RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2013, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publican as bases que rexen a convocatoria de concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter estatal.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorVicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Rango de LeyResolución

De conformidade co disposto na disposición adicional segunda da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, que no seu número 5 regula a provisión de postos reservados a funcionarios con habilitación de carácter estatal e dispón que as comunidades autónomas, no seu ámbito territorial, regularán as bases comúns do concurso ordinario, así como a porcentaxe de puntuación que corresponda a cada un dos méritos enumerados no dito precepto, e de acordo co establecido no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/das funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, e na Orde do 10 de agosto de 1994 pola que se ditan normas sobre concursos de provisión de postos reservados a estes funcionarios (BOE nº 192, do 12 de agosto), e demais normativa concordante, esta dirección xeral

DISPÓN:

Dar publicidade á convocatoria do concurso ordinario de Galicia de traslados para a provisión dos postos de traballo reservados a persoal funcionario con habilitación de carácter estatal vacantes nas entidades locais, de conformidade coas bases comúns polas que se debe rexer o concurso, que se publican no anexo I, e a relación de bases, méritos autonómicos, méritos específicos e comisións avaliadoras aprobados por cada unha das corporacións locais que se mencionan no anexo II.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2013

P.D. (Orde do 22 de setembro de 2011; DOG número 194, do 10 de outubro)José Norberto Uzal TresandíDirector xeral de Administración Local

ANEXO IBases comúns

Primeira. Postos

Ofrécese neste concurso os postos vacantes reservados a funcionarios con habilitación de carácter estatal naquelas corporacións que aprobaron as bases específicas.

Segunda. Participación

  1. Os funcionarios con habilitación de carácter estatal, así como os funcionarios non integrados nas actuais subescalas, pertencentes aos extinguidos corpos nacionais de secretarios, interventores e depositarios da Administración local a que se refire a disposición transitoria primeira, 1, do Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, poderán concursar aos postos que se ofrecen, nos termos seguintes:

    – Os secretarios de primeira, a postos reservados á subescala de secretaría, categoría superior.

    – Os secretarios de segunda, a postos reservados á subescala de secretaría, categoría de entrada.

    – Os secretarios de terceira, a postos reservados á subescala de secretaría-intervención.

    – Os secretarios de concellos a extinguir, ás secretarías de concellos con poboación que non exceda os 2.000 habitantes.

    – Os interventores, a postos reservados á subescala de intervención-tesouraría, categoría superior, pero unicamente a postos de intervención e

    – Os depositarios, a postos reservados á subescala de intervención-tesouraría, pero unicamente a postos de tesouraría.

  2. Non poderán concursar:

    1. Os funcionarios inhabilitados e os suspensos en virtude de sentenza ou resolución administrativa firmes, se non transcorrese o tempo sinalado nelas.

    2. Os funcionarios destituídos nos termos que estableza a normativa e durante o período a que se estenda a destitución.

    3. Os funcionarios que non leven dous anos no último destino obtido con carácter definitivo por concurso en postos reservados, agás que sexa a postos reservados á súa subescala e categoría na mesma corporación ou se atopen nos supostos de remoción ou supresión de postos.

    4. Os demais supostos previstos na normativa autonómica.

    Terceira. Documentación e prazo para participar

  3. No prazo de quince días naturais a partir da publicación deste concurso no DOG, os funcionarios con habilitación de carácter estatal que desexen tomar parte nel dirixirán á corporación local do posto a que concursan a seguinte documentación:

    – Solicitude de participación comprensiva de declaración xurada de non estar incurso nalgunha das circunstancias a que se refire o artigo 28.2 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

    – Documentación acreditativa dos méritos de determinación autonómica de acordo co que establece a base quinta desta resolución, así como os específicos de cada posto nos termos que se indican no anexo II.

  4. Os concursantes a dous ou máis postos presentarán solicitude e documentación acreditativa dos méritos de determinación autonómica en todas as corporacións en que soliciten postos. Así mesmo, os concursantes a dous ou máis postos presentarán en idéntico prazo de quince días naturais orde de prelación de adxudicacións ante a Dirección Xeral de Administración Local. A orde de prelación será única e comprensiva da totalidade de postos solicitados, así mesmo, se se concursa a unha ou varias subescalas e categorías. A formulación da orde de prelación, cuxo único obxecto é evitar a adxudicación simultánea de varios postos a un mesmo concursante, non substituirá a solicitude de participación dirixida a cada corporación local. De non ser comunicado, suporá a exclusión do/da concursante no proceso.

  5. A solicitude de participación e a folla de prelación de adxudicacións presentaranse conforme os modelos que se achegan nos anexos III e IV.

  6. Os requisitos exixidos, así como os méritos, deberán reunirse na data correspondente á resolución da Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia.

    Cuarta. Coñecemento da lingua galega

    De conformidade co establecido no artigo 2 do Decreto 103/2008, do 8 de maio, nas bases do concurso ordinario exixirase como requisito o coñecemento do idioma galego, que se acreditará mediante a presentación coa solicitude de participación no concurso da documentación xustificativa de estar en posesión do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) ou do seu equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.

    A comisión de valoración do concurso realizará unha proba de carácter eliminatorio aos/ás aspirantes que non acrediten a posesión do Celga 4 ou equivalente.

    Esta proba, que se valorará co resultado de apto ou non apto, está destinada a avaliar un grao de coñecemento do galego equivalente ao exixido para a obtención do Celga 4 ou equivalente.

    Para a realización desta proba, a comisión de valoración incorporará asesores/as especialistas en lingua galega designados polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.

    Quinta. Méritos de determinación autonómica

    Méritos de determinación autonómica da Comunidade Autónoma de Galicia (Decreto 49/2009, do 26 de febreiro).

  7. Méritos.

    Os méritos relacionados co coñecemento das especialidades da organización territorial e do dereito propio de Galicia serán incluídos polas corporacións locais na respectiva convocatoria.

    Para tales efectos, o baremo de méritos autonómicos está constituído polos seguintes:

    – Experiencia profesional: consistente no exercicio de funcións na Administración autonómica ou nas entidades locais de Galicia que impliquen o coñecemento das especialidades da organización territorial e da normativa autonómica de Galicia.

    – Cursos de formación e perfeccionamento superados, homologados ou recoñecidos pola Escola Galega de Administración Pública e que teñan por obxecto a aprendizaxe das especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia.

    – Actividade docente: dirixida ao ensino das materias sobre organización territorial e normativa de Galicia, réxime local, procedemento administrativo, contratación pública, servizos públicos, urbanismo, persoal e réxime económico-financeiro das entidades locais en cursos organizados pola Escola Galega de Administración Pública ou en colaboración con esta.

    – Publicacións: en materias relativas ás especialidades de organización territorial e do dereito propio de Galicia.

  8. Valoración de méritos.

    A proporción que corresponde a cada unha das clases de méritos expresados no artigo anterior é a seguinte:

    – Experiencia profesional: ata un máximo de 0,90 puntos.

    – Cursos de formación e perfeccionamento: ata un máximo de 1,50 puntos.

    – Actividade docente: ata un máximo de 0,30 puntos.

    – Publicacións: ata un máximo de 0,30 puntos.

  9. Regras para a puntuación de méritos.

    Experiencia profesional: os servizos prestados valoraranse do seguinte xeito:

    – Servizos prestados como funcionarios de carreira con habilitación de carácter estatal en postos reservados nas entidades locais de Galicia:

    a.1) Da mesma subescala e categoría á cal se concursa: 0,03 puntos/mes.

    a.2) De distinta subescala e categoría á cal se concursa: 0,02 puntos/mes.

    – Servizos prestados no territorio da Comunidade Autónoma galega como funcionarios de carreira en postos non reservados a persoal funcionario con habilitación de carácter estatal:

    a.1) Do subgrupo A1: 0,01 puntos/mes.

    a.2) Do subgrupo A2: 0,005 puntos/mes.

    Máximo: 0,90 puntos.

    Cursos de formación e perfeccionamento: a valoración dos cursos, con exclusión dos que formen parte dos procesos selectivos correspondentes, efectuarase da forma seguinte:

    Teranse en conta, unicamente, os cursos impartidos pola Escola Galega de Administración Pública, universidades e organismos públicos dedicados á formación e perfeccionamento do persoal ao servizo das administracións públicas, que previamente fosen homologados ou recoñecidos pola Escola Galega de Administración Pública para os efectos deste artigo.

    Só se valorarán aqueles cursos que...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR