Orde do 30 de maio de 2005 pola que se establecen os criterios para o recoñecemento dos deportistas galegos de alto nivel, en desenvolvemento do Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO
Rango de LeyOrde

O Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro, regula a cualificación dos deportistas galegos de alto nivel e os programas de beneficios dirixidos a estes.

Na alínea «e» do artigo 3 do referido decreto, destinatarios e requisitos, establécese a necesidade de acreditar o nivel deportivo exixido na modalidade practicada, especificándose que este nivel se ten que acreditar conforme os criterios que, para estes efectos, se publiquen, unha vez consultadas as federacións deportivas galegas, por resolución da consellería competente en materia de deporte.

Publicaríase así, a Orde do 20 de xaneiro de 2004 pola que se desenvolvía o Decreto do 8 de xaneiro, establecéndose os primeiros criterios para o recoñecemento da condición de deportista galego de alto nivel.

Coa experiencia adquirida tras os anteriores procedementos de recoñecemento de deportistas, os cales rematarían coa publicación das correspondentes listas de deportistas recoñecidos como deportistas galegos de alto nivel, consultadas as federacións deportivas galegas e, a proposta da comisión galega de avaliación e seguimento dos deportistas galegos de alto nivel, creuse axeitado proceder á modificación do anexo da anterior orde de criterios, coa pretensión de gañar en homoxeneidade e cohe

rencia vistas as exixencias e particularidades que concorren en cada deporte.

Os principais cambios afectan aos resultados obtidos en campionatos de España, aos obtidos en campionatos do Mundo no caso das probas olímpicas, e á participación nos Xogos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR