Decreto 332/2005, do 18 de agosto, polo que se modifica o Decreto 232/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O Decreto 232/2005, do 11 de agosto, establece a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

O artigo 10º, que desenvolve a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, determina que queda adscrito a esta consellería o ente público Instituto para o Control do Medio Mariño de Galicia. Non obstante a denominación dada ao devandito ente na súa Lei de creación 3/2004, do 7 de xuño, é Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia.

Na disposición adicional terceira créanse as delegacións provinciais do Benestar Social dependentes da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Co fin de adecuar a denominación das delegacións ao da Vicepresidencia de que dependen estas pasan a denominarse delegacións provinciais da Igualdade e do Benestar.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaoito de agosto de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Modifícase o artigo 10º, letra b) do Decreto 232/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, que quedará redactado nos seguintes termos:

Queda adscrito a esta consellería o ente público Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

.

Artigo 2º

Modifícase a disposición adicional terceira que quedará redactada nos seguintes termos:

Créanse as delegacións provinciais da Igualdade e do Benestar...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR