Decreto 41/2010, do 25 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 294/2002, do 17 de outubro, polo que se constitúe e regula a composición e as funcións do Consorcio Audiovisual de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

No Diario Oficial de Galicia nº 208, do 28 de outubro de 2002, publicouse o Decreto 294/2002, do 17 de outubro, polo que se constitúe e regula a composición e as funcións do Consorcio Audiovisual de Galicia.

Este decreto foi pola súa vez modificado polo Decreto 38/2006, do 2 de marzo, (DOG nº 49, do 10 de marzo), coa finalidade de adecuar a composición do Consorcio á estrutura orgánica vixente nese momento.

Coa vixente estrutura orgánica da Xunta de Galicia, o Consello da Xunta de Galicia considera necesario modificar a súa representación no Consorcio Audiovisual de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e cinco de febreiro de dous mil dez,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Modifícase o artigo 1.2º do Decreto 294/2002, do 17 de outubro, que queda redactado nos seguintes termos:

  1. O Consorcio Audiovisual de Galicia estará constituído pola Xunta de Galicia, representada pola Consellería de Cultura e Turismo, a Secretaría Xeral de Medios, a Consellería de Facenda, a Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Traballo e Benestar, pola Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) e polas deputacións provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra; e goza de personalidade xurídica propia e capacidade suficiente para o cumprimento das súas finalidades.

A composición do Consello de Dirección, no que se refire á representación da Xunta de Galicia, será:

  1. O/a presidente/a, que será o/a conselleiro/a de Cultura e Turismo.

  2. O/a vicepresidente/a: o/a secretario/a xeral de Medios.

  3. Nove vogais en representación da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que se designarán da forma seguinte: dous/dúas pola Consellería de Cultura e Turismo, un/unha dos/das cales será o/a director/a da Axencia Galega de Industrias Culturais, dous/dúas pola Secretaría Xeral de Medios, un/unha dos/das cales será o/a director/a do Centro Galego de Artes da Imaxe, un/unha pola Consellería de Facenda, un/unha pola Consellería de Economía e Industria, dous/dúas pola Consellería de Educación, un/unha dos/das cales será o/a secretario/a xeral de Política Lingüística, e un/unha pola Consellería de Traballo e Benestar Social.

  4. Un/unha vogal en representación da Compañía de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR