Decreto 326/2003, do 24 de xullo, polo que se modifica o Decreto 276/1999, do 21 de outubro, polo que se regula a composición e as funcións do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO
Rango de LeyDecreto

Os cambios operados na estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia polo Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, así como o nacemento de novas entidades xestoras do sector audiovisual en Galicia aconsellan a modificación do Decreto 276/1999, do 21 de outubro, polo que se regula a composición e as funcións do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia, coa

finalidade de adaptalo á situación actual e darlle unha redacción que permita unha maior funcionalidade nun sector en evolución constante.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecatro de xullo de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Modifícase o artigo 3 do Decreto 276/1999, do 21 de outubro, polo que se regula a composición e as funcións do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia nos seguintes puntos, que quedan redactados como segue:

-Vicepresidente II: o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio.

-Vicepresidente III: o director xeral de Comunicación e Audiovisual.

-Vocais:

1. En representación da Administración autonómica, designados polo presidente do Consello Asesor e por proposta dos titulares dos departamentos respectivos:

-Tres vocais en representación do departamento con competencias en materia de comunicación social e audiovisual.

-Dous vocais en representación do departamento con competencias en materia de innovación.

-Dous vocais en representación do departamento con competencias en materia da rede corporativa de voz e datos.

-Dous vocais en representación do departamento con competencias en materia de protección civil.

-Un vocal en representación do departamento que exerza as competencias en materia de relación cos medios informativos.

-Un vocal en representación de cada un dos restantes departamentos que integran a Xunta de Galicia

.

Artigo 2º

Engádese o punto 8 bis ó artigo 3º do Decreto 276/1999, coa seguinte redacción:

8 bis. Un representante do Consorcio do Audiovisual de Galicia, designado polo presidente do consello asesor, por proposta do presidente do consorcio

.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo para dicta-las normas necesarias para o desenvolvemento e execución deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR