Decreto 19/2009, do 5 de febreiro, polo que se aproba a constitución do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A entrada en vigor da Lei 5/2007, de emerxencias de Galicia, supón o mandato do Parlamento de Galicia para que se acaden importantes obxectivos no ámbito da protección civil e a xestión de emerxencias, sendo un dos máis destacables a necesidade de acadar a maior homoxeneidade posible da prestación do servizo de extinción de incendios e salvamento en toda Galicia do xeito máis eficaz.

A citada lei recolle no seu artigo 26 d) a competencia das deputacións provinciais para garantir o servizo de extinción de incendios e salvamento naqueles concellos que non teñan servizos propios.

A necesidade de dar unha resposta eficaz deste servizo fai necesaria unha organización axeitada del en todo o territorio galego. Así, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Lugo consideran que a forma máis eficaz e eficiente de xestionar os distintos parques comarcais é a través dun único consorcio que centralice e coordine as actuacións dos distintos parques que formarán parte del, permitindo un aforro nos recursos que se utilicen na prestación dos servizos que se van executar. Polo tanto, considerouse a fórmula do consorcio como a organización idónea para facilitar a posta en marcha dos distintos parques comarcais contra incendios e de salvamento da provincia de Lugo, onde se integrarán os distintos parques que se constitúan e equipen ao abeiro dos estatutos que rexerán este consorcio.

Esta consideración vén recollida na disposición adicional terceira da Lei 5/2007, de emerxencias de Galicia, que impón á Xunta de Galicia a obriga de impulsar a creación dos consorcios provinciais para a prestación do servizo contra incendios e salvamento xunto coas deputacións provinciais, como o xeito máis apropiado para que se acaden os obxectivos previstos.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do trinta de abril de dous mil oito, acordou participar no Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, segundo o disposto no punto 3º do artigo 196 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

A elaboración e aprobación dos estatutos do consorcio fíxose segundo as normas de procedemento establecidas nos artigos 137 e seguintes da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Polo exposto, e en aplicación do artigo 196 da Lei 5/1997, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do cinco de febreiro de dous mil nove,

DISPOÑO:

Artigo único Aprobación dos estatutos do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento.

Apróbanse os estatutos do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, sendo o seu texto o que se recolle como anexo deste decreto.

Disposición derradeira

Entrada en vigor.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, cinco de febreiro de dous mil nove.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Estatutos do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento

A Lei 5/2007, de emerxencias de Galicia, establece na súa disposición adicional terceira a necesidade de homoxeneizar as prestacións do servizo de extinción de incendios e salvamento en todo o territorio de Galicia.

A inexistencia destes servizos profesionais na maior parte da provincia de Lugo fai especialmente urxente a actuación neste sentido nesa parte do territorio da comunidade.

Así, a mesma Lei de emerxencias obriga á creación dos consorcios provinciais para a prestación deste servizo, como fórmula máis axeitada para conseguir esta homoxeneidade na prestación deste servizo esencial.

Con este obxectivo, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do trinta de abril de dous mil oito, acordou a participación no Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento.

A comisión xestora establecida pola Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Lugo redactou este estatuto.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Entidades consorciadas.

Ao abeiro do establecido na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, artigos 196 e concordantes, así como na demais lexislación vixente, e para dar cumprimento ao disposto nas disposicións adicional terceira e transitoria terceira da Lei 5/2007, de emerxencias de Galicia, constitúese o Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento como unha entidade de dereito público, integrado pola Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Lugo.

Artigo 2º Constitución do consorcio.

Para a constitución do consorcio requírese o acordo previo correspondente e a aprobación definitiva dos seus estatutos por parte do Pleno da Deputación Provincial de Lugo, así como o acordo do Consello da Xunta de Galicia.

Os estatutos apróbanse mediante decreto da Xunta de Galicia que se publicará no Diario Oficial de Galicia xunto co seu texto íntegro.

Unha vez publicados os estatutos, convocaranse todos os representantes das entidades que o integran co fin de elixir os órganos reitores e iniciar o seu funcionamento.

Artigo 3º Carácter.

O consorcio constitúese voluntariamente e por un período de tempo indefinido. Ten carácter administrativo e personalidade xurídica propia e independente das entidades que o integran, así como capacidade xurídica para o cumprimento dos fins estatutarios. O consorcio contará con patrimonio propio e desenvolverá a súa actividade conforme un orzamento independente.

Artigo 4º Sede.
  1. O pleno do consorcio decidirá a localización da sede deste.

  2. Por acordo do pleno do consorcio poderá modificarse o domicilio fixado no punto anterior ou realizarse reunións en lugar distinto ao do seu domicilio.

Artigo 5º Denominación e obxecto.

A denominación deste consorcio será a de Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento.

Constitúe obxecto do consorcio a execución das competencias do servizo público de prevención, extinción de incendios e salvamento, que se lles atribúen na lexislación vixente aos entes consorciados, mediante o sistema de xestión directa con persoal laboral do propio consorcio, mediante a creación dunha rede de parques que garanta a prestación homoxénea do servizo.

Entre os fins do consorcio estará a colaboración cos servizos municipais de protección civil dos concellos para o salvamento de persoas e bens, a prevención e extinción de incendios, a prevención e actuación ante calquera tipo de sinistro ou situación de risco e o asesoramento e asistencia, formación e información en materia de seguranza, que afecten persoas, edificacións e instalacións, así como o fomento da autoprotección.

Artigo 6º Ámbito de actuación.

O ámbito de actuación deste consorcio será toda a provincia de Lugo, coas seguintes precisións:

  1. Con independencia do ámbito provincial do consorcio, este poderá establecer as áreas de actuación preferente de cada parque de bombeiros, atendendo basicamente aos tempos de resposta en función das comunicacións por estrada do parque.

  2. Excepcionalmente, a Axencia Galega de Emerxencias, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (en diante CAE112 Galicia), poderá solicitar, de acordo co protocolo que se estableza para o efecto, a actuación do consorcio fóra da provincia de Lugo, cando as circunstancias o requiran. Neste caso, o titular da presidencia ou persoa en quen delegue deberá autorizar esta actuación, agás en casos de risco inminente, valorado pola Axencia Galega de Emerxencias, nos cales non será imprescindible a dita autorización. Neste caso, estableceranse as compensacións económicas a que houber lugar.

  3. No caso de activación de plans de emerxencia da comunidade autónoma, tanto territoriais como especiais, o ámbito de actuación será o fixado mediante as directrices do director do plan activado.

  4. O consorcio asume o exercicio das competencias das entidades consorciadas cando a lexislación vixente obrigue a estas ao cumprimento dos fins expresados nestes estatutos.

  5. Quedan excluídos do ámbito de actuación deste consorcio aqueles concellos de máis de 20.000 habitantes en que se preste o servizo de extinción de incendios e salvamento con persoal propio e teñan parque de bombeiros de seu.

  6. Quedan excluídos do ámbito de actuación deste consorcio aqueles concellos de 20.000 ou menos habitantes en que se preste o servizo de extinción de incendios e salvamento con persoal propio mentres se manteña esta circunstancia.

Artigo 7º Réxime xurídico.
  1. Sen prexuízo do establecido nestes estatutos, entenderase tamén de aplicación, cando así...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR