Decreto 146/2003, do 6 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 108/1996, do 29 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento do organismo autónomo Augas de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Rango de LeyDecreto

A entrada en vigor do Decreto 310/2001, do 17 de decembro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, así como do Decreto 14/2002, do 27 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, determinan a efectiva adscrición do organismo autónomo Augas de Galicia á cita

da Consellería de Medio Ambiente. Este cambio de adscrición operado respecto deste organismo autónomo esixe a modificación puntual de determinados puntos do seu regulamento co fin de adaptalo á nova situación producida.

Así mesmo, a experiencia acumulada por Augas de Galicia na xestión competencial que lle é propia desde a súa entrada en funcionamento, xunto á posibilidade real de facelo efectivo na actualidade, aconsellan acometer por fin o desenvolvemento da Subdirección Xeral de Programación e Proxectos, prevista, como departamento, no artigo 21 da Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, procedéndose, deste modo, a unha reasignación interdepartamental de funcións no organismo autónomo.

Igualmente, e con base en idénticos criterios ós recollidos no parágrafo anterior, procede nestes momentos, no marco da normativa básica en materia de augas, reforza-la presencia e actividade, así como o carácter co que actúa, da gardería fluvial do organismo autónomo, co fin de garantir coa máxima eficacia a protección e salvagarda do dominio público hidráulico nas concas de Galicia-Costa, atribuídas á competencia de Augas de Galicia.

Por último, aprovéitase a modificación regulamentaria presente para axeita-las denominacións das unidades administrativas do organismo autónomo ás xerais utilizadas na Xunta de Galicia para, con isto, evitar confusións e adoptar un tratamento terminolóxico homoxéneo na Administración autonómica.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa xuntanza de seis de febreiro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo único O Decreto 108/1996, do 29 de febreiro, queda modificado do seguinte xeito:
  1. O punto 1 do artigo 5º queda redactado como segue:

    Artigo 5º

    1. O titular da Consellería de Medio Ambiente exercerá as atribucións derivadas da relación orgánica e funcional de adscrición da entidade á devandita consellería

    .

  2. O artigo 7º queda redactado como segue:

    Artigo 7º

    Son órganos de goberno de Augas de Galicia:

    a) O presidente do organismo.

    b) O director xeral.

    c) A xunta de goberno

    .

  3. O artigo 9º queda redactado como segue:

    Artigo 9º

    Son órganos de administración de Augas de Galicia os departamentos administrativos seguintes:

    a) A Secretaría Xeral.

    b) A Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico.

    c) A Subdirección Xeral de Programación e Proxectos.

    d) A Subdirección Xeral de Réxime Económico-Financeiro

    .

  4. O punto 1 do artigo 12º queda como segue:

    Artigo 12º

    1. Será presidente de Augas de Galicia quen así sexa nomeado polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, entre os titulares dos órganos superiores da estructura orgánica da dita consellería

    .

  5. O artigo 13º queda redactado como segue:

    Artigo 13º

    1. Son atribucións do presidente:

    a) Outorga-las autorizacións e concesións relativas ó uso e aproveitamento do dominio público hidraulico e tamén as referentes ó réxime de policía de augas e dos seus leitos e dos aproveitamentos hidráulicos de competencia da Xunta de Galicia.

    b) Aprobar definitivamente os proxectos de obras e instalacións e decidi-la prestación dos servicios polo organismo en forma directa ou mediante intervención da empresa pública de obras e servicios hidráulicos.

    c) Exerce-la dirección superior e a coordinación dos servicios do organismo.

    d) Elabora-lo anteproxecto de orzamentos do organismo.

    e) Autoriza-los gastos e ordena-los pagamentos dentro dos créditos aprobados.

    f) Aplica-lo réxime económico financeiro de utilización do dominicio público hidraulico, así como o resto das exaccións atribuídas a Augas de Galicia.

    g) Propoñer ó órgano competente o nomeamento dos titulares das unidades administrativas que se regulan nos artigos 39 a 42 deste regulamento.

    h) Presidi-la xunta de goberno e os órganos colexiados de xestión que se constitúan, e velar por que os seus acordos se axusten á legalidade vixente.

    i) Resolve-los recursos administrativos da súa competencia.

    j) Ter coñecemento de calquera asunto que non estea atribuído á competencia doutro órgano de Augas de Galicia.

    2. As funcións e atribucións citadas no parágrafo anterior, coa excepción da referida na letra h), podrán ser delegadas, parcialmente ou na sua totalidade, no director xeral ou nun ou en varios titulares das unidades administrativas ás que se refire o artigo 39 deste regulamento.

    3. O órgano de goberno referido no artigo 7.b) deste regulamento, con rango de director xeral, configúrase como un órgano de apoio ó presidente, e

    será nomeado polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente.

    O director xeral exercerá, ademais das funcións sinaladas anteriormente, tódas aquelas que lle sexan expresamente delegadas polo presidente do organismo

    .

  6. As letras b) e c) do punto 1 do artigo 15º quedan como segue:

    Artigo 15º

    1. Son funcións da xunta de goberno:

    b) Elevarlle ó Consello da Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, o plan hidrolóxico das concas internas e as súas ulteriores revisións.

    c) Eleva-lo anteproxecto dos orzamentos do organismo á Consellería de Medio Ambiente, para a súa integración no anteproxecto de orzamentos anuais

    .

  7. O punto 1 do artigo 17º queda como segue:

    Artigo 17º

    1. A representación da Administración da Xunta de Galicia na xunta de goberno integrarase polos seguintes membros:

    a) O presidente de Augas de Galicia.

    b) Tres vocais designados pola Consellería de Medio Ambiente.

    c) Un vocal por cada unha das consellerías seguintes: Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública; Economía e Facenda; Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; de Innovación, de Industria e Comercio; Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural; Sanidade; e Pesca e Asuntos Marítimos, designados polo conselleiro respectivo

    .

  8. O punto 1 do artigo 25º queda como segue:

    Artigo 25º

    1. A Sección Galicia-Costa actuará como Comisión de Planificación Hidrolóxica en relación co plan hidrolóxico das concas internas de Galicia e as súas ulteriores revisións. Co devandito carácter emitirá informe sobre os documentos de planificación hidrolóxica que se redacten e elevaraos ós órganos superiores ós que lles corresponda tramitalos e aprobalos. Para tal efecto, incorporaranse á devandita comisión, con voz e sen voto, o subdirector xeral de Programación e Proxectos e ata un máximo de tres técnicos do organismo designados polo seu presidente

    .

  9. O punto 2 do artigo 29º queda como segue:

    Artigo 29º

    2. Cada comisión responsabilizarase do réxime dun encoro ou sistema de encoros de explotación independente e sen conexión...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR