Decreto 20/2005, do 3 de febreiro, de desenvolvemento da Lei 6/2004, do 12 de xullo, reguladora dos órganos de defensa da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

A Lei 6/2004, do 12 de xullo, reguladora dos órganos de defensa da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, creou o Tribunal Galego de Defensa da Competencia, como organismo autónomo de carácter administrativo adscrito á Consellería de Economía e Facenda, que ten como fin xeral preservar o funcionamento competitivo dos mercados no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, garantindo a existencia neles dunha competencia efectiva. Procede neste momento desenvolver a súa estrutura orgánica, co fin de acadar un eficaz cumprimento das súas funcións.

Polo tanto, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, tras o informe favorable do Tribunal Galego de Defensa da Competencia e demais informes preceptivos, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día tres de febreiro de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O Tribunal Galego de Defensa da Competencia é un organismo autónomo de carácter administrativo, adscrito á Consellería de Economía e Facenda, ao que lle corresponden as competencias e funcións que en materia de defensa da competencia lle atribúe a Lei 6/2004, do 12 de xullo, reguladora dos órganos de defensa da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ademais, o tribunal poderá:

-Comunicarlle ao Servizo Galego de Defensa da Competencia aquelas actividades das que teña coñecemento que poidan dar lugar á instrución dun expediente por condutas incluídas no ámbito de aplicación da Lei 6/2004.

-Promover a realización de estudos en materia de competencia.

-Difundir na sociedade os beneficios que comporta a libre competencia.

Artigo 2º

Para o desempeño das súas funcións, o Tribunal Galego de Defensa da Competencia estrutúrase nos seguintes órganos de dirección:

  1. O presidente do Tribunal Galego de Defensa da Competencia.

  2. O Pleno do Tribunal Galego de Defensa da Competencia.

Artigo 3º O presidente do Tribunal Galego de Defensa da Competencia.
  1. O presidente do tribunal, que ten a consideración de alto cargo, é o xefe superior do organismo. Ademais das atribucións que lle confire o artigo 6 da Lei 6/2004, do 12 de xullo, terá as demais funcións que lle poidan corresponder, segundo a lexislación vixente.

  2. Do presidente depende a Secretaría Xeral, con rango de subdirección xeral, á que lle corresponden as seguintes...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR