Resolución do 12 de marzo de 2008 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que dá nova redacción ás bases reguladoras dos incentivos económicos e ás bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorINSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Rango de LeyResolución

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza celebrada o día 8 de febreiro de 2008, acordou por unanimidade dos membros asistentes delegar no director xeral do Igape a modificación das bases reguladoras dos incentivos económicos do Igape.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Publicar as bases reguladoras dos incentivos económicos do Igape, as cales se anexan a esta resolución.

Segundo.-Publicar as bases reguladoras da tramitación dos procedementos de axuda do Igape, as cales se anexan a esta resolución.

Terceiro.-Convocar en réxime de concorrencia non-competitiva as seguintes liñas de axuda da base reguladora dos incentivos a proxectos de investimento empresarial, cuxo prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o esgotamento do crédito orzamentario, o cal será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, ou cando se publique a súa derrogación expresa:

  1. Proxectos de investimento empresarial superior a 500.000 € (Procedemento IG100-Artigo 4.1).

  2. Proxectos de servizos avanzados intensivos en emprego (Procedemento IG101-Artigo 4.2).

  3. Proxectos empresariais de novos emprendedores (Procedemento IG107-Artigo 6).

    Os créditos dispoñibles para concesións aboaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e coa seguinte distribución plurianual:

    Ver referencia pdf

    Cuarto.-Convócanse en réxime de concorrencia competitiva as seguintes liñas de axuda da base reguladora das axudas a proxectos de consultoría e asistencia técnica nas Pemes, cuxo prazo de presentación de solicitudes se abrirá o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia; no caso de coincidir en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela o prazo comezará o día hábil seguinte, e pecharase o 12 de maio de 2008:

  4. Estudos, asistencia técnica e preparación de proxectos (Procedemento IG108-Artigo 4).

  5. Proxectos de deseño (Procedemento IG109-Artigo 5).

  6. Incentivos á formación empresarial (Procedemento IG148-Artigo 6).

  7. Proxectos tractores de empresas desenvolvedoras de software en código aberto (Procedemento IG113-Artigo 7).

    O prazo de execución dos proxectos previstos nos procedementos IG108, IG109 e IG148 non poderá ir alén do 31 de decembro de 2008.

    Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria das liñas anteriores aboaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e polos seguintes importes:

    Ver referencia pdf

    Quinto.-Convócanse en réxime de concorrencia competitiva as seguintes liñas de axuda da base reguladora de axudas a proxectos colaborativos de carácter empresarial, cuxo prazo de presentación de solicitudes se abrirá o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia; no caso de coincidir en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela o prazo comezará o día hábil seguinte, e pecharase o 5 de xuño 2008, agás para o procedemento IG122 que rematará o 12 de maio de 2008:

  8. Proxectos de servizos mancomunados (Procedemento IG115-Artigo 5).

  9. Proxectos de benchmarking empresarial (Procedemento IG116-Artigo 6.1.1).

  10. Proxectos de cualificación profesional (Procedemento IG117-Artigo 6.1.2).

  11. Proxectos tutelados de intercambio de experiencia para a innovación (Procedemento IG118-Artigo 6.1.3).

  12. AEI: proxectos de elaboración de plans estratéxicos, de innovación e competitividade, ou de internacionalización, cooperativos (Procedemento IG119-Artigo 7.1.1).

  13. AEI: posta en marcha e implantación de plans cooperativos previamente consensuados (Procedemento IG122-Artigo 7.1.3).

    O prazo de execución dos proxectos previstos nos procedementos IG116, IG118, IG119 e IG122 non poderá ir alén do 31 de decembro de 2008.

    Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria das liñas anteriores aboaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e polos seguintes importes:

    Ver referencia pdf

    Sexto.-Para todos os créditos especificados nesta convocatoria resérvase un 10% para proxectos localizados nos municipios da Costa da Morte, e outro 10% para proxectos localizados na comarca de Valdeorras, que figuran nos anexos IV e V, respectivamente, das bases reguladoras dos incentivos económicos do Igape. Así mesmo, para os proxectos localizados nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, que figuran no anexo III das bases reguladoras dos incentivos económicos do Igape, agás os indicados no punto terceiro para IG100 e IG101, resérvase outro 10% deles. No caso de que os proxectos aprobados non esgoten os créditos reservados, o remanente aplicarase aos restantes proxectos.

    Sétimo.-Á vista do volume das solicitudes presentadas para cada liña e mediante resolución, o director xeral do Igape poderá redistribuír entre elas os créditos aprobados, os cales tamén poderán ser ampliados e as partidas orzamentarias modificadas mediante resolución publicada para o efecto.

    Oitavo.-Os requisitos das letras c), e) e l) do artigo 20.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, indícanse nas bases reguladoras dos incentivos económicos do Igape anexas a esta resolución e os requisitos das letras f), h), i), j), k), m) e n) do citado artigo indícanse nas bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape, as cales se anexan a esta resolución.

    Noveno.-Quedan derrogadas as bases reguladoras dos incentivos económicos do Igape feitas públicas mediante Resolución do 9 de marzo de 2007 (DOG nº 59, do 23 de marzo), sen prexuízo da tramitación conforme á súa regulación dos expedientes presentados ao abeiro das súas convocatorias ata a súa completa finalización e arquivo. Poderán presentarse solicitudes ao abeiro das convocatorias en concorrencia competitiva abertas na data de publicación desta resolución ata a data de peche de presentación de solicitudes prevista nas respectivas convocatorias. Os expedientes presentados tramitaranse de conformidade coa normativa referenciada na convocatoria. Así mesmo, péchase o prazo de presentación de solicitudes para os programas tramitados en concorrencia non competitiva publicados mediante Resolución do 9 de marzo de 2007 (DOG nº 59, do 23 de marzo), isto é, os identificados polos códigos IG100, IG101 e IG106.

    Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2008.

    Álvaro Álvarez-Blázquez Fernández

    Director xeral do Instituto Galego de Promoción

    Económica

    Bases reguladoras dos incentivos económicos do Igape

    O marco estratéxico previsto para o desenvolvemento da Comunidade Autónoma galega para os vindeiros anos (Mecega) inclúe nas súas propostas:

    -O impulso e dinamización da economía facendo de Galicia un lugar máis atractivo para investir e traballar.

    -O incremento da competitividade do tecido produtivo galego a través do coñecemento e a innovación.

    -O aumento da cohesión social e territorial de Galicia mellorando os niveis de cualificación, a calidade do emprego e a inclusión social.

    -O reforzo da relación entre crecemento e desenvolvemento sustentable.

    O Instituto Galego de Promoción Económica, no cumprimento das súas funcións, está chamado a desempeñar un papel esencial no desenvolvemento de programas e iniciativas que contribúan de xeito salientable a acadar os obxectivos económicos estratéxicos da comunidade galega.

    En consecuencia, coa finalidade principal de incrementar, manter e dinamizar a actividade económica na comunidade autónoma, favorecer o desenvolvemento equilibrado do territorio galego e lograr o incremento do emprego, a través do desenvolvemento e mellora da competitividade das empresas existentes, así como coa creación e posta en marcha de novas iniciativas empresariais; o Igape publicou no mes de marzo de 2007 un sistema de incentivos á actividade empresarial en Galicia, incidindo nos distintos eixes que considera estratéxicos, para a cobertura enfocada dos procesos de creación de empresas, dos procesos de consolidación e mellora continua de empresas existentes, especialmente das Pemes, así como para prestar atención específica a proxectos de maior esforzo investidor con creación de emprego estable, procurando tamén incidir na concienciación das Pemes sobre aspectos ligados ao coñecemento e ás necesidades nos distintos eidos de actuación que deben contribuír a un futuro mellor e máis sólido do tecido empresarial.

    Xunto cos incentivos á dinamización empresarial, creación de emprego estable, riqueza e coñecemento dirixidos ás empresas individualmente, cómpre facer un esforzo específico en prol da colaboración e cooperación interempresarial incentivando proxectos e iniciativas promovidas e coordinadas por organismos intermedios de carácter empresarial e, especialmente, aquelas levadas a cabo por agrupacións empresariais innovadoras que presenten un maior potencial de dinamización empresarial e arrastre da economía global.

    Á vista da experiencia na xestión das liñas de axuda publicadas, mantendo unha vixilancia constante sobre os procesos e as necesidades empresariais, cómpre actualizar, focalizar e complementar o esquema, na procura da maior eficacia na dinamización empresarial, introducindo novidades e modificacións que, en esencia, se poden resumir nas seguintes:

    -Incremento dos niveis de apoio, aplicables a un abano máis amplo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR