Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A Constitución española define un marco competencial en que se atribúe á normativa estatal o deseño básico da Administración local, correspondéndolle ás comunidades autónomas, sen prexuízo da normativa de desenvolvemento que se poida aprobar desde o ámbito estatal, a regulación dos diferentes sectores da acción publica, de xeito que se garanta o dereito dos entes locais a intervir nos asuntos que afecten directamente ao seu círculo de intereses asegurando, en todo momento, a efectividade da autonomía local constitucionalmente salvagardada.

Neste marco, a Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, e a propia Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, configuraban como funcións publicas necesarias en todas as corporacións locais as reservadas a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal. Na mesma liña, a Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o estatuto básico do empregado público, toma como punto de partida garantir a dita prestación, e aínda que derroga os artigos que ao respecto se dedicaban a este persoal nos dous textos mencionados, permite transitoriamente a aplicación da normativa reguladora daquel mentres que non sexa aprobada pola comunidade autónoma a normativa de desenvolvemento prevista na disposición adicional 2ª do EBEP.

Cabe lembrar que a normativa específica que atinxe estes/as funcionarios/as se concentraba, ademais de na xa citada, no Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, polo que se aproba o réxime xurídico deste persoal; no Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, relativo á provisión de postos reservados, coas modificacións operadas polo Real decreto 834/2003, do 27 de xuño, e posteriormente polo Real decreto 522/2005, do 13 de maio, así como, no que se refire á Administración autonómica galega, nos artigos 238 e seguintes da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia, e no artigo 15 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de maio, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia.

Concretamente, o artigo 241 da Lei 5/1997 atribúe de xeito expreso á Comunidade Autónoma de Galicia as competencias de execución, dentro do marco da lexislación básica do Estado, sobre clasificación de postos, nomeamentos provisionais, comisión de servizos, acumulacións e permutas, dentro do seu ámbito territorial. Conforme a normativa estatal indicada veñen exercéndose, ademais, as competencias seguintes:

-Constitución e disolución de agrupacións de entidades locais para o sostemento en común de certos postos.

-Declaración de exencións no exercicio das funcións reservadas.

-Autorizacións para o desempeño excepcional de tesourarías.

-Determinación e valoración dos méritos autonómicos.

-Publicación das bases dos postos que se van cubrir no concurso ordinario anual, e remisión ao ministerio.

-Participación no tribunal de valoración do concurso unitario anual.

-Publicación dos postos que se van prover por libre designación e remisión ao ministerio para a súa publicación.

-Seguimento do nomeamento de funcionariado interino para estes postos.

A disposición adicional segunda da Lei 7/2007, do 12 de abril, amplía significativamente o alcance do ámbito competencial que exercerán as comunidades autónomas na xestión deste persoal:

-Aprobación da oferta de emprego público de prazas desta escala de funcionarios.

-Convocatoria das probas e selección dos novos funcionarios con habilitación estatal para a cobertura de postos.

-Integración do rexistro autonómico de datos de postos e funcionarios co rexistro estatal.

-Regulación das bases comúns do concurso ordinario e porcentaxe de puntuación para cada un dos méritos. Publicación da convocatoria e remisión ao ministerio competente.

-Regulación e aplicación do réxime disciplinario destes funcionarios.

Os cambios lexislativos que se teñen producido nesta materia, unido á crecente transcendencia dos cometidos que desempeñarán estes/as funcionarios/as nunhas entidades locais con estruturas cada vez máis complexas e cun maior número de servizos, fan aconsellable desenvolver normativamente, desde a esfera autonómica, todas estas competencias.

Así mesmo, a experiencia acumulada amosa a conveniencia de concretar diversos aspectos referentes ás competencias transferidas, facilitando que en todas as entidades locais sexan exercidas as funcións públicas necesarias reservadas aos citados funcionarios, contribuíndo con iso a unha mellora dos servizos prestados por elas.

Xa que logo, as liñas fundamentais deste decreto e os obxectivos que con el se pretenden acadar serían os seguintes:

  1. Determinar os criterios que deberá seguir a comunidade autónoma á hora de establecer a clasificación dos novos postos reservados ou reclasificación dos existentes e, polo tanto, a creación e supresión conforme o correspondente acordo plenario municipal, sen prexuízo do que se poderá establecer mediante normativa básica estatal.

  2. Establecer con detalle as circunstancias e o procedemento en que pode ter lugar a figura da agrupación para o sostemento destes postos así como a declaración da exención de reserva, e o suposto de desempeño excepcional da tesouraría.

  3. No tocante á provisión dos postos: convocatoria e desenvolvemento do concurso ordinario, introdución de criterios de obxectividade de cara á determinación polos concellos dos méritos específicos, redefinición e avaliación dos méritos autonómicos, exercicio das funcións que corresponden en relación ao concurso unitario, así como nos supostos de provisión por libre designación e procedemento a seguir.

  4. Regúlanse, máis polo miúdo, as formas de provisión non definitiva, establecéndose as prevalencias entre elas e aclarando aspectos confusos que se veñen dando na práctica.

  5. Prevense as directrices relativas á selección destes funcionarios e promoción deles, contando na súa execución coa Escola Galega de Administración Pública.

  6. Créase oficialmente o Rexistro autonómico de postos reservados a funcionarios de habilitación de carácter estatal onde, así mesmo, constan os datos do persoal funcionario que veñen desempeñando aqueles, de conformidade co artigo 99.4º da Lei 7/1985 e o Estatuto básico do empregado público.

  7. Remisión do réxime disciplinario deste persoal mentres exerza funcións nas entidades galegas, e no marco da competencia autonómica, ao disposto por norma con rango de lei.

Por último, establécense unha serie de disposicións adicionais de cara a acadar a integración dos habilitados estatais do subgrupo A2 no subgrupo A1, recoñecendo o papel das asociacións representativas destes funcionarios, establecendo uns mínimos nos complementos retributivos, e determinando unha nova valoración do baremo do concurso unitario consonte a nova relación e distribución daqueles. Regúlase a permuta e prevense varias disposicións transitorias que permitan a adaptación da situación actual ás modificacións que deriven da aplicación deste decreto.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, logo de informe da Comisión Galega de Cooperación Local, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e seis de febreiro de dous mil nove,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Obxecto e ámbito de aplicación.

Este decreto ten por obxecto regular o exercicio das competencias que a Comunidade Autónoma de Galicia ten atribuídas en relación cos/coas funcionarios/as con habilitación...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR