Decreto 107/2004, do 27 de maio, polo que se declara ben de interese cultural, coa categoría de monumento, o mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, no concello de Lousame.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO
Rango de LeyDecreto

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, por Resolución do 2 de decembro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 24 de decembro) incoou expediente para a declaración de ben de interese cultural a favor do mosteiro de San Xusto de Toxosoutos.

A tramitación do expediente levouse a cabo segundo o establecido na Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e demais disposicións vixentes.

Tendo en conta o disposto no artigo 12 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e sete de maio de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Declarar ben de interese cultural, coa categoría de monumento, o mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, concello de Lousame.

Artigo 2º

A zona afectada pola declaración é a comprendida na delimitación escrita contida no anexo I e no plano recollido no anexo II.

Artigo 3º

Este decreto será notificado ao Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, ao Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, ao concello de Lousame e aos demais interesados no expediente.

Artigo 4º

Este decreto será publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de maio do 2004.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo

ANEXO I

O contorno de protección do mosteiro de San Xusto de Toxosoutos de Lousame (A Coruña) queda defi

nido pola liña que une os puntos A-B-C-D-E, estando o punto A situado na estrada Santiago de Compostela-Noia, xunto ao camiño de acceso ao mosteiro.

A-B: tramo da estrada Santiago de Compostela-Noia ata o vértice E da parcela 5396a do polígono catastral 504 Z-2.

B-C: liña quebrada que coincide cos lindeiros das parcelas 5396a, 5404a, 314, 312a e 291 do polígono catastral 504 Z-2, ata o río San Xusto...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR