Decreto 178/2007, do 13 de setembro, polo que se regula a composición e funcionamento do Consello Asesor do Libro.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE
Rango de LeyDecreto

A Lei 17/2006, do 27 de decembro, do libro e da lectura de Galicia, crea no artigo 25 o Consello Asesor do Libro como organismo dedicado ao estudo e ao asesoramento á Administración autonómica no referente ás políticas relacionadas co contido da lei.

No artigo 26 da Lei 17/2006, do 27 de decembro, establécense entre as funcións do Consello Asesor do Libro a elaboración de informes de seguimento dos índices de lectura da poboación galega e da produción editorial realizada en Galicia e en lingua galega, a elaboración de propostas de actuación para o fomento da lectura e para a mellora dos diferentes subsectores da edición e comercialización do libro, así como a emisión de informe en todas as cuestións relacionadas coa planificación da política do libro e os regulamentos que rexan e desenvolvan a dita política.

A disposición adicional segunda da Lei 17/2006, do 27 de decembro, regula a composición do Consello Asesor do Libro, prevé que o funcionamento do dito organismo sexa desenvolvido mediante decreto, e establece un prazo de seis meses desde a entrada en vigor da citada lei para a súa constitución.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Cultura e Deporte, de acordo co ditame do Consello Consultivo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de setembro de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º Natureza.
  1. O Consello Asesor do Libro é un organismo permanente de estudo sobre o sector do libro e de asesoramento á Administración autonómica no referente ás políticas relacionadas co sector do libro galego e de fomento da lectura en Galicia.

  2. O Consello Asesor do Libro adscríbese, sen prexuízo da súa independencia funcional á consellería competente en materia de cultura, a través do centro directivo competente en materia do libro e da lectura.

Artigo 2º Funcións.
  1. Son funcións do Consello Asesor do Libro:

    1. Elaborar informes de seguimento anual dos índices de lectura da poboación galega e da produción editorial realizada en Galicia e en lingua galega.

    2. Elaborar propostas de actuación para o fomento da lectura e para a mellora dos diferentes subsectores da edición e comercialización do libro.

    3. Elaborar unha guía de recursos para o fomento da lectura.

    4. Promover foros de intercambio e debate entre os diferentes axentes do libro en Galicia.

    5. Organizar con carácter trianual o Congreso do Libro Galego.

    6. Editar anualmente a Axenda do Libro Galego, como compilación actualizada da información sobre todos os subsectores da edición e do comercio do libro.

    7. Elaborar informes e estratexias para a promoción do libro galego e da literatura galega no exterior.

    8. Participar na comisión de seguimento do plan anual de publicacións do Servizo Central de Publicacións da Xunta de Galicia.

  2. O Consello Asesor do Libro deberá emitir informe, no prazo máximo dun mes, en todas aquelas cuestións relacionadas con:

    1. Planificación da política do libro.

    2. Desenvolvemento daqueles regulamentos que deberán rexer e desenvolver a política do libro.

  3. Nos estudos e informes que se elaboren figurarán os datos desagregados por sexo.

Artigo 3º Composición.
  1. O Consello Asesor do Libro está composto por un total de quince (15) membros, con voz e voto:

    1.1. Presidencia: a conselleira ou conselleiro competente en materia de cultura.

    1.2. Vicepresidencia: o titular do centro directivo competente na materia do libro e da lectura.

    1.3. Vogais:

    1.3.1. Oito vogais elixidos polos diferentes axentes do libro e de fomento da lectura en Galicia, designados, xunto cos seus suplentes, pola presidencia do Consello Asesor entre os escritores, os tradutores, os ilustradores, os editores, as artes gráficas, os distribuidores, os libreiros e os bibliotecarios.

    1.3.2. En representación das administracións públicas e dos expertos do mundo do libro:

    1. En representación da Administración autonómica, designados, xunto cos seus suplentes, pola conselleira ou conselleiro competente en materia de cultura:

      -O titular da subdirección xeral competente en materia do libro e da lectura.

      -Un representante da consellería competente en materia de educación e ordenación universitaria, por proposta do seu titular.

      -Un representante da consellería competente en materia de innovación e industria, por proposta do seu titular.

      -Un representante do centro directivo competente en materia de política lingüística, por proposta do seu titular.

    2. En...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR