Resolución do 23 de febreiro de 2009 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dezasete bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega e se anuncia a súa convocatoria.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLO DA CULTURA GALEGA
Rango de LeyResolución

O artigo 6 da Lei 8/1983, do 8 de xullo, na súa alínea b), establece que lle compete ao Consello da Cultura Galega investigar e valorar as necesidades culturais do pobo galego.

Dentro do plan de actividades do Consello da Cultura Galega para o ano 2009 figura a convocatoria pública de bolsas de colaboración para proxectos de investigación sobre diversos aspectos da cultura galega.

O seu outorgamento enmárcase dentro das funcións atribuídas ao Consello da Cultura Galega na Lei 8/1983, do 8 de xullo, que desenvolve o artigo 32 do Estatuto de autonomía.

Na súa virtude, apróbanse as seguintes bases:

Primeira.-Obxecto.

Esta resolución ten como obxecto aprobar as bases e proceder á convocatoria de dezasete bolsas de colaboración en proxectos de investigación concretos que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega e que se inclúen como anexos a esta resolución, na cal se detallan os requisitos específicos que deben reunir os solicitantes.

Segunda.-Contía das bolsas e dotación orzamentaria.

O Consello da Cultura Galega financiará estas bolsas con cargo á aplicación orzamentaria 03.01.111D.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009, por un importe de cento trinta e sete mil douscentos corenta e un euros (137.241 €). O importe das bolsas incluirá:

-Unha asignación mensual de oitocentos cincuenta euros (850 €), coa retención fiscal que corresponda, que será incompatible con calquera outra axuda ou actividade remunerada.

-Seguro de asistencia médica e seguro combinado de accidentes.

Terceira.-Duración.

A duración da bolsa será de 9 meses, comprendidos entre o 1 de abril e o 31 de decembro de 2009.

A data de incorporación ao Consello da Cultura Galega será dentro dos dez días seguintes ao da notificación da adxudicación.

Os bolseiros que non se incorporen no prazo establecido perderán os dereitos inherentes á bolsa concedida, agás causa xustificada de atraso apreciada polo presidente do Consello da Cultura Galega.

Cuarta.-Requisitos xerais.

As persoas solicitantes deberán cumprir, ademais dos requisitos específicos que para cada proxecto se sinalan nos anexos desta resolución, os seguintes requisitos:

  1. Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.

  2. Estar en posesión da titulación académica requirida no anexo correspondente sen que transcorresen máis de 5 anos desde a súa obtención.

  3. Acreditar coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.

  4. Non ter sido separada/o do servizo de ningunha Administración ou institución como consecuencia de expediente disciplinario.

  5. Non desempeñar actividade profesional remunerada por conta propia ou allea nin beneficiarse de bolsas ou axudas equiparables ás convocadas.

  6. Non ter gozado con anterioridade dunha bolsa do Consello da Cultura Galega durante un prazo superior a doce meses.

  7. Non incorrer nalgunha das causas de prohibicións para ser beneficiario a que se refire o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Quinta.-Solicitudes, documentación e prazo de presentación.

  8. As solicitudes, no modelo que se xunta como anexo, irán dirixidas ao presidente do Consello da Cultura Galega e entregaranse ou ben no rexistro do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar, praza do Obradoiro, 15705 Santiago de Compostela) ou ben en calquera dos centros previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

  9. A presentación de solicitude comportará a autorización do solicitante para que o órgano concedente obteña de forma directa a acreditación do cumprimento das súas obrigas tributarias coa Administración do Estado e coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, polo que queda liberado o solicitante de achegar a correspondente certificación.

  10. Cada solicitante presentará unha única solicitude e poderá solicitar un máximo de dúas modalidades de bolsa, indicando no impreso de solicitude, de ser o caso, a orde de preferencia. A presentación de máis dunha solicitude ou a elección de máis de dúas opcións invalidará todas as presentadas.

  11. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

  12. Documentación que se deberá presentar xunto coa solicitude:

    -Fotocopia compulsada do título universitario requirido no anexo correspondente.

    -Certificación académica oficial ou copia compulsada, na cal figure a nota media simple do expediente académico, obtida de acordo co baremo establecido na resolución da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de marzo de 2005, DOG do 23 de marzo. A nota media terá en conta a totalidade dos créditos ou materias superadas, nun procedemento único de cálculo que inclúa todas as materias de primeiro e segundo ciclo, así como os créditos asignados no plan de estudos.

    Os/as solicitantes que teñan cursado os seus estudos en universidades non pertencentes ao sistema universitario de Galicia e posúan certificación académica nun idioma distinto do galego ou do castelán, deberán xuntar a correspondente tradución xurada. A certificación indicará: cualificacións máxima e mínima do sistema de avaliación correspondente, cualificación mínima necesaria para aprobar, número de convocatorias esgotadas e cualificacións obtidas en cada unha das convocatorias.

    -Curriculum vitae, acompañado de cantos documentos poidan avalalo.

    -Título acreditativo do coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.

    -Fotocopia do DNI ou pasaporte.

    -Declaración xurada en que se compromete a renunciar, se for seleccionado, á percepción doutras remuneracións, bolsas ou axudas e tamén de que cumpre os requisitos exixidos polo artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    -Declaración do conxunto de todas as solicitudes, efectuadas ou concedidas, para un mesmo proxecto, ante as administracións públicas competentes...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR