Decreto 29/2005, do 3 de febreiro, polo que se modifica o catálogo de xogos da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 166/1986, do 4 de xuño.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

A publicación da Lei 3/2002, do 29 de abril, de medidas de réxime fiscal e administrativo, estableceu un novo tipo de máquinas recreativas denominadas máquinas tipo A especial.

A Lei 7/2002, do 27 de decembro, de medidas fiscais e de réxime administrativo modificou o artigo 6 a) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia no sentido de eliminar o xogo de Póker-Keno-Ruleta da Fortuna e establecer a posibilidade de que nos casinos da comunidade autónoma se xoge ao póker en calquera das variantes que regulamentariamente se establezan.

O artigo 21 da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, require que os xogos e apostas regulados na lei, para seren practicados, estean previamente incluídos no catálogo. As máquinas A especial, creadas pola Lei 3/2002, do 29 de abril, de medidas de réxime fiscal e administrativo, e o póker, tal como se autoriza nesta lei, non figuran no vixente catálogo de xogos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para permitir a práctica de ambos os dous xogos faise necesario a modificación do articulado do catálogo nos seguintes puntos: artigo 1 no seu punto 3 e artigo 2.

Cómpre, en consecuencia, adaptar a normativa en vigor e colmar a lagoa coa inclusión dos novos xogos no catálogo.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, de acordo coa Comisión do Xogo de Galicia, e de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia, e tras a deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día tres de febreiro de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O número 3 do artigo 1 do catálogo de xogos da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 166/1986, do 4 de xuño, queda redactado do seguinte xeito:

As máquinas recreativas e de azar. Tipos A, A especial, B e C.

.

Artigo 2º

O artigo 2 do catálogo de xogos da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 166/1986, do 4 de xuño, queda redactado do seguinte xeito:

Quedan incluídos no catálogo os xogos a que se refire o artigo 6 a) da Lei reguladora, séndolles de aplicación directa as definicións contidas na orde do Ministerio do Interior do 9 de outubro de 1979, pola que se aproba o catálogo de xogos. Esta orde será de directa aplicación salvo no que fai referencia ao xogo do póker, para o que se publicará un regulamento nos termos previstos pola Lei reguladora dos xogos e apostas de Galicia.

.

Disposición...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR