Resolución do 6 de febreiro de 2007 pola cal se anuncia e regula o IV Curso selectivo de ingreso na Función Pública galega do persoal en prácticas do grupo A.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rango de LeyResolución

Concluída a fase de oposición das probas selectivas para o ingreso na Función Pública galega do persoal do grupo A, convocadas por orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia do día 1 de decembro de 2005 (DOG nº 239, do 15 de decembro do citado ano), e publicada a relación regulamentaria de aspirantes aprobados conforme a resolución ditada polo correspondente tribunal cualificador, procede subseguintemente convocar o preceptivo curso selectivo segundo se prevé na devandita disposición.

O mencionado curso será organizado pola Escola Galega de Administración Pública, en cumprimento do establecido na base III da antedita orde.

En consecuencia, esta escola resolve:

Primeiro.-Que se convoquen os aspirantes que, segundo a resolución de 28 de novembro de 2006, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o acceso ao corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), superaron a fase de oposición do devandito proceso selectivo (artigo 16.1.3 do Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma galega).

O curso comezará na sede da Escola Galega de Administración Pública o vindeiro 26 de febreiro de 2007, ás 16.30 horas.

Segundo.-Durante o desenvolvemento deste curso selectivo, os aspirantes terán a condición de funcionarios en prácticas, séndolles de aplicación o Regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, as disposicións sobre retribucións que lles correspondan a estes funcionarios e as normas da presente resolución.

  1. Normas.

    O curso selectivo comporase de dúas fases:

    1. Módulos temáticos.

      Á hora de impartir as materias contidas en cada módulo, conferiráselles un carácter fundamentalmente práctico e as clases servirán, ao mesmo tempo, para afondar nos coñecementos adquiridos polos aspirantes na fase preparatoria da correspondente oposición.

    2. Aplicación de coñecementos.

      Conforme se establece nas normas dedicadas aos réximes disciplinario e académico desta disposición, declárase obrigatoria a concorrencia ás clases e ás

      restantes actividades que integran o curso selectivo, así como a execución dos traballos e as tarefas que se lles encarguen aos participantes.

      Os aspirantes que non superen o curso selectivo poderán incorporarse ao inmediatamente posterior, coa puntuación asignada ao último dos participantes nel. De non superalo, perderán todos os seus dereitos para seren nomeados funcionarios de carreira.

  2. Módulos temáticos.

    2.1. Os módulos temáticos sobre os cales versarán as correspondentes clases serán estes:

    Grupo A:

    1. Parte común:

    Módulo 1: Introdución ás administracións e á xestión pública

    Programa:

  3. As administracións públicas contemporáneas e a xestión pública.

  4. A xestión de recursos humanos nas organizacións públicas. Motivación.

  5. Habilidades directivas nas organizacións públicas (I): conflito e habilidades sociais.

  6. Habilidades directivas nas organizacións públicas (II): comunicación, reunións.

  7. A mellora continua nas organizacións públicas: o caso da Xunta de Galicia.

    Este módulo terá unha duración de 20 horas lectivas.

    Módulo 2: Dirección e xestión de recursos humanos.

    Programa:

  8. Dereitos e deberes do persoal público.

  9. A responsabilidade dos funcionarios públicos.

  10. A carreira administrativa. O grao persoal.

  11. Réxime disciplinario.

  12. As incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.

  13. As relacións de postos de traballo.

  14. A oferta de emprego público.

  15. Os procesos selectivos.

  16. Provisión de postos de traballo e situacións administrativas.

  17. As relacións laborais na Administración.

  18. Seguridade e hixiene no traballo.

    Este módulo terá unha duración de 20 horas lectivas.

    Módulo 3: contratación administrativa.

    Programa:

  19. O Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, e o dereito comunitario da contratación pública. Ámbito de aplicación da lei. A contratación dos entes instrumentais: sociedades mercantís e demais entidades do sector público.

  20. Requisitos dos contratos. Capacidade e solvencia das empresas. As garantías nos contratos administrativos.

  21. Actuacións relativas á contratación: pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas. Perfección e formalización dos contratos.

  22. Actuacións preparatorias. Tramitación do expediente de contratación e adxudicación dos contratos. A mesa de contratación.

  23. Execución e modificación dos contratos. A revisión de prezos. Extinción dos contratos. O contrato de obras (I). Referencia á concesión de obras públicas.

  24. O contrato de obras (II).

  25. O...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR