Resolución do 5 de abril de 2004, da División de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de postos de traballo do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala sanitaria de atención primaria e especializada, subescala de atención primaria, clase de matronas titulares, polo que se procede á execución da sentenza 243/2000, do Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous da Coruña, do 25 de febreiro de 2002.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorSERVIZO GALEGO DE SAÚDE
Rango de LeyResolución

A disposición transitoria quinta da Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas do persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma, establece a obriga de participar no primeiro concurso de traslados que se convoque con posterioridade ao seu ingreso ao persoal que ingresara na clase de matronas titulares a través dos concursos-oposicións convocados polas ordes da Consellería de Sanidade do 9 de novembro de 1990, do 24 de xullo de 1992, e Resolución do 24 de outubro de 1996, establecendo, por unha soa vez, un dereito preferente en favor dos funcionarios de carreira que accedesen á clase a través de procedementos distintos aos establecidos nos ditos concursos-oposicións.

Por outra banda, con data do 25 de febreiro de 2002, o Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous da Coruña, ditou a sentenza 243/2000, pola que se obriga ao Servizo Galego de Saúde a convocar concurso para obter destino definitivo entre funcionarios facultativos de grao medio, escala de atención primaria e especializada, subescala de atención primaria, clase de matronas titulares.

Por todo iso, este centro directivo, en uso das competencias que ten delegadas polo Decreto 45/2002, do 5 de febreiro, en relación co punto 8.a) do artigo 15 da Lei 4/1988, logo de negociación coa representación do persoal na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Sanitario, acorda convocar este concurso de méritos para a provisión dos postos de traballo vacantes, de conformidade coas seguintes bases:

Primeira.-Esta convocatoria ten por obxecto a provisión, con carácter definitivo, dos postos de traballo vacantes do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala sanitaria de atención primaria e especializada, subescala de atención primaria, clase de matronas titulares que se relacionan no anexo I desta resolución, dando cumprimento á sentenza 243/2000, do 25 de febreiro de 2002, do Xulgado Contencioso-Administrativo número dous da Coruña.

Esta provisión, que constará de dúas fases, realizarase de acordo co contido destas bases. Os concursantes só poderán participar nunha das dúas fases.

  1. Primeira fase.

    Segunda.-Requisitos de participación.

    1. Poderá participar nesta fase do presente concurso o persoal funcionario baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, que no último día do prazo de presentación de instancias, pertenza ao corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de atención primaria e especializada, subescala de atención primaria, clase de matronas titulares, agás aqueles que leven menos de dous anos desempeñando un posto definitivo obtido por concurso.

    2. Están obrigados a participar nesta fase do concurso, os funcionarios da devandita clase, agás os de novo ingreso aos que se fai mención no punto 4, que se atopen nas seguintes situacións administrativas:

      1. Servizo activo en reingreso provisional nun posto de traballo, e reúnan os requisitos exixibles nesta convocatoria e anexos correspondentes, debendo solicitar todos os postos de traballo aos que poidan acceder, de conformidade co establecido no artigo 58 da Lei 4/1988, do 26 de maio, modificado pola Lei 3/1995, do 10 de abril. No suposto de incumprimento do anterior serán declarados de oficio en situación de excedencia voluntaria.

      2. Excedentes forzosos:

      Os concursantes forzosos teñen a obriga de solicitar, por orde de preferencia, todos os postos de traballo aos que poidan acceder pertencentes á súa clase, e que se inclúen neste concurso.

      Aqueles concursantes forzosos que incumpran total ou parcialmente esta obriga serán declarados de oficio na situación de excedencia voluntaria.

    3. Igualmente poderán participar nesta fase do concurso os funcionarios de carreira do corpo de matronas titulares da Administración do Estado, independentemente da Comunidade Autónoma de destino.

    4. Non poderán participar nesta fase do concurso:

      Os funcionarios de novo ingreso, é dicir, os que accederon á dita condición por medio dos procesos selectivos convocados polas ordes da Consellería de Sanidade do 9 de novembro de 1990 e do 24 de xullo de 1992, e pola resolución do Servizo Galego de Saúde do 24 de outubro de 1996, polos que se convocaron os concursos-oposición para ingreso na clase de matronas titulares, calquera que sexa a situación administrativa na que se atopen no momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

      Terceira.-Solicitudes.

    5. Os concursantes axustaranse ao modelo de instancia que se publica no anexo II desta resolución. As instancias irán dirixidas á División de Recursos Humanos do Sergas, edificio administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 de Santiago de Compostela, e poderanse presentar no rexistro de calquera dos servizos centrais ou periféricos da Consellería de Sanidade e do Sergas ou nos lugares e do xeito que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

    6. No prazo de presentación de instancias os concursantes poderán retirar ou modificar as súas solicitudes mediante nova instancia que anulará totalmente as precedentes. Transcorrido o dito prazo, non se admitirán nin a modificación de solicitudes nin a retirada do concurso, tendo en consecuencia a dita solicitude carácter vinculante para o peticionario, e os destinos adxudicados serán irrenunciables, salvo que se obtivese outro destino mediante convocatoria pública antes de finalizar o prazo de toma de posesión.

    7. Os participantes deberán indicar, por orde de prelación, as prazas polas que opten que se inclúen como anexo I desta resolución.

      Cuarta.-Documentación.

    8. Documentación que se deberá xuntar ás solicitudes:

      1. De carácter xeral:

        -Fotocopia do documento nacional de identidade.

        -Certificado de méritos suxeito a baremo, expedido polo xefe de servizo de recursos humanos ou secretario provincial das direccións provinciais do Sergas, conforme o modelo que figura como anexo III da presente resolución. Ao certificado deberanse xuntar as fotocopias da documentación correspondente ás distintas situacións e méritos que se invoquen, e que deberán estar cotexadas fidedignamente, significando que non se valorarán aqueles méritos que para a comisión non estivesen suficiemente acreditados.

        No suposto de que se trate dalgún funcionario que non pertenza á Administración da Xunta de Galicia, tal certificación será expedida pola unidade administrativa responsable da xestión de persoal na Administración de pertenza do funcionario.

      2. De carácter especial:

        b.1. Os participantes que procedan da situación de suspenso imposta como consecuencia de sentenza firme condenatoria acompañarán a solicitude de participación no concurso, testemuño da autoridade xudicial sobre cumprimento da pena imposta.

        b.2. Os excedentes voluntarios presentarán no momento da toma de posesión do destino adxudicado unha declaración xurada de non estaren suxeitos a expediente xudicial ou disciplinario e de que non foron...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR