Resolución do 1 de febreiro de 2006, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comisión mixta do convenio colectivo de ámbito autonómico de Galicia para o sector de aparcamentos e garaxes de vehículos.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE TRABALLO
Rango de LeyResolución

Visto o acordo relativo á actualización das táboas salariais revisadas para o ano 2005 do III convenio colectivo de ámbito autonómico de Galicia para o sector de aparcamentos e garaxes de vehículos, que susbscribiu a comisión mixta do referido convenio na xuntanza que tivo lugar o 24 de xaneiro de 2006, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, a Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición do devandito acordo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2006.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais

Acta da reunión da comisión mixta do III convenio colectivo de ámbito autonómico de Galicia

para o sector de aparcamentos, zona azul

e garaxes de vehículos

En Santiago de Compostela, ás 14.00 horas do día 24 de xaneiro de 2006, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, rúa Algalia de Abaixo 24, desta cidade, reúnense as persoas que a continuación se relacionan, convocadas previamente na representación que teñen:

Por Asesga:

Piar Jiménez Espejo.

Lourdes López de Aguilar.

Amparo Revolta de Rojas.

Francisco Taboada García.

Por CC.OO.:

Pedro Beade Roel.

Por CIG:

Xesús María Pastoriza Santamarina.

Xesús Vicente Camino Fernández.

Por CGT:

José Francisco Fernández Padín.

Os reunidos, examinando as táboas salariais e comprobando que non existen erros aritméticos e que se acomodan ao determinado no convenio colectivo, redactan a seguinte acta de acordo:

Primeiro.-Examinados os oito anexos que compoñen as táboas salariais revisadas para o ano 2005, que incrementan as táboas definitivas do ano 2004 co 4,2% (IPC real máis 0,5 puntos), as partes atópanse conformes e proceden ao asinamento en todas as súas páxinas en catro exemplares orixinais, con

servando un exemplar orixinal cada unha das asinantes para si mesma.

Segundo.-A comisión mixta acorda neste acto comandar o asesor Xesús María Pastoriza Santamarina para que dea traslado aos organismos pertinentes dos acordos e das citadas táboas para o seu correspondente rexistro, inscrición e publicación, así como para representar a devandita comisión perante os organismos públicos en canto cumpra e sen limitación para os fins previstos nesta acta.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, ás 14.30 horas no lugar e data do encabezamento.

ANEXO I

Táboas salariais para o ano 2005 para a actividade de aparcamentos da Comunidade Autónoma

de Galicia (definitivas)

Grupo profesional

CategoríaSalario base

mensualComplemento

convenio mensualPagas extraord.

(sal. base+compl. convenio)*Complemento

transporte mensualTotal anualValor horas

extraordinarias

-Superior e técnicos

Técnico superior e licenciado713,41113,95827,3660,0013.081,328,43

Técnico medio683,28108,96792,2560,0012.554,608,08

Diplomado683,28108,96792,2560,0012.554,608,08

-Administrativo e informático

Xefe de servizos652,46104,25756,7360,0012.021,767,68

Xefe de sección635,09101,40736,5060,0011.718,387,50

Oficial 1ª administrativo604,21 96,53700,7360,0011.181,967,12

Oficial 2ª administrativo582,85 93,08675,9460,0010.809,976,88

Auxiliar administrativo568,93 91,44660,3760,0010.576,626,77

Aspirante administrativo535,96 85,59621,5560,00 9.994,246,35

Telefonista566,26 90,40656,6560,0010.520,816,71

Ordenanza563,82 90,11653,9360,0010.479,876,67

Analista proceso de datos635,09101,40736,5060,0011.718,387,50

Programador/a604,21 96,53700,7360,0011.181,967,12

Operador/a568,93 91,44660,3760,0010.576,626,77

-Explotación

Encargado/a635,09101,40736,5060,0011.718,387,50

Axente aparcamento599,25 95,76695,0060,0011.096,007,08

Vendedor/a de billetes593,49 94,84688,3260,0010.995,817,03

Auxiliar aparcamento557,32 89,03646,3660,0010.366,236,59

Limpador/a535,96 85,59621,5560,00 9.994,246,35

Oficial mantemento599,25 95,76695,0060,0011.096,007,08

Axudante mantemento557,32 89,03646,3660,0010.366,236,59

(**) Aparcador xefe de quenda 614,45 98,11712,5860,0011.359,527,27

(Cantidades expresadas en euros)

(*) A cada unha das tres pagas extraordinarias súmase o complemento persoal de antigüidade.

(**) Categoría a extinguir.

ANEXO II

Táboas salariais para o ano 2005 para a actividade de aparcamentos para as cidades

da Coruña, Vigo e Santiago de Compostela (definitivas)

Grupo profesional

CategoríaSalario base

mensualComplemento

convenio mensualPagas extraord.

(sal. base+compl. convenio)*Complemento

transporte mensualTotal anualValor...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR