Decreto 42/2006, do 23 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 145/2005, do 2 de xuño, polo que se crea a Escola Superior de Arte Dramática na cidade de Vigo, que pasa a denominarse Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

O desenvolvemento das ensinanzas artísticas en Galicia, orientado tanto a garantir a formación de futuros profesionais como á formación permanente dos profesionais da escena e doutros eidos da creación escénica e do audiovisual, levou á creación polo Decreto 145/2005, do 2 de xuño, da Escola Superior de Arte Dramática na cidade de Vigo.

Esta escola está chamada a desenvolver un rol trascendental no referente ás ensinanzas artísticas no ámbito da nosa comunidade autónoma, e polo tanto require que a súa denominación sexa reflexo desta realidade.

Como consecuencia, é necesario establecer unha nova denominación que responda ao seu carácter representativo na formación artística en Galicia.

Por todo o que antecede, en virtude das atribucións que me confire a Lei 11/1998, do 20 de outubro, de reforma da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e tres de febreiro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único Modificación do Decreto 145/2005, do 2 de xuño, polo que se crea a Escola Superior de Arte Dramática na cidade de Vigo.

O...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR