Resolución do 15 de outubro de 2010, da Secretaría de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se convocan bolsas de traballo de secretarios xudiciais substitutos nas provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

SecciónVI. Anuncios
EmisorTRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA
Rango de LeyResolución

De conformidade co disposto no artigo 451 da LOPX e nos artigos 134 a 139 do Real decreto 1608/2005, do 30 de decembro, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de secretarios xudiciais, esta Secretaría de Goberno acordou anunciar a convocatoria de bolsas de traballo de secretarios xudiciais substitutos nas provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Fíxase en 50 o número de prazas que deben constituír a bolsa na provincia da Coruña máis 15 como cota de reserva, 30 prazas na provincia de Lugo máis 10 como cota de reserva, 30 prazas na provincia de Ourense máis 10 como cota de reserva e 50 prazas na provincia de Pontevedra máis 15 como cota de reserva.

A bolsa terá vixencia durante un ano a partir da publicación da súa constitución, prorrogable por outro.

Do total das prazas convocadas reservarase o 5% para seren cubertas por persoas que teñan a condición legal de discapacitado, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, de conformidade co previsto no artigo 5 do Real decreto 406/2010, do 31 de marzo (Boletín Oficial del Estado do 1 de abril), sempre que acrediten o indicado grao de discapacidade e a compatibilidade funcional co desempeño das tarefas e funcións que corresponden ao corpo de secretarios xudiciais.

Segunda.-Poderán participar neste concurso as persoas que na data de final do prazo de presentación de solicitudes reúnan os seguintes requisitos:

  1. Ser español e maior de idade.

  2. Ser licenciado en dereito.

  3. Non ter sido condenado nin estar procesado ou inculpado por delito doloso, quitado que obtivese a rehabilitación ou que recaese na causa auto de sobresemento firme ou que se cancelasen os antecedentes penais.

  4. Estar no pleno exercicio dos seus dereitos civís.

  5. Non estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

  6. Non ter sido separado mediante procedemento disciplinario dun corpo do Estado, das comunidades autónomas ou das administracións locais, nin suspendido para o exercicio de funcións públicas en vía disciplinaria ou xudicial, agás que fose debidamente rehabilitado.

  7. Non padecer enfermidade ou defecto físico que lle impida o desempeño do cargo.

  8. Non ter cumprido os setenta anos nin cumprilos durante o tempo de vixencia da bolsa.

    Terceira.-Os interesados dirixirán unha única solicitude de participación ao secretario de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza, con indicación das provincias a que optan por orde de preferencia, o cal poderán efectuar directamente ou servíndose de calquera das modalidades previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dentro do prazo dos dez días naturais seguintes ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, sen que incida no cómputo do dito prazo calquera outra forma de publicidade que se lle poida dar á convocatoria.

    Cuarta.

  9. As solicitudes de participación axustaranse necesariamente ao modelo incluído no anexo desta resolución e unirán a esta fotocopias compulsadas do documento...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR