Decreto 232/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

Publicado o Decreto 211/2005, do 3 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, cómpre fixar a das distintas consellerías, que se estruturan nas secretarías xerais, direccións xerais ou órganos de igual categoría que sexan necesarios para o cumprimento das funcións que a nova estrutura comporta e adscribíndolles os organismos autónomos ou entes públicos pertinentes.

Na súa virtude e segundo o disposto no artigo 4.15º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada

pola Lei de Galicia 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día once de agosto de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º
  1. A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar estrutúrase nos seguintes órganos superiores:

    1. Secretaría Xeral.

    2. Secretaría Xeral de Relacións Institucionais.

    3. Secretaría Xeral da Igualdade.

    4. Secretaría Xeral do Benestar.

    4.1. Dirección Xeral de Acción Social.

    4.2. Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

  2. Queda adscrito á Vicepresidencia o organismo autónomo Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

Artigo 2º
  1. A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza estrutúrase nos seguintes órganos superiores:

    1. Secretaría Xeral.

    2. Dirección Xeral da Función Pública.

    3. Dirección Xeral de Calidade e Avaliación das Políticas Públicas.

    4. Dirección Xeral de Relacións Parlamentarias.

    5. Dirección Xeral de Xustiza.

    6. Dirección Xeral de Interior.

    7. Dirección Xeral de Protección Civil.

    8. Dirección Xeral de Administración Local.

  2. Quedan adscritos a esta consellería os organismos autónomos:

    1. Escola Galega de Administración Pública.

    2. Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia.

Artigo 3º
  1. A Consellería de Economía e Facenda estrutúrase nos seguintes órganos superiores:

    1. Secretaría Xeral e do Patrimonio.

    2. Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

    3. Dirección Xeral de Tributos.

    4. Dirección Xeral de Orzamentos.

    5. Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

    6. Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

  2. Quedan adscritos a esta consellería:

    1. O organismo autónomo Instituto Galego de Estatística.

    2. O organismo autónomo Tribunal Galego de Defensa da Competencia.

    3. O ente público Instituto Galego de Promoción Económica.

    4. O ente público Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable.

Artigo 4º
  1. A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes estrutúrase nos seguintes órganos superiores:

    1. Secretaría Xeral.

    2. Dirección Xeral de Urbanismo.

    3. Dirección Xeral de Obras Públicas.

    4. Dirección Xeral de Transportes.

  2. Quedan adscritos a esta consellería:

    1. O ente público Portos de Galicia.

    2. O Xurado de Expropiación Forzosa, cuxa presidencia terá rango de dirección xeral.

Artigo 5º
  1. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estrutúrase nos seguintes órganos superiores:

    1. Secretaría Xeral.

    2. Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

    3. Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

    4. Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

    5. Dirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia.

  2. Queda adscrito a esta consellería o ente público Axencia para a Xestión Integrada, Calidade e Avaliación da Formación Profesional.

Artigo 6º
  1. A Consellería de Innovación e Industria estrutúrase nos seguintes órganos superiores:

    1. Secretaría Xeral.

    2. Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

    3. Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

    4. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.

    5. ...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR