Resolución do 5 de maio de 2005, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do texto do convenio colectivo da empresa Faurecia Automotive España, S.A., fábrica de Ourense, para os anos 2005 e 2006.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyResolución

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Faurecia Automotive España, S.A., fábrica de Ourense, para os anos 2005 e 2006, código de convenio número 3200442, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28 de abril de 2005, subscrito con data do 22 de abril de 2005, en representación da parte económica pola empresa Faurecia Automotive España, S.A. (fábrica de Ourense), e pola parte social, en representación dos traballadores da factoría, polo comité de empresa e o delegado sindical da Confederación Intersindical Galega (CIG) e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e no Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 5 de maio de 2005.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo da empresa

Faurecia Automotive España, S.A. (fábrica de Ourense)

(Anos 2005 e 2006)

TÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1º Partes contratantes.

Este convenio colectivo foi negociado e subscrito pola empresa Faurecia Automotive España, S.A., (fábrica de Ourense), en representación da parte económica e polo comité de empresa e delegado sindical da Confederación Intersindical Galega (CIG) en representación dos/as traballadores/as, da factoría

de San Cibrao das Viñas (Ourense), co ámbito territorial e persoal que máis abaixo se indica.

Artigo 2º Ámbito territorial.

De acordo co establecido no artigo 83.1º do Estatuto dos traballadores, o ámbito territorial do convenio é o da empresa Faurecia Automotive España, S.A., fábrica de Ourense, situada no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, e calquera outro centro que no futuro se instale na provincia de Ourense durante a vixencia deste convenio.

Artigo 3º Ámbito persoal.

O convenio afecta a totalidade do persoal pertencente ao cadro de persoal da empresa, coas excepcións que a normativa vixente prevé.

Con respecto ao persoal con contrato de duración determinada, seralle de aplicación deste convenio colectivo, excepto naqueles aspectos del que colidan coa temporalidade deses contratos.

Artigo 4º Vixencia.

O convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, sen prexuízo do cal as condicións económicas se aplicarán a partir do día 1 de xaneiro de 2005.

Terá unha vixencia de 2 anos, a excepción daqueles aspectos do articulado que conteñan vixencias concretas, expirando o 31 de decembro de 2006.

Ambas as partes asinantes se comprometen a iniciar a negociación dun novo convenio un mes antes de finalizar a súa vixencia, sempre e cando se tivese denunciado o convenio con tres meses de anticipación ao seu vencemento.

Artigo 5º Prórroga e denuncia.

Este convenio prorrogarase pola tácita de ano en ano, de non mediar denuncia expresa por escrito dunha parte ante a outra, con tres meses de anticipación ao seu vencemento.

Artigo 6º Condicións e compensación de melloras.

As condicións contidas neste convenio colectivo se establecen co carácter de mínimas.

Todas as melloras que se implanten por normas legais ou outras serán compensables e absorbibles até onde alcance, cos aumentos e melloras existentes ou que se poidan establecer no futuro, sempre que en cómputo anual a suma das condicións do convenio sexan máis beneficiosas.

Artigo 7º Comisión paritaria do convenio.

En cumprimento do disposto no artigo 85.3º e) do Estatuto dos traballadores, a partir da entrada en vigor deste convenio crearase unha comisión paritaria para a interpretación do convido, integrada por tres representantes titulares, e tres vogais titulares e dous suplentes elixidos por e de entre os membros do comité de empresa, todos eles integrantes das respectivas comisións negociadoras deste convenio.

As reunións desta comisión celebraranse sempre que asista o 50% máis un, ao menos, dos membros que a compoñen e para reunirse, será suficiente que unha das partes o solicite. Entre esta solicitude e a reunión mediará un prazo de 48 horas, como mínimo.

Consideraranse como acordos da comisión aqueles que fosen aprobados por maioría dentro das dúas partes; as discrepancias serán reflectidas na acta.

Caso de non haber acordo, farase que reflita as diferenzas. En ambos os casos o ditame da comisión servirá de informe e asesoramento á dirección da empresa e aos traballadores afectados. A dirección resolverá o que ache procedente no prazo de oito días e notificarao a aqueles, por se deciden acudir coa súa reclamación ante a xurisdición competente.

A comisión paritaria queda habilitada para levar a cabo as actuacións administrativas que procedan para a adecuación deste convenio colectivo, ante unha eventual reordenación ou cambio de denominación xurídica da empresa.

A propia comisión establecerá as normas do seu funcionamento.

TÍTULO II

Persoal

Artigo 8º Cadros de persoal.

A empresa dará a coñecer no transcurso do mes de marzo de cada ano un rexistro do persoal ao servizo dela, ordenado polo seu número e facendo constar os seguintes datos: nome e número do traballador, categoría laboral, antigüidade nela e antigüidade na empresa, profesión ou oficio e servizo en que traballa.

Unha copia deste rexistro será entregada ao comité de empresa xunto cun anexo en que figurará un resumo do número de compoñentes de cada categoría.

Estes datos referiranse á situación laboral e profesional dos traballadores no 1 de xaneiro de cada ano de publicación do rexistro.

Respecto ás bases de cotización á Seguridade Social, observarase o disposto na normativa legal vixente.

Artigo 9º Persoal de novo ingreso (período de proba).

Ao persoal de novo ingreso faráselle un contrato de traballo por escrito e debe ficar no seu poder unha copia.

Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso serán os seguintes:

-Técnicos titulados: 6 meses.

-Técnicos non titulados: 2 meses.

-Administrativos: 1 mes.

-Subalternos: 1 mes.

-Aprendices e profesionais de oficio: 1 mes.

-Peóns e especialistas: 2 semanas.

Artigo 10º Categorías.

O persoal de Faurecia Automotive España, S.A., fábrica de Ourense, estará encadrado nas categorías profesionais que determina a ordenanza de traballo para a industria química e de conformidade coas definicións que figuran nos seus anexos. Á parte das diferentes categorías existentes na actualidade na empresa, esta poderá crear outras que supoñan unha adaptación ás características propias da empresa.

Artigo 11º Postos especiais do persoal horario.

Aínda dentro dunha determinada categoría existen postos de traballo de diferente valor que son retribuídos de maneira distinta, mediante a prima de cualificación de posto. Nos casos especiais en que aínda non é tecnicamente posible a medición do traballo e a aplicación dun incentivo directo, cunha prima de cualificación de posto, como son os reguladores especialistas e os xefes de equipo especialistas, a empresa manterá as primas fixas de cualificación de posto actualmente establecidas, e que de acordo coas posibilidades dos servizos técnicos, irán sendo substituídas polos sistemas de incentivos.

En calquera caso, e para un mesmo posto e un mesmo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR