Resolución do 6 de abril de 2010 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, que aproba as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica á internacionalización das empresas galegas, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorINSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Rango de LeyResolución

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do día 1 de marzo de 2010, acordou por unanimidade dos membros asistentes aprobar as bases reguladoras das axudas á internacionalización das empresas galegas, facultando o director xeral para a súa convocatoria, a aprobación dos créditos e publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Publicar as bases reguladoras das axudas do Igape á internacionalización das empresas galegas.

Segundo.-Convocar, en réxime de concorrencia non competitiva, as seguintes liñas de axuda das bases reguladoras das axudas do Igape á internacionalización das empresas galegas:

  1. Liña seminarios internacionalización (procedemento IG156).

  2. Liña planificación exterior (procedemento IG151).

  3. Liña participación en eventos expositivos internacionais celebrados en Galicia (procedemento IG171).

  4. Liña participación en eventos expositivos e promocionais internacionais celebrados fóra de Galicia (procedemento IG110).

  5. Liña misións comerciais directas (procedemento IG123).

  6. Liña misións comerciais inversas (procedemento IG124).

  7. Liña misións tecnolóxicas directas e inversas (procedemento IG154).

  8. Liña márketing, comunicación, imaxe e marca (procedemento IG172).

  9. Liña prospección internacional (procedemento IG173).

  10. Liña primeira implantación promocional conxunta no exterior-Plan Primex (procedemento IG158).

Terceiro.-Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de coincidir en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, o prazo comezará o día hábil seguinte), e rematará o 30 de xuño de 2010 para as liñas sinaladas cos números 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 e 8 do punto segundo anterior, e o 10 de setembro de 2010 para as liñas sinaladas cos números 9 e 10.

No caso de que en virtude das solicitudes presentadas e resoltas favorablemente se esgotase o crédito orzamentario, poderase pechar anticipadamente a convocatoria, o cal será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria das liñas anteriores aboaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e polos seguintes importes e coa seguinte distribución plurianual:

Ver referencia pdf "06700D008P103.PDF"

Quinto.-O director xeral do Igape poderá ampliar os créditos e modificar as partidas orzamentarias, logo de declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30.2º do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Sexto.-Os requisitos das letras c), e), f), h), i), j), k), l), m) e n) do artigo 20.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2010.

Joaquín Varela de Limia de Cominges

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Bases reguladoras das axudas do Instituto Galego

de Promoción Económica (Igape) á internacionalización

das empresas galegas

A internacionalización achega ás empresas a posibilidade de aumentar o seu tamaño e acadar maiores economías de escala, acceder a recursos inaccesibles ou caros no seu mercado de orixe, conseguindo economías de localización, mellorar a notoriedade e diferenciación dos seus produtos e marcas, entrar en contacto con consumidores máis exixentes e competidores máis eficientes que estimulan a súa innovación e desenvolvemento tecnolóxico e, en definitiva, mellorar a súa eficiencia económica e capacidade competitiva.

A aposta do Goberno galego pola internacionalización das nosas empresas é incuestionable, mediante un modelo facilitador de información, servizos directos nos principais mercados internacionais e financiamento ás empresas para a súa entrada neles, aposta que se complementa coa formación e especialización de recursos humanos.

A Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, establece no seu artigo 4 como funcións do Igape, entre outras, proporcionar información sobre os mercados e favorecer o desenvolvemento das exportacións e acordos con empresas estranxeiras.

O obxectivo destas bases é facilitar a internacionalización da empresa galega non exportadora ou con escasa internacionalización e apoiar empresas internacionalizadas para que non só non perdan a súa presenza nos mercados exteriores senón que a incrementen, poñendo ao seu alcance liñas de axudas financeiras que apoien a súa presenza exterior, ampliando o número de países receptores das exportacións galegas e a diversificación dos sectores exportadores.

Con esta finalidade ofrécese axuda económica para o desenvolvemento da estratexia de internacionalización das empresas, contribuíndo financeiramente á execución de plans específicos de promoción. Así mesmo, considérase tamén que se deben primar as accións promocionais conxuntas por parte de empresas galegas mediante maiores niveis de apoio en tanto que permiten un uso máis eficiente dos recursos.

A tramitación destas axudas exclúe a concorrencia competitiva con base no establecido no artigo 19.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, por canto serán subvencionables todos os proxectos que cumpran os requisitos establecidos nestas bases reguladoras, sen necesidade de establecer comparacións entre os proxectos nin unha orde de prelación entre eles.

Estas liñas de axuda compleméntanse coa liña de axudas para a contratación de xestores de exportación e cos servizos do Igape á internacionalización, entre os que cabe destacar o asesoramento e asistencia técnica en orixe e destino, plans país sectoriais, información sobre mercados e oportunidades de negocio, así como os servizos de interpretación telefónica, formación e incorporación laboral de especialistas en comercio exterior, organización de accións promocionais de participación agrupada, rede de empresarios e profesionais de orixe galega, rede empresarial europea, difusión da oferta exportadora galega, seminarios, e calquera outro que solicite o empresariado galego dentro dos medios e recursos dispoñibles do Igape (detállanse no portal www.exportgalicia.com).

Artigo 1º Proxectos obxecto de apoio.

1.1. Os proxectos obxecto de apoio serán aqueles que promocionen e faciliten o acceso das empresas galegas ao exterior e incentiven a súa internacionalización. O Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido sobre os gastos subvencionables realizados polas empresas ou organismos intermedios que teñan a sede efectiva da súa actividade ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia na execución de actuacións dirixidas á promoción internacional de produtos elaborados, comercializados e/ou servizos prestados, sempre e cando se cumpran os requisitos establecidos nestas bases para cada unha das liñas de axuda.

1.2. As liñas de axuda do Igape serán as seguintes:

  1. Liña seminarios internacionalización.

  2. Liña planificación exterior.

  3. Liña participación en eventos expositivos internacionais celebrados en Galicia.

  4. Liña participación en eventos expositivos e promocionais internacionais celebrados fóra de Galicia.

  5. Liña misións comerciais directas.

  6. Liña misións comerciais inversas.

  7. Liña misións tecnolóxicas directas e inversas.

  8. Liña márketing, comunicación, imaxe e marca.

  9. Liña prospección internacional.

  10. Liña primeira implantación promocional conxunta no exterior (Plan Primex).

1.3. Quedan excluídas as axudas á exportación. Debe entenderse por axudas á exportación aquelas directamente asociadas ás cantidades exportadas, ao establecemento e ao funcionamento dunha rede de distribución e aos gastos correntes derivados da actividade exportadora.

1.4. O prazo de execución dos proxectos subvencionables iniciarase o 1 de xaneiro de 2010 e rematará na data establecida na resolución de concesión de axuda dentro dos límites máximos establecidos polos anexos reguladores de cada liña de axuda. No caso de ulteriores convocatorias destas axudas, a resolución de convocatoria da persoa titular da dirección xeral do Igape establecerá os prazos de execución dos proxectos subvencionables.

Enténdese que a acción está finalizada transcorrido o último dia do evento, misión ou data de finalización do proxecto manifestada polo solicitante no cuestionario de solicitude. Neste último caso o Igape pode adiantar a data última de execución do proxecto manifestada polo solicitante atendendo a criterios de eficiencia na execución orzamentaria.

As datas das facturas, medios de pagamento e demais documentos xustificativos da realización do proxecto deberán estar comprendidas no período de liquidación, é dicir, entre a data de inicio do prazo de execución dos proxectos subvencionables e a data de remate do prazo de presentación da solicitude de cobramento establecido no artigo 16 destas bases. Exceptúanse do antes indicado as facturas de viaxes e as emitidas por organizadores de eventos expositivos subvencionables, de acordo co disposto nestas bases, que poden...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR