Decreto 46/2006, do 23 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

Para o axeitado desenvolvemento das competencias que no ámbito sanitario lle corresponden á Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia (en diante, Losga) no seu título IV, establece que no Servizo Galego de Saúde se integran todos os centros, servizos e establecementos sanitarios de titularidade da Administración autonómica galega, e atribúelle á Consellería de Sanidade o exercicio das facultades de dirección, vixilancia e tutela sobre o Sergas e, en particular, o exercicio das potestades regulamentarias da Losga e das restantes disposicións que sexan de aplicación.

O Sergas exercerá o goberno, a dirección e a xestión dos centros, servizos e establecementos sanitarios propios ou adscritos, garantindo a provisión dos servizos e prestacións de asistencia sanitaria de cobertura pública; coordinará a xestión dos recursos humanos, materiais e financeiros que teña asignados, e exercerá aquelas funcións que lle delegue ou encomende a Consellería de Sanidade.

Ao Servizo Galego de Saúde correspóndelle a coordinación da Rede Galega de Atención Sanitaria para a optimización de todos os dispositivos asistenciais integrados nela. Neste senso distribuirá con equidade os recursos económicos afectos ao financiamento dos servizos e prestacións de asistencia sanitaria de cobertura pública, mediante a dobre función de compra e provisión de servizos sanitarios, que se exercerán de forma separada.

A modernización e humanización do sistema sanitario público require incorporar modelos de xestión que o dinamicen. Deste modo, o Servizo Galego de Saúde e as súas áreas sanitarias deberán estar orientadas a garantir os dereitos dos cidadáns e a continuidade asistencial mediante unha organización

centrada no paciente como base para asegurar a calidade da asistencia, que supere a tradicional separación entre a atención primaria e a atención especializada e que abranga a atención sociosanitaria, integrando todas as modalidades asistenciais de atención ao usuario.

Neste senso, introdúcense na estrutura do Servizo Galego de Saúde fórmulas organizativas cunha visión lonxitudinal e integradora dos procesos asistenciais baseada na continuidade da atención sanitaria, co fin de acadar a coordinación, colaboración e cooperación de todos os provedores públicos, tendo como centro de atención o paciente, ao cal se lle deben garantir unha calidade obxectiva e uns tempos de atención axeitados.

Polo tanto, en virtude do disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 22 de outubro, por proposta da conselleira de Sanidade, cos informes previos das consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e tres de febreiro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Capítulo I

Servizos centrais

Artigo 1º Do Servizo Galego de Saúde.

Para o axeitado desenvolvemento das competencias que no ámbito sanitario lle corresponden á Comunidade Autónoma de Galicia, configúrase o Servizo Galego de Saúde como un organismo autónomo de natureza administrativa, dotado de personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins.

O Servizo Galego de Saúde está adscrito á Consellería de Sanidade e rexerase polo establecido na Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia.

O Servizo Galego de Saúde, para o exercicio das súas competencias e o cumprimento dos seus fins, contará coa seguinte estrutura:

  1. Órganos centrais de dirección:

    1. Órganos colexiados:

      Consello de Dirección.

    2. Órganos unipersoais:

      1. Presidente.

      2. Secretario xeral do Servizo Galego de Saúde.

      3. Director xeral da División de Asistencia Sanitaria.

      4. Director xeral da División de Recursos Económicos.

      5. Director xeral da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional.

  2. Órganos periféricos de dirección:

    Os directores das áreas sanitarias, sen prexuízo dos recollidos no artigo 37.2º b) da Losga.

  3. Órganos de coordinación do Sergas.

    1. O Comité Executivo do Sergas.

Artigo 2º O Consello de Dirección.
  1. O Consello de Dirección do Sergas estará integrado polos seguintes membros:

    1. A conselleira ou conselleiro de Sanidade, que será o seu presidente.

    2. O secretario xeral do Sergas, que será o seu vicepresidente e coordinador.

    3. O secretario xeral da Consellería de Sanidade.

    4. Os directores de división do Sergas e os directores xerais da Consellería de Sanidade.

    5. Os directores provinciais do Sergas e os xerentes das áreas sanitarias, se é o caso.

    6. Os delegados provinciais da Consellería de Sanidade.

  2. Actuará como secretario do Consello de Dirección, con voz pero sen voto, un funcionario do Servizo Galego de Saúde nomeado polo conselleiro ou conselleira de Sanidade.

  3. O Consello de Dirección funcionará sempre en pleno e reunirase, como regra xeral, unha vez ao mes e sempre que sexa convocado pola súa presidencia.

  4. Poderán asistir ás sesións do consello, con voz pero sen voto, os asesores técnicos ou as persoas representantes de organismos e outras entidades, cando a presidencia o considere oportuno.

  5. Serán funcións do Consello de Dirección:

    1. Definir os posicionamentos, orientacións e liñas de actuación de carácter estratéxico do Servizo Galego de Saúde, de acordo cos criterios emanados da Consellería de Sanidade.

    2. Definir as políticas de financiamento e orzamentos do Servizo Galego de Saúde de acordo cos criterios emanados da Consellería de Sanidade.

    3. Emitir informe sobre o anteproxecto do orzamento do Servizo Galego de Saúde e elevalo á Consellería de Sanidade.

    4. Definir as políticas de recursos humanos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

    5. Definir os proxectos de carácter estratéxico da consellería e do Servizo Galego de Saúde.

    6. Definir o cadro de mando da alta dirección da consellería e do Servizo Galego de Saúde.

    7. Elaborar todos aqueles informes, de materia da súa competencia, que lle sexan solicitados pola Consellería de Sanidade.

    8. Cantas outras deriven da normativa vixente.

Artigo 3º A Presidencia do Servizo Galego de Saúde.

A conselleira de Sanidade, como superior autoridade, é a máxima responsable da consellería, e ademais presidenta do Servizo Galego de Saúde, e como tal correspóndenlle as seguintes funcións:

  1. Ter a representación legal do organismo.

  2. Asinar os convenios en nome do organismo e actuar como órgano de contración.

  3. Aprobar os plans de obras, instalacións e equipamentos centralizados do Sergas.

  4. Exercer a xefatura superior do persoal adscrito ao organismo.

  5. Dispor os gastos e propor a ordenación dos pagamentos do organismo.

Artigo 4º A Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde.
  1. A Secretaría Xeral do Sergas é o órgano encargado da dirección e coordinación das direccións xerais de Divisións do Sergas e o responsable dos servizos de asistencia sanitaria e ten, baixo a dependencia da conselleira de Sanidade, a dirección e o control do Servizo Galego de Saúde, e como tal correspóndenlle as seguintes funcións:

    1. A dirección e coordinación de todas as actividades do organismo relacionadas coas funcións encomendadas a este polas disposicións legais que o rexen, sen prexuízo das facultades e competencias do Consello de Dirección e da Consellería de Sanidade.

    2. Elevar ao Consello de Dirección o anteproxecto de orzamento do organismo.

    3. Velar pola execución dos acordos do Consello de Dirección.

    4. A xestión do patrimonio do organismo.

    5. Presentarlle ao Consello de Dirección a memoria anual de actividades do organismo.

    6. Resolver os conflitos de atribucións que xurdan entre as autoridades dependentes do organismo.

  2. O secretario xeral do Sergas poderá delegar nos directores xerais, nos directores de área e noutros órganos centrais ou periféricos do organismo funcións relacionadas cos correspondentes ámbitos de actuación.

  3. En caso de ausencia, enfermidade ou vacante, o secretario xeral do Sergas será substituído polos directores xerais segundo a orde de prelación que aparece no artigo 1º.II.

  4. Igualmente, correspóndelle dirixir e coordinar o asesoramento xurídico do Sergas, sen prexuízo das funcións propias da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

  5. Adscríbense á Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde a Comisión Galega de Bioética e a Oficina de Coordinación de Transplantes, coas funcións previstas na Orde do 8 de xuño de 1992, pola que se creou.

Artigo 5º A Secretaría Xeral, para o...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR