Resolución do 24 de maio de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución e se declaran de utilidade pública, en concreto, as instalacións da liña de alta tensión L.A.T. a 132 kV de interconexión do parque eólico de Coruxeiras-apoio número 24 L.A.T. a 132 kV de dobre circuíto da subestación de Pena Grande-subestación de Lomba, no concello de Muras. (Expediente 3/2003 A.T.).

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Rango de LeyResolución

Examinado o expediente instruído por petición da empresa Norvento, S.L., con enderezo para efectos de notificación na rúa Ribadeo, 2 entpl.; 27702 Lugo, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data do 28 de xaneiro de 2003, a citada empresa solicita a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da liña de alta tensión L.A.T. a 132 kV desde a subestación eléctrica do parque eólico de Punago ata a subestación eléctrica do parque eólico da Fonsagrada, presentando o preceptivo proxecto das instalacións a ás que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 53

da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e o 143 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que a desenvolve.

As características técnicas básicas da instalación, que ten como fin a interconexión do parque eólico de Coruxeiras e a liña eléctrica aérea de alta tensión a 132 kV dobre circuíto subestación Pena Grande/subestación Lomba para evacuación da enerxía xerada polo dito parque eólico.

-Características técnicas principais:

* Liña eléctrica aérea de alta tensión a 132 kV, para interconexión do parque eólico de Coruxeiras e a liña eléctrica aérea de alta tensión a 132 kV dobre circuíto da subestación Pena Grande-subestación Lomba, de 3.311 m de lonxitude composta por un circuíto cun condutor por fase LA-280 e cable de terra OPGW sobre apoios metálicos de celosía.

* Variante da liña eléctrica aérea de alta tensión a 20 kV do repetidor de Telefónica do Alto de Coruxeiras, consistente na colocación dun novo apoio manténdose o trazado existente, debido ao cruzamento da dita liña eléctrica aérea de alta tensión a 20 kV coa L.A.T. 132 kV PE Coruxeiras (L.A.T. 132 kV D/C sub. Pena Grande/sub. Lomba).

* Orzamento: 322.709,02 euros.

* Termos municipais afectados: Muras, provincia de Lugo.

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Lugo someteu o citado proxecto de instalacións, xunto coa relación de bens e dereitos afectados, ao trámite de información pública mediante Resolución do 22 de xullo de 2003. Esta resolución foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 6 de agosto de 2003, no BOP de Lugo do 8 de agosto de 2003 e no diario El Progreso do 5 de agosto de 2003. O anuncio estivo exposto no taboleiro de anuncios do Concello de Muras.

Así mesmo, practicouse notificación individual aos interesados incluídos na relación de bens e dereitos afectados.

Terceiro.-De acordo co disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, enviáronse separatas relativas ao proxecto, a BEGASA, a Telefónica de España, a Augas de Galicia, e ao Concello de Muras.

Deste trámite de información obtívose a conformidade das diferentes entidades, empresas e administracións á autorización da instalación.

Cuarto.-Durante o período en que se someteu ao trámite de información pública realizáronse as seguintes alegacións:

  1. María Magdalena López Picos alega que:

    -Nas notificacións recibidas están insuficientemente identificadas os predios e os usos do solo.

    -Que na zona por parte doutras entidades se está procedendo á apertura de pistas e camiños, co carácter de servidumes de paso, que poderían ser aproveitados polo promotor eólico, para causar menos prexuízo, aos afectados e á paisaxe.

    -Que a inclusión da superficie afectada dentro da Rede Natura debería obrigar a modificar o tendido, non só a un...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR