Decreto 157/2005, do 26 de maio, sobre ordenación e funcionamento do Servizo de Gardacostas de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS
Rango de LeyDecreto

O Servizo de Gardacostas de Galicia, creado pola Lei 2/2004, do 21 de abril, ten encomendado e vén realizando, anteriormente como Servizo de Protección de Recursos creado pola Lei 6/1993, do 11 de maio, de regulación e ordenación da pesca marítima de Galicia, funcións de inspección, prevención e de corrección en materia de pesca, marisqueo e acuicultura, desde a súa primeira fase de produción e explotación ata a fase de comercialización nas súas diversas formas, realizando as actuacións necesarias para a protección dos recursos marítimo-pesqueiros e acuícolas co fin de garantir unha explotación racional deles.

Así mesmo, este servizo ten encomendadas funcións ou atribucións en materia de salvamento marítimo, velando polo cumprimento das normas de seguridade e actuando en caso de accidentes, sinistros ou emerxencias de calquera tipo que se producen no ámbito marítimo, e excepcionalmente noutros ámbitos que requiren a súa colaboración e participación, sendo durante moitos anos a única comunidade autónoma que prestaba e segue prestando na actualidade, ese servizo á sociedade galega e demais cidadáns que precisan da súa intervención.

Xuntamente coas tarefas ou funcións anteriores, e non menos importantes, este servizo ten encomendada en virtude da súa Lei de creación 2/2004, do 21 de abril, a realización de actuacións necesarias en materia de loita contra a contaminación mariña accidental, a través da prevención, detección, minoración e eliminación das verteduras ao mar empregando todos os medios apropiados nestas actuacións.

As particularidades das actuacións que levarán a cabo os membros deste servizo exixen que no desenvolvemento do seu traballo e no cumprimento das funcións que teñen asignadas, estes teñan un tratamento específico en canto ao seu réxime de traballo, de dispoñibilidade, de nocturnidade, de traballo a quendas, de perigosidade e penosidade, de celeridade nas súas actuacións, de identificación e de compensacións económicas, que modaliza o réxime xeral dos traballadores e traballadoras da función pública galega.

Por todo o exposto é polo que, por proposta do conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, de conformidade co Consello Consultivo, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e seis de maio de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Obxecto.

Este decreto ten por obxecto a ordenación e a regulación do funcionamento do Servizo de Gardacostas de Galicia ao que lle corresponde exercer a vixilancia do cumprimento da lexislación vixente en materia de pesca, marisqueo, acuicultura, control do medio mariño, prevención e loita contra a contaminación mariña e salvamento marítimo consonte o réxime competencial constitucional e estatutariamente establecido, sendo os seus principios básicos de actuación os sinalados no artigo 2 da súa lei de creación.

Artigo 2º Da colaboración.

O conselleiro competente en materia de pesca poderá asinar convenios de colaboración, acordos ou protocolos de actuación con outras administracións, entidades ou empresas co obxecto de levar a cabo unha actuación coordinada para o exercicio das funcións establecidas neste decreto, en especial coas forzas e corpos de seguridade.

Artigo 3º Das relacións funcionais.

O Servizo de Gardacostas de Galicia adecuará a súa organización e funcionamento ao principio de xerarquía. Os seus membros deberán respecto e obediencia ás autoridades e superiores xerárquicos, acatar as súas ordes con exacta disciplina, tratar con esmerada corrección ao público e aos funcionarios subordinados e facilitarlles a estes o cumprimento das súas obrigas.

Capítulo II

Organización

Artigo 4º Da estrutura operativa.
  1. O Servizo de Gardacostas de Galicia queda adscrito á Consellería competente en materia de pesca co rango de subdirección xeral.

  2. O Servizo de Gardacostas estruturarase en servizos centrais e periféricos, organizándose estes en xefaturas territoriais das que dependerán funcionalmente as unidades operativas.

  3. Correspóndelles aos órganos centrais, ademais das funcións que lles corresponden a todos os membros do Servizo de Gardacostas de Galicia, as seguintes:

    1. O establecemento das estratexias e directrices do Servizo de Gardacostas.

    2. A programación xeral das actuacións do Servizo de Gardacostas, en todos os seus aspectos.

    3. O seguimento, coordinación e control das actividades programadas.

    4. A programación e colaboración de actividades formativas dirixidas aos membros do Servizo de Gardacostas de Galicia.

    5. A elaboración, revisión e actualización de protocolos de actuacións nas operacións en que participen ou teñan atribuídas os membros do Servizo de Gardacostas de Galicia.

    6. En xeral, a execución, coordinación e seguimento de actuacións ou actividades que se poidan encomendar ao Servizo de Gardacostas de Galicia por razón da materia atribuída por lei a este departamento.

  4. Correspóndelles aos órganos periféricos do Servizo de Gardacostas de Galicia ademais das funcións que lles corresponden a todos os membros do Servizo de Gardacostas de Galicia, e dentro do ámbito de actuación que teñan encomendado, as seguintes funcións:

    1. Cumprir a programación establecida.

    2. Dar conta, segundo se estableza no protocolo de actuación, aos servizos centrais das súas actuacións.

    3. Colaborar cos servizos de asistencia técnica-científica nas actividades de recollida de información no medio marítimo e na realización de campañas oceanográficas e pesqueiras, nas augas competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

    4. Todas aquelas que lles sexan encomendadas, de acordo coa súa escala de pertenza, pola autoridade competente co fin de garantir o cumprimento da legalidade nas materias que lle son propias ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

    Excepcionalmente, por causa de forza maior ou razón grave asimilable, poderán realizar funcións fóra do seu ámbito territorial de actuación.

Artigo 5º Dos tipos de persoal.

O Servizo de Gardacostas contará con persoal de Administración especial pertencente ás escalas técnica, executiva e de axentes, e con persoal de Administración xeral chamado a desenvolver funcións administrativas e de apoio.

O persoal de Administración especial do Servizo de Gardacostas de Galicia está formado por tres escalas:

  1. A escala técnica.

  2. A escala executiva

  3. A escala de axentes.

Os postos reservados a estas escalas terán a denominación de: inspector xefe ou inspectora xefa, inspector ou inspectora, subinspector ou subinspectora maior, subinspector ou subinspectora, oficial de gardacostas e axente de gardacostas.

Artigo 6º Da escala técnica.
  1. Corresponderalle á escala técnica do Servizo de Gardacostas de Galicia o desempeño das funcións de dirección, planificación e execución das actuacións do Servizo de Gardacostas.

  2. En concreto, son funcións do persoal da escala técnica:

  1. Ordenar as actuacións que se realizarán nas materias de custodia, protección, vixilancia, defensa e control dos recursos mariños de Galicia, salvamento e loita contra a contaminación mariña, impartindo as instrucións necesarias para a súa efectiva execución.

  2. Obter e transmitirlles aos superiores xerárquicos a información necesaria para a programación das actuacións que realizará o Servizo de Gardacostas no cumprimento das súas funcións.

  3. Proporlles aos seus superiores xerárquicos a adopción das medidas preventivas ou paliativas que procedan.

  4. Dirixir a execución das actuacións das escalas executiva e de axentes, impartindo as instrucións que procedan para a súa efectiva realización.

  5. Transmitirlles ás escalas executiva e de axentes as ordes de execución de actos administrativos cando así se estableza por disposición ou resolución expresa do órgano competente.

  6. Executar materialmente as actuacións que, pola súa complexidade técnica, deban ser asumidas por esta escala.

  7. Calquera outra que lle poida corresponder consonte a lexislación vixente

Artigo 7º Da escala executiva.
  1. Corresponderalle á escala executiva o desempeño das funcións de coordinación, participación e execución das actuacións do Servizo de Gardacostas.

  2. En concreto, son funcións do persoal da escala executiva:

  1. Executar as misións de custodia, protección, vixilancia, defensa e control dos recursos mariños de Galicia, salvamento e loita contra a contaminación mariña que lles sexan encomendadas.

  2. Dirixir á escala de axentes na realización das súas funcións.

  3. Acadar e transmitirlles aos seus superiores xerárquicos a información necesaria para a planificación dos servizos.

  4. Participar na formulación dos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR