Decreto 29/2009, do 5 de febreiro, polo que se regula o uso e acceso á historia clínica electrónica.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

Á Comunidade Autónoma de Galicia, en función da competencia recollida no artigo 33.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, correspóndelle o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación básica do Estado en materia de sanidade interior. Esta última está representada, no que aquí concirne, pola Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, que estableceu os principios dunha nova relación clínica baseada na autonomía da persoa; a Lei 41/2002, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e deberes en materia de información e documentación clínica, que completa as previsións que a Lei xeral de sanidade enunciou como principios xerais así como a Lei 16/2003, de cohesión e calidade que trata o relativo ao sistema de información sanitaria. Así mesmo, no relativo á confidencialidade dos datos, e á promoción de novas canles electrónicas de interacción coa cidadanía, é preciso ter en conta a Lei 15/1999, do 13 de decembro, que regula a protección de datos de carácter persoal e mais o seu regulamento, Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, así como a Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

No ámbito da Comunidade galega, o réxime xurídico da historia clínica dos pacientes está recollido na Lei 3/2001, do 28 de marzo, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes, modificada pola Lei 3/2005, do 7 de marzo.

Mediante este decreto dáse un paso decisivo para a regulación da historia clínica electrónica, xa que a implantación e uso das tecnoloxías da información, no acceso e elaboración da historia clínica, constitúe a base para o logro dunha maior calidade e seguridade na información sanitaria, superando con moito as formas tradicionais de documentación manual.

A historia clínica electrónica constitúese coma o soporte máis axeitado para a asistencia sanitaria, facilitando o manexo e accesibilidade da documentación clínica do/a paciente ou usuario/a, e por iso os profesionais que interveñen nela teñen o dereito de acceso e obriga de acceder e cubrir a historia clínica electrónica.

A historia clínica electrónica constitúe a alternativa de futuro á historia clínica manual pero non destrúe nin altera o seu concepto básico nin o seu valor documental. Expón cuestións específicas derivadas da funcionalidade do soporte e, ao mesmo tempo, constitúe unha oportunidade única para solucionar unha serie de problemas pendentes na historia clínica tradicional.

Este novo soporte de traballo fai necesario regulamentar algúns aspectos referidos ao manexo electrónico de información persoal por parte das institucións asistenciais públicas e privadas, xa que co uso da historia clínica electrónica non só se poden tratar máis datos persoais, senón que tamén pode facer posible que os devanditos datos sexan máis facilmente accesibles para un número maior de destinatarios, o que fai imprescindible establecer totais garantías de confidencialidade e integridade dos datos.

Neste contexto, a Consellería de Sanidade desenvolveu un sistema de historia clínica electrónica denominado IANUS. Este sistema integra nun único sistema de información, toda a documentación clínica xerada nos diferentes niveis de prestación ao longo de todo o proceso asistencial. IANUS configura un modelo de historia clínica única, que garante, de xeito seguro, a accesibilidade de toda a información clínica aos profesionais que desenvolven a súa actividade para o sistema sanitario público de Galicia, promovendo a compartición de información e a transferencia de coñecemento.

Para estes efectos, debe terse en conta o disposto no Decreto 70/2004, do 25 de marzo, que establece o código numérico persoal dos profesionais que interveñen nos procedementos de prestación e xestión de servizos do sistema sanitario público galego.

Os principios xerais que hai que ter en conta para a regulación nesta materia son, fundamentalmente, o principio da vinculación asistencial co paciente, o principio de proporcionalidade e o principio de autonomía.

O principio de vinculación asistencial é a chave que lexitima o acceso á historia clínica electrónica por parte dos profesionais sanitarios, así como por parte do persoal con funcións administrativas, de xestión ou de atención ao paciente.

O principio de proporcionalidade é aquel que marca en cada momento, e en relación con cada situación concreta, o alcance e medida que pode ter o acceso á historia clínica electrónica.

Para rematar, o principio da autonomía da vontade do paciente permítelle a este o acceso á súa historia clínica.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Sanidade, de conformidade co ditame do Consello Consultivo de Galicia, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día cinco de febreiro de dous mil nove,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Obxecto.

Este decreto ten por obxecto regular o acceso e uso da información contida na historia clínica electrónica, no ámbito do sistema público de saúde de Galicia e establecer este sistema como o soporte máis axeitado para o manexo da historia clínica nos centros sanitarios de Galicia.

Artigo 2º Normas aplicables.

Sen prexuízo das normas legais de aplicación na materia, o uso e acceso á historia clínica electrónica, no...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR