Decreto 215/2004, do 23 de setembro, polo que se modifica o Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rango de LeyDecreto

Polo Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, fixouse a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia. O tempo transcorrido desde a súa entrada en vigor e, por conseguinte, a experiencia adquirida do exercicio das competencias asignadas ás distintas consellerías en relación coa demanda social, aconsella proceder a unha nova distribución competencial, incidindo, pola súa vez, na correlativa asignación de competencias entre determinados centros directivos. A devandita distribución competencial establécese para unha maior racionalidade da distribución dos recursos, humanos e materiais, e oriéntase á consecución de cotas máis elevadas de eficacia e eficiencia da acción do Goberno de Galicia.

Polo tanto, en virtude do disposto no artigo 4.15º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei de Galicia 11/1988, do 20 de outubro, por iniciativa da conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e do conselleiro de Emigración, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e trés de setembro de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo único Modifícanse os artigos 11º, 13º e 14º do Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, que quedan redactados co seguinte teor literal:

Artigo 11º

a) A Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado estrutúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Familia.

3. Dirección Xeral de Xuventude.

4. Dirección Xeral para o Deporte.

5. Dirección Xeral do Voluntariado.

6. Dirección Xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade.

b) Queda adscrito a esta consellería o seguinte organismo autónomo: Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

Artigo 13º

A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais estrutúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Promoción do Emprego.

3. Dirección Xeral de Formación e Colocación.

4. Dirección Xeral de Servizos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR