Decreto 58/2006, do 30 de marzo, polo que se crea e regula o funcionamento da Comisión de Seguimento e Impulso do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

Entre os obxectivos programáticos da Xunta de Galicia en materia de política lingüística está prevista unha comisión interdepartamental de seguimento e impulso do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado polo Parlamento de Galicia o 22 de setembro de 2004.

Co fin de lle dar cumprimento ao dito acordo, procédese, mediante o presente decreto, á creación da Comisión de Seguimento e Impulso do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, á cal, como comisión interdepartamental e baixo a autoridade da Secretaría Xeral de Política Lingüística, lle corresponde o impulso e seguimento do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.

Na súa virtude, por iniciativa do vicepresidente da Igualdade e do Benestar e do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de marzo de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º Natureza.

Créase a Comisión de Seguimento e Impulso do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega como comisión interdepartamental para o impulso e seguimento do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado polo Parlamento de Galicia o 22 de setembro de 2004.

Artigo 2º

A Comisión de Seguimento e Impulso do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega exercerá as seguintes funcións:

  1. Consensuar o deseño e aplicación das políticas da Xunta de Galicia no marco do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.

  2. Impulso, desenvolvemento e seguimento do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.

  3. Realización de propostas á Secretaría Xeral de Política Lingüística en todas as funcións que a esta se lle atribúen na súa estrutura orgánica.

  4. Estudar e emitir informes sobre iniciativas que se lle propoñan á Secretaría Xeral de Política Lingüística desde outras institucións.

  5. Emitir informe sobre os proxectos de decretos, ordes, plans de actuación e desenvolvemento e liñas estratéxicas da Secretaría Xeral.

  6. Emitir informe sobre os proxectos de decretos, ordes e plans que no ámbito da lingua impulsen as diferentes consellerías.

Artigo 3º Composición.
  1. A Comisión de Seguimento e Impulso do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega estará composta por un/unha presidente/a e catro vogais.

  2. Asistirá ás...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR