Resolución do 22 de marzo de 2011 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba o Programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorINSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Rango de LeyResolución

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do día 30 de decembro de 2010, acordou por unanimidade dos membros asistentes aprobar o Programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI).

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Publicar o Programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI).

Segundo.-Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia; no caso de coincidir en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, o prazo comezará o día hábil seguinte; e rematará o 29 de xuño de 2011 ou no momento do esgotamento do crédito orzamentario, o cal será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape www.igape.es

Terceiro.-Dotación orzamentaria.

Establécese unha liña de préstamos directos do Igape por importe máximo de 55.000.000 de €, mediante a afectación de partes do préstamo global asinado entre o Igape e o BEI o día 30 de xaneiro de 2009. Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á partida orzamentaria 02.01 - E2/11/_252050 e polos seguintes importes e coa seguinte distribución plurianual:

Ano Importe

2011 30.134.882,69 €

2012 24.865.117,31 €

Total 55.000.000,00 €

O director xeral do Igape poderá ampliar os créditos e modificar as partidas orzamentarias, logo de declaración de dispoñibilidade dos créditos, nas circunstancias e tramitación establecida no artigo 30º.2 do Decreto 11/2009, que se aplica subsidiariamente a este expediente, mediante resolución publicada para o efecto.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2011.

Joaquín Varela de Limia de Cominges

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

Programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI)

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) é o instrumento básico de acción da Xunta de Galicia para impulsar o desenvolvemento competitivo do sistema produtivo galego, planeando e executando as actuacións do goberno autónomo para o apoio aos investimentos considerados estratéxicos no ámbito de Galicia.

O Banco Europeo de Investimentos (BEI), establecido polo Tratado de Roma e creado en 1958, é a institución financeira da Unión Europea, e contribúe á integración europea e ao desenvolvemento económico das rexións desfavorecidas. Entre outras actividades, o BEI financia a realización de investimentos de pequenas e medianas empresas (pemes) en industria, turismo, servizos, investigación e desenvolvemento, promoción da innovación e da sociedade da información, así como proxectos dirixidos ao aforro enerxético e a protección do ambiente.

Por razóns de orde práctica, o BEI non pode financiar directamente proxectos de investimento pequenos ou medianos no marco dos préstamos individuais. Por iso estableceu, coa intermediación de entidades colaboradoras, o sistema de préstamo ou financiamento global, que permite ao BEI ofrecer o seu apoio a proxectos de menor dimensión.

Á vista das dificultades de accesibilidade aos recursos financeiros con que poden atoparse determinados proxectos de investimento, considérase de grande interese a posta en marcha dunha liña de préstamos que debe complementar a oferta existente no mercado financeiro na Comunidade Autónoma de Galicia, especialmente para proxectos que poidan presentar riscos de implantación superiores aos que se poidan considerar habituais, pero que contan con viabilidade técnica e comercial.

Considerando a boa experiencia do Igape na xestión do contrato de financiamento asinado co BEI o día 1 de xuño de 2007, polo que se puxo á disposición das empresas galegas un importe gobal de 30.000.000 de €, o Igape e o BEI asinaron un novo contrato o 30 de xaneiro de 2009, polo cal se dispón de 200.000.000 de € adicionais, que poderán empregarse para financiar investimentos de empresas galegas cunha maior flexibilidade que no anterior contrato, en canto aos criterios de elixibilidade e sectores atendibles.

De acordo co contrato antes referido, o Igape, baixo a súa responsabilidade, prestará os fondos debidamente fraccionados para proxectos pequenos e medianos de investimento que cumpran os criterios de selección do BEI. O Igape xestionará directamente os eventuais préstamos, analizando e valorando os proxectos, seleccionando aqueles que se van financiar e asumindo o risco destas operacións.

O Decreto 133/2002, do 11 de abril (Diario Oficial de Galicia nº 78, do 23 de abril), modificado polo Decreto 174/2007, do 6 de setembro (Diario Oficial de Galicia nº 186, do 25 de setembro) habilita o Igape para conceder, no ámbito das súas funcións, préstamos ou créditos a favor de empresas de acordo cos requisitos e características establecidos nos programas que con carácter xeral para tal efecto aprobe e que polo menos establecerán os requisitos dos posibles prestameiros, destino dos fondos, prazo e condicións das operacións e que serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

En virtude destes antecedentes, o Consello de Dirección do Igape na súa xuntanza do 30 de decembro de 2010 tomou o acordo de aprobar un programa de préstamos destinado a financiar proxectos de investimento de acordo coas seguintes cláusulas:

Primeira.-Características do programa.

1.1. Prestameiros: os prestameiros serán as empresas promotoras de investimentos elixibles que teñan a consideración de peme independente segundo se define neste punto. Poderán concederse préstamos a pemes que non cumpran o criterio de independencia segundo se define neste punto, dentro da limitación de contía de préstamos para este tipo de beneficiarios establecida nos contratos de financiamento asinados co BEI.

Para os exclusivos efectos deste programa recibirán a consideración de peme aquelas empresas nas cales o seu número de empregados en nómina a tempo completo non sexa superior a 250.

Así mesmo, consideraranse pemes independentes aquelas que:

  1. Non teñan máis do 25% do seu capital en mans dunha ou varias sociedades.

  2. Se o 25% ou máis do seu capital pertence a outra/s empresa/s, sempre que o número total de empregados do grupo consolidado sexa inferior a 250 persoas;

  3. Se o 25% ou máis do seu capital pertence a un ente local, sempre que este teña...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR