós organismos competentes.

  4. Vixilancia do cumprimento do pactado.

As resolucións ou acordos adoptados por unanimidade pola comisión paritaria terán carácter vinculante.

A comisión comporase dun presidente que se elixirá na súa primeira reunión e actuará como mediador con voz pero sen voto, e de seis vocais, tres por cada parte, de entre os que actuaron na deliberación do convenio. Ademais, o presidente levantará acta dos acordos e resolucións que adopte a comisión, que deberán ser asinados polos señores que interveñan. Poderán nomearse asesores por cada representación aínda que estes terán dereito a voz pero non a voto.

A comisión en primeira convocatoria non poderá actuar sen a presencia de tódolos vocais e en segunda, o seguinte día hábil, actuará cos que asistan, tendo voto unicamente en número paritario dos vocais presentes, sexan titulares ou suplentes.

A comisión paritaria reunirase por instancia de calquera das partes, poñéndose de acordo estas co presidente, sobre o lugar, día e hora da reunión, convindo ámbalas partes en dar coñecemento á comisión paritaria de cantas dúbidas, discrepancias e conflictos que puidesen producirse como consecuencia da interpretación e aplicación do convenio.

  1. Réxime de traballo

Artigo 8º Organización do traballo.

A organización do traballo, conforme o previsto neste convenio, correspóndelle ó empresario, quen a levará a cabo a través do exercicio regular das súas facultades de organización económica e técnica, dirección e control de traballo e das ordes necesarias para a realización de actividades laborais correspondentes.

No suposto de que se delegasen facultades directivas, esta delegación farase de modo expreso, de maneira que sexa suficientemente coñecida, tanto polos que reciban a delegación de facultades, como polos que despois serán destinatarios das ordes recibidas.

As ordes que teñan por si mesmas o carácter de estables deberánselles comunicar expresamente a tódolos afectados e dotalas de suficiente publicidade.

A organización do traballo ten por obxecto alcanzar na empresa un nivel adecuado de productividade baseado na óptima realización dos recursos humanos e materiais. Para este obxectivo cómpre a mutua colaboración das partes integrantes das empresas: dirección e traballadores.

A representación legal dos traballadores velará por que no exercicio das facultades antes aludidas non se conculque a lexislación vixente, sen que iso poida considerarse transgresión da boa fe contractual.

Artigo 9º Desenvolvemento.

A organización do traballo estenderase, entre outras, ás cuestións seguintes:

  1. A determinación dos elementos necesarios para que o traballador poida alcanzar polo menos o rendemento normal ou mínimo.

  2. A fixación de calidade admisible ó longo do proceso de producción de que se trate.

  3. A esixencia de vixilancia, atención e dilixencia no coidado de maquinaria, instalacións e utensilios encomendados ó traballador.

  4. A distribución do persoal de acordo co previsto no...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR