Resolución do 27 de decembro de 2004, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro, o depósito, e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo galego de editoriais.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyResolución

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito autonómico de editoriais (código de convenio número 8200425), que se subscribiu coa data do 30 de novembro de 2004, entre a representación da Asociación de Editores e a Confederación Intersindical Galega, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2004.

Antonio de la Hera Roldán

Director xeral de Relacións Laborais

Convenio colectivo galego de editoriais

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º
  1. Ámbito territorial.

    Este convenio é de aplicación obrigatoria en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

  2. Ámbito funcional.

    Dentro do ámbito enunciado no artigo 1.1º, a aplicación do convenio será obrigatoria para todas as empresas editoriais, e para os traballadores destas.

    Enténdese por empresas editoriais, as que se dediquen, con ou sen talleres gráficos, á edición de libros, folletos, fascículos, cómics e revistas (periódicas ou non) que non estean expresamente incluídas de acordo coa lexislación vixente no ámbito de empresas de prensa.

  3. Ámbito persoal.

    O convenio inclúe a todo o persoal empregado nas empresas mencionadas no artigo anterior.

    Quedan excluídos en canto ao ámbito persoal deste convenio:

    1. O persoal que exerza funcións de alta dirección, alto goberno e alto consello, característicos dos cargos de administrador xeral, conselleiros, directores xerais, directores xerentes, apoderados e outros análogos.

    2. O persoal que teña concertada coa empresa unha relación non laboral, suxeita ás normas da contratación civil ou mercantil.

    3. Os axentes comerciais, suxeitos a relación mercantil, e os representantes sometidos a relación laboral especial.

    Inclúense expresamente no ámbito de aplicación deste convenio colectivo todos os traballadores/as que presten os seus servizos nas máquinas das empresas ou unidades produtivas citadas no artigo anterior.

  4. Adhesión ao convenio.

    Poden adherirse á totalidade deste convenio todas as empresas e os seus traballadores/as, que por algunha razón, estivesen rexidas por outro convenio de diferente ámbito funcional, sempre que a súa actividade sexa igual ou afín (distribución) á comprendida no artigo 1.2º deste convenio.

    Capítulo II

    Vixencia, duración e prórroga

Artigo 2º
  1. Vixencia.

    Este convenio entrará en vigor a partir do día 1 de xaneiro de 2004.

  2. Duración.

    A duración deste convenio fíxase en dous anos, contados a partir da data de vixencia, entendéndose prorrogado de ano en ano, ata que entre en vigor o novo convenio.

  3. Rescisión e revisión da denuncia do convenio.

    Ambas as partes consideran automaticamente denunciado este convenio ao final da súa vixencia, 31 de decembro de 2005.

    A negociación deberá iniciarse cunha antelación mínima dun mes á data de caducidade do convenio vixente.

  4. Proposta de negociación.

    A representación sindical ou empresarial que pretenda negociar un novo convenio, que substitúa ao vixente, deberá comunicar por escrito a súa proposta do punto ou puntos que haxa que negociar, expresando:

    1. Prazo de duración do novo convenio.

    2. Materias concretas que se vaian negociar.

    3. Repercusión económica anual das condicións que teñan carácter ou incidencia económica.

    4. Ámbito persoal e funcional, se é o caso, do convenio que se pretenda negociar.

    5. Proxecto de composición da comisión negociadora, con expresión do número de membros de cada unha das representacións.

    6. Documentación acreditativa de reunir a necesaria lexitimación para negociar un convenio exixida polo artigo 87.2º, 3º e 4º do Estatuto dos traballadores.

    7. Se se estima conveniente, ou non, que as negociacións teñan un presidente e, se é o caso, proposta, en terna, da persoa indicada para a función.

    Capítulo III

    Compensación, garantías e absorción

Artigo 3º
  1. Globalidade.

    As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico indivisible, e para os efectos da súa aplicación serán consideradas globalmente.

  2. Compensación.

    As condicións pactadas son compensables na súa totalidade coas que anteriormente rexesen, por mellora pactada ou unilateralmente concedida pola empresa (mediante mellora voluntaria de soldos ou salarios, mediante primas ou complementos variables, gratificacións e beneficios voluntarios ou mediante conceptos equivalentes ou análogos) imperativo legal, xurisprudencial, contencioso ou administrativo, convenio colectivo de traballo, pacto de calquera clase, contrato individual, usos e costumes locais, comarcais ou por calquera outra causa.

    3.3. Exclusións.

    Considéranse excluídos da compensación global, establecida no artigo 3.2º, os seguintes conceptos:

    1. A cotización dos réximes de Seguridade Social por bases superiores ás pactadas.

    2. A xeira inferior na súa duración á establecida pola lei.

  3. Absorcións.

    Unicamente terán eficacia práctica as disposicións legais futuras que impliquen variación económica en todos ou nalgúns conceptos retributivos, se, globalmente consideradas e sumadas ás vixentes con anterioridade ao convenio, superan o nivel total deste.

    En caso contrario, consideraranse absorbidas polas melloras pactadas.

  4. Garantía persoal.

    Respectaranse as situacións persoais que, con carácter global, excedan ao convenio. Serán respetadas, con carácter persoal, a xornada máis favorable, a intensiva e as vacacións de maior duración.

    Capítulo IV

    Comisión mixta

Artigo 4º
  1. Constitución.

    Desde a sinatura deste convenio, queda legalmente constituída a comisión mixta paritaria, formada polas

    organizacións empresariais e sindicais asinantes do convenio, que estará formada por:

    Catro vogais, como máximo, por cada parte, que poderán variar dunha reunión a outra. As partes poderán ir acompañadas por asesores, nun número máximo de tres por cada un deles, e para cada reunión, elixirán de entre os seus membros un moderador.

    Dous secretarios, un por cada parte, que tomarán nota do tratado e levantarán acta, conxuntamente, cando menos dos acordos adoptados.

  2. Funcións.

    As funcións da comisión mixta serán as seguintes:

    1. Interpretación auténtica do convenio.

    2. Actualización das normas do convenio.

    3. Control e vixilancia do establecido sobre horas extraordinarias.

    4. Intervir con carácter preceptivo nas cuestións que se susciten en relación coa aplicación dos valores salariais do convenio.

    5. Velar para que non se produzan situacións de discriminación e impulsar a realización de medidas directas de acción positiva.

    6. Todas aquelas cuestións referentes ao sector editorial que, de mutuo acordo, lle sexan sometidas polas partes.

    7. Cantas outras actividades tendan á eficacia práctica do convenio.

  3. Funcionamento.

  4. A comisión mixta reunirase:

    1. Unha vez por trimestre, con carácter ordinario.

    2. Cando así o acordan ambas as dúas partes (reunión extraordinaria).

    As convocatorias da comisión mixta serán realizadas polos secretarios dela. A convocatoria será realizada por escrito, onde conste o lugar, a data e a hora da reunión, así como a orde do día. Enviaráselles aos seus membros con sete días de antelación.

    En primeira convocatoria, considerarase validamente constituída a comisión mixta, cando estean presentes os 2/3 da totalidade de membros de cada unha de ambas as dúas representacións.

    En segunda convocatoria, que se producirá media hora máis tarde, abondará coa asistencia da metade máis un dos membros de cada unha das representacións.

  5. Os acordos da comisión mixta adoptaranse conxuntamente, entre as dúas representacións, e non serán efectivos ata a aprobación da acta en que consten.

    No caso de non chegarse a un acordo, ambas as dúas partes, se así o deciden, poderán someterse a arbitraxe, conciliación ou mediación diante do SMAC, AGA ou outros organismos competentes. A

    decisión dos citados organismos terá carácter vinculante, agás no caso de que ambas as dúas partes chegasen a un acordo posterior ou simultáneo, no que prevalecerá este sobre aquela, que quedará nula e sen efecto.

    Cando ambas as dúas partes o consideren oportuno e así o acorden, crearanse comisións de traballo específicas, para tratar temas concretos e predeterminados. Estas comisións elaborarán os relatorios, que logo serán presentados á comisión mixta, e que non serán vinculantes, senón que terán mero carácter consultivo.

    Capítulo V

    Réxime de traballo

Artigo 5º
  1. Organización do traballo.

    A organización práctica do traballo e a determinación de grupos, ciclos, sectores ou departamentos, así como a clasificación de servizos que se estimen convenientes, son facultade exclusiva da dirección da empresa.

    O progreso técnico, debido a sistemas de organización e produtividade, mellor formación profesional ou máis adecuados equipos, debe supor unha mellora nas condicións de traballo e na remuneración, en xusta correspondencia ao beneficio que lle renda á prosperidade das empresas.

  2. Facultades da direccion da empresa.

    Son facultades da dirección da empresa:

  3. Dirixir o proceso produtivo, na forma máis adecuada para promover o benestar e a mellor formación profesional dos traballadores e traballadoras, así como a máis xusta distribución dos beneficios de dito proceso.

  4. Promover, estimular e manter a colaboración cos seus traballadores e traballadoras, como necesidade da paz social e da prosperidade do conxunto dos factores produtivos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR