Resolución do 14 de outubro de 2010, da Dirección Xeral de Infraestruturas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental, formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 7 de setembro de 2010, relativa ao proxecto da autovía AG-59, treito A Ramallosa-A Estrada. Clave GA/08/022.00.

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyResolución

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, así como o disposto no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, faise pública a declaración de impacto ambiental, formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 7 de setembro de 2010, relativa ao proxecto da autovía AG-59, treito: A Ramallosa-Estrada. Clave GA/08/022.00, promovido pola Dirección Xeral de Infraestruturas.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2010.

Ethel Vázquez Mourelle

Directora xeral de Infraestruturas

Declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental no 7 de setembro de 2010, relativa ao proxecto da autovía AG-59. Treito: A Ramallosa-A Estrada (GA/08/022.00), nos concellos de Teo, Vedra e A Estrada, promovido pola Dirección Xeral de Infraestruturas (clave 2009/0132)

Antecedentes.

O proxecto Estudo informativo e estudo de impacto ambiental da autovía AG-59, treito: A Ramallosa-A Estrada, nos concellos de Teo, Vedra e A Estrada, clave GA/08//022.00, foi aprobado pola Dirección Xeral de Infraestruturas na súa Resolución do 6 de outubro de 2009.

Dentro do referido procedemento de autorización administrativa sométese o proxecto ao trámite de avaliación de impacto ambiental, dado que está incluído no grupo 6.a.1 do anexo I do Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos.

No anexo I resúmense as características básicas do proxecto e do ambiente e no anexo II as medidas protectoras e correctoras propostas no estudo de impacto ambiental presentado polo promotor no marco do citado trámite de avaliación ambiental.

Mediante Resolución do 6 de outubro de 2009, da Dirección Xeral de Infraestruturas, (publicada no DOG nº 200, do 13 de outubro), someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do Estudo informativo e estudo de impacto ambiental da autovía Ag-59, treito: A Ramallosa-A Estrada, nos concellos de Teo, Vedra e A Estrada, clave GA/08//022.00.

Durante este período foron presentadas alegacións por parte das asociacións, empresas e particulares, tendo en conta no condicionado desta declaración de impacto ambiental e, no que procede, as que teñen carácter ambiental.

Con data do 4 de agosto de 2010 ten entrada expediente ambiental do proxecto, remitido pola Dirección Xeral de Infraestruturas como órgano substantivo por razón da materia, que contén os resultados da información pública, os anuncios e os certificados de exposición ao público e as copias das alegacións presentadas e copia dos informes das direccións xerais de Patrimonio Cultural, Conservación da Natureza, Saúde Pública e Planificación, Demarcación de Estradas do Estado, da Deputación da Coruña e dos concellos de A Estrada e Teo.

Declaración de impacto ambiental.

Examinada a documentación que constitúe o expediente, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen na presente DIA, ademais das incluídas no estudo de impacto ambiental e na restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de existir contradición entre o indicado na antedita documentación e o establecido nesta declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

Ademais do obrigado cumprimento das anteditas condicións, se se manifesta calquera tipo de impacto non considerado ata o momento, este órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá ditar, só para os efectos ambientais, condicionados adicionais aos anteriores.

As condicións establecidas poderán ser revisadas de oficio ou por solicitude do promotor, co obxecto de incorporar medidas que fornezan unha maior protección do medio. Ademais disto, o promotor poderá solicitar a súa revisión naqueles supostos que tecnoloxicamente presenten graves dificultades para a súa implantación ou impliquen modificacións importantes na actividade, sempre que as novas medidas permitan acadar os obxectivos e fins desta. Neste último caso, o promotor remitirá esta solicitude, presentando documentación técnica que xustifique estas medidas, no prazo máximo dun (1) mes despois de lle ser notificada esta declaración, sen que poidan comezar as obras antes de contar cunha comunicación desta secretaría xeral.

Ámbito da declaración.

Esta declaración refírese ás obras definidas no documento: Estudo informativo e estudo de impacto ambiental da autovía AG-59, treito: A Ramallosa-A Estrada, nos concellos de Teo, Vedra e A Estrada, clave GA/08//022.00, na configuración relativa á alternativa A, recollida no conxunto de planos nº 6 alternativa elixida, de outubro de 2009; coas seguintes modificacións resultantes do proceso de consultas e información pública, que deberán ser tidas en conta na redacción do proxecto de trazado e construtivo:

-Para conseguir eliminar ou minimizar a afección sobre o Castro de Vilacriste (GA36017189) entre os p.k. 3 + 500-4 +100 axustarase o trazado 50 m cara ao leste, e entre os p.k. 4 + 100-5 +800 desprazarase cara ao oeste 260 m.

-Para conseguir eliminar ou minimizar a afección sobre o lugar de Castro de Abaixo, entre os p.k. 8 + 400-10 +000 axustarase o trazado 65 m cara ao leste.

-Para asegurar unha adecuada conectividade da vía, desde o p.k. 10 + 500 ata o final, elíxese a alternativa B, que conecta coa variante da Estrada do Ministerio de Fomento, e actualmente está xa en fase de expropiacións de terreos; en lugar da alternativa A inicialmente proposta que conectaba coa variante de Portela, en fase de estudo informativo.

  1. Protección da atmosfera.

    1.1. Levaranse a cabo as medidas recollidas no estudo de impacto ambiental para a protección da atmosfera, e co fin de minimizar a emisión de po, ademais da rega de superficies e outras medidas previstas no estudo ambiental, os camións de transporte de terras e outros materiais que poidan xerar po deberán ir cubertos con lonas ou similares. Así mesmo, procederase, no caso de ser necesario, ao lavado das rodas dos camións á saída da zona de obras.

  2. Protección dos niveis sonoros.

    2.1. Adaptarase o estudo acústico presentando co estudo de impacto ambiental á traza definitiva; definirase con detalle e incorporaranse ao proxecto definitivo as medidas correctoras necesarias para minimizar a afección sonora co fin de garantir o cumprimento do disposto na Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, e nas súas posteriores modificacións, e na ordenanza municipal contra a contaminación acústica dos concellos afectados ou, na súa falta, a aplicación do Decreto 320/2002, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento que establece as ordenanzas tipo sobre a protección contra a contaminación acústica (DOG nº 230, do 28 de novembro).

    Ademais, dada a existencia de entidades de poboación e edificacións habitadas no contorno da traza, co obxecto de minimizar as afeccións sobre elas, na planificación dos traballos incluirase, para a súa aplicación dun xeito estrito, as medidas protectoras e correctoras necesarias para minimizar as afeccións derivadas do ruído, vibracións, mobilización de po e proxección de materiais graúdos.

  3. Protección das augas e leitos fluviais.

    3.1. No control topográfico dos límites das zonas de obra e da localización de todas as infraestruturas proxectadas quedará especialmente clara a delimitación do dominio público hidráulico; por tanto, procederase ao balizamento ou sinalización adecuada dos tramos dos diferentes cursos de auga afectados polas obras, e limitarase o seu acceso soamente aos casos en que sexa imprescindible para a realización das obras da estrutura de drenaxe de paso deses cursos de auga.

    3.2. Evitarase modificar as canles ou zonas de escorremento para non influír nos ecosistemas naturais augas abaixo da infraestrutura, dispoñendo tantos pasos de auga como valgadas existan. Por outro lado, estes drenaxes transversais dimensionaranse adecuadamente para evitar o efecto presa nas épocas de máxima precipitación. As estruturas transversais que funcionen como pasos de fauna irán revexetadas con especies autóctonas e locais para canalizar a fauna por esa zona e, así, conseguir diminuír o efecto barreira da infraestrutura.

    Estas estruturas deberán poder ser empregadas como paso por parte da microfauna, polo que os ditos pasos se deseñarán con largo suficiente e de xeito que non se xeren saltos ou desniveis entre as súas embocaduras e os terreos circundantes. Ademais, deben ser consideradas como pasos bidireccionais para a fauna, polo que estarán desprovistas de estruturas de caída vertical que impidan o retorno, prevendo que todas as especies que caian poidan saír.

    3.3. Para evitar a erosión na incorporación das augas á rede natural de drenaxe, colocaranse sistemas de disipación de enerxía (encachamantos de pedra, pequenos diques, etc.) nos puntos de vertedura ao ambiente desta rede. Así mesmo, nestes puntos débense impedir os fenómenos de asolagamento e deposición.

    3.4. Para as verteduras que se realicen ao medio natural, xa sexan augas de escorremento, sanitarias e/ou pluviais, así como para a realización de captacións de auga, será preceptiva a autorización administrativa outorgada por Augas de Galicia. No caso de que a vertedura se realice cara á rede de saneamento da zona, deberase dispoñer da autorización do xestor da dita rede.

    3.5. Prohíbese verter nos leitos dos cursos fluviais restos de formigón ou cemento, lavar materiais ou ferramentas que estivesen en contacto con eles, así como os cambios de aceite da maquinaria de construción.

    3.6. Nos labores de mantemento dos foxos e dos sistemas de drenaxe, evitarase o emprego de herbicidas, realizando os ditos labores exclusivamente por medios mecánicos e/ou manuais.

    3.7...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR