Resolución do 17 de febreiro de 2011 pola que se publica o orzamento desta universidade para o exercicio 2011.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorUNIVERSIDADE DE VIGO
Rango de LeyResolución

Aprobado o orzamento económico de 2011 polo Consello de Goberno, con data do 21 de decembro de 2010, e polo Consello Social o día 29 de decembro de 2010, esta reitoría resolveu publicar o orzamento da Universidade de Vigo para o exercicio económico de 2011, que figura no anexo desta resolución.

Vigo, 17 de febreiro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia

Reitor de Universidade de Vigo

Ver referencia pdf "04600D018P044.PDF"

  1. Normas de desenvolvemento do orzamento 2011.

As normas de desenvolvemento que se xuntan ao orzamento teñen como obxectivo acadar a correcta xestión do orzamento, do patrimonio e da actividade económico-financeira da Universidade de Vigo. O seu contido refírese á autorización, vinculación e modificación dos créditos, xestión dos gastos de persoal e outros gastos, subvencións, contratación administrativa, xestión do patrimonio e memoria anual.

A súa elaboración realízase ao abeiro do establecido na Lei orgánica 6/2001, do 21 decembro, de universidades e nos estatutos da Universidade de Vigo, das normas que rexen a actividade económico-financeira do sector público de Galicia e estatal e da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

Título I

Da aprobación do orzamento e das súas modificacións

Capítulo I

Créditos iniciais e financiamento

Artigo 1º Aprobación dos estados de gastos e ingresos da Universidade de Vigo.
  1. Apróbase o orzamento da Universidade de Vigo para o exercicio de 2011 integrado polos estados de gastos e ingresos.

  2. Para a execución das actividades da Universidade reflectidas nos programas do seu estado de gastos, apróbanse créditos por un importe de 167.903.853 euros.

  3. No estado de ingresos recóllense as estimacións dos dereitos económicos que se prevé liquidar durante o exercicio orzamentario e que por normativa orzamentaria suman o mesmo importe que as dotacións de crédito para gastar.

Artigo 2º Clasificación dos créditos.
  1. O estado de gastos confeccionarase aplicando unha clasificación funcional por programas que informa do obxectivo que se pretende acadar, unha orgánica que informa sobre o centro ou unidade da universidade que realiza o gasto e unha económica que informa da súa natureza.

Ver referencia pdf "04600D018P044.PDF"

Capítulo II

Modificación e execución de créditos orzamentarios.

Artigo 3º Especialidade dos créditos.

Os créditos para gastos destinaranse exclusivamente á finalidade específica para a cal se autorizaron ao aprobar o orzamento ou as correspondentes modificacións orzamentarias, respectando os principios de especialidade temporal, cualitativa e cuantitativa.

Artigo 4º Vinculación dos créditos.
  1. Os créditos autorizados teñen carácter vinculante e limitado a nivel de artigo agás:

    1. No capítulo I, os créditos destinados a incentivos ao rendemento (150, 151), que terán carácter vinculante a nivel de concepto.

    2. No capítulo II, serán vinculantes os seguintes subconceptos:

      226.01. Atencións protocolarias.

      226.02. Publicidade e propaganda.

      229.03. Delegación de alumnado.

      230.06. Desprazamentos docentes.

      230.07. Axudas para mobilidade MEC, Xunta, que recollerá axudas para mobilidade de estudantes e profesores financiadas con achegas do Ministerio de Educación e Ciencia e da Xunta de Galicia.

      233.03. Xunta de persoal docente e investigador.

      233.04. Xunta de persoal de administración e servizos.

      233.05. Comités de empresa de persoal de administración e servizos.

      233.06. Comités de empresa de persoal docente e investigador.

    3. No capítulo VI, os créditos destinados a equipamento de laboratorios docentes (626), e os clasificados no artigo 64º, que terán a vinculación co nivel de desagregación que se indique no documento orzamentario.

  2. No entanto, terán carácter vinculante, co nivel de desglose que apareza no estado de gastos, os créditos que teñan financiamento específico.

  3. Non se poden adquirir compromisos de gastos por unha contía superior aos importes dos créditos autorizados no estado de gastos, e serán nulos de pleno dereito os actos administrativos e as disposicións xerais que infrinxan estas normas, sen prexuízo das responsabilidades que correspondan.

Artigo 5º Distribución dos créditos.

O orzamento poderá executarse mediante subprogramas. Poderán crearse novos subprogramas unha vez aprobado o orzamento, os cales poderán ser dotados mediante redistribución de crédito ou transferencia de crédito dentro do mesmo programa de gasto.

Artigo 6º Fondo de continxencia.
  1. Co fin de facer fronte durante o exercicio orzamentario a necesidades inaprazables para as que non se fixera en todo ou en parte unha axeitada dotación de crédito, inclúese no orzamento da universidade a aplicación orzamentaria 0000 421S 500 Fondo de continxencia. Este fondo poderá ser destinado a financiar créditos ampliables ou transferencias de crédito.

  2. Este fondo, ademais da consignación inicial contida no orzamento, poderá ser dotado con xeracións de crédito por unha maior recadación de ingresos non finalistas, por retencións noutros créditos ou con remanente non afectado de tesouraría. Neste último caso precisará autorización previa do Consello de Goberno.

  3. A dotación ou a utilización do fondo, con independencia do indicado nos seguintes artigos, será autorizado pola Xerencia tras a instrución do oportuno expediente. Para a dotación e utilización do fondo deberá xustificarse respectivamente as súas fontes de financiamento e as necesidades orzamentarias que se prevé atender. A Xerencia dará conta periodicamente ao Consello de Goberno e ao Consello Social.

Artigo 7º Principios xerais nas modificacións de créditos.
  1. Son modificacións de crédito as variacións que poden autorizarse nos créditos que financian o estado de gastos para adecualos ás necesidades que se produzan durante a execución do orzamento.

  2. Todo acordo de modificación orzamentaria requirirá a instrución do oportuno expediente polo administrador de centro/ámbito/campus, director, xefe do servizo ou vicexerente, o cal conterá unha memoria xustificativa cos motivos que fundamentan a proposta, indicando tanto os referentes á realización do novo gasto proposto como, de ser o caso, a suspensión da actuación inicialmente prevista e a repercusión sobre os obxectivos do programa afectado, e na cal como mínimo se expresarán os programas e conceptos afectados co maior nivel de detalle, así como o seu financiamento no caso de que a modificación implique aumento neto do gasto.

Artigo 8º Xeracións de crédito.
  1. Os ingresos que acheguen persoas naturais ou xurídicas, públicas ou privadas, e que pola súa natureza estean comprendidos nos fins ou obxectivos da universidade, poderán xerar crédito no estado de gastos. Tamén poderán xerar crédito:

    1. O alleamento de bens patrimoniais da universidade.

    2. A prestación de servizos.

    3. O reembolso de empréstitos.

    4. O crédito do exterior para investimentos.

    5. O mecenado.

  2. De existir partida dotada no orzamento inicial, os anteditos ingresos darán lugar á tramitación dun expediente de ampliación de créditos, sempre que se superen as previsións orzamentarias ou se xustifique a súa non inclusión nelas.

  3. No expediente de xeración de crédito terá que constar a xustificación acreditativa de ingresos efectuados, así como a inexistencia de aplicación orzamentaria específica, se fose o caso. A Xerencia é o órgano competente para a aprobación destas modificacións e no caso de convenios ou resolucións de entidades públicas pode autorizar a xeración de crédito dando credencial do compromiso do ingreso mediante copia do convenio asinado ou da resolución. A Xerencia dará conta periodicamente destas modificacións ao Consello de Goberno e ao Consello Social.

Artigo 9º Créditos ampliables.
  1. Terán excepcionalmente a consideración de ampliables os créditos seguintes:

    -Os destinados ao pagamento das cotizacións á Seguridade Social.

    -Os destinados ao pagamento de xuros, amortización de préstamos ou de operacións de crédito concertadas pola universidade.

    -Os destinados á cobertura de necesidades de toda orde motivadas por sinistros, catástrofes ou outros de recoñecida urxencia.

    -Os destinados a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR