Decreto 82/2010, do 6 de maio, polo que se aproba a modificación dos estatutos do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

De acordo co establecido no artigo 150.2º da Constitución española, a Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, de transferencia de competencias á Comunidade Autónoma galega, transfire no marco da lexislación básica do Estado, o desenvolvemento lexislativo e a execución en materia de corporacións de dereito público representativas de intereses económicos e profesionais.

A transferencia en materia de colexios oficiais ou profesionais fíxose efectiva a través do Real decreto 1643/1996, do 5 de xullo, e foi asumida polo Decreto 337/1996, do 13 de setembro, da Xunta de Galicia, tendo a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza asignadas competencias nesta materia, en virtude do Decreto 303/2009, do 21 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da citada consellería.

A Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, ditada en virtude da devandita competencia, dispón no seu artigo 18 que os colexios profesionais comunicaranlle á consellería competente en materia de colexios profesionais os estatutos aprobados, así como as modificacións para os efectos da súa aprobación definitiva, logo da cualificación de legalidade, e inscrición no Rexistro de Colexios Profesionais e de Consellos Galegos de Colexios Profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Dando cumprimento a esta disposición, o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, que foi creado pola Lei 10/2006, do 1 de decembro, acordou en asemblea xeral do 13 de xuño de 2009 a modificación dos seus estatutos aprobados polo Decreto 112/2008, do 15 de maio, co obxecto de mellorar a operatividade do seu funcionamento.

As modificacións estatutarias foron comunicadas á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, para os efectos da súa cualificación de legalidade e posterior aprobación definitiva, segundo establece o artigo 18 da Lei 11/2001, do 18 de setembro.

Tendo en conta o exposto, e verificada a adecuación á legalidade dos devanditos estatutos, en uso das facultades que me foron conferidas, polo artigo 34.5º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo da deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do seis de maio de dous mil dez

DISPOÑO:

Artigo único Aprobar a modificación parcial dos estatutos do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, que figuran, en versión consolidada, como anexo a este decreto.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, seis de maio de dous mil dez.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Estatutos do Colexio Profesional de Enxeñaría en

Informática de Galicia

Título I

Disposicións xerais

Artigo 1º Natureza xurídica.
  1. O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (no sucesivo, o Colexio) é unha corporación de dereito público e de carácter profesional, amparada pola lei, con personalidade xurídica propia, que se rexerá polas leis e disposicións vixentes na materia e polas prescricións destes estatutos.

  2. O Colexio ten plena capacidade para o cumprimento dos seus fins. En consecuencia, e de acordo coa legalidade vixente, pode adquirir, vender, allear, posuír, reivindicar, permutar, gravar toda clase de bens e dereitos, realizar contratos, subscribir convenios, obrigarse e exercer accións e interpor recursos en todas as vías e xurisdicións para o cumprimento dos seus fins.

  3. O Colexio funcionará baixo o principio de estrutura interna democrática, independente das administracións públicas, sen prexuízo das relacións de dereito público que con elas lle correspondan.

Artigo 2º Relacións coa Administración.

O Colexio, nas cuestións relativas aos aspectos institucionais e corporativos, relaciónase coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia a través da consellería competente en materia de colexios profesionais e, nas cuestións referentes ao contido da profesión ou actividade profesional, coa consellería competente por razón da materia.

Artigo 3º Ámbito territorial e domicilio.

O ámbito territorial do Colexio é o correspondente á Comunidade Autónoma de Galicia. O seu domicilio e sede establécese no Centro Empresarial Compostela; rúa Fernando III O Santo, 32 baixo, 15701 Santiago de Compostela. A Asemblea Xeral poderá, en todo caso, acordar unha nova sede dentro do ámbito territorial, coa correspondente modificación estatutaria.

Artigo 4º Membros do Colexio.
  1. O Colexio agrupará obrigatoriamente todas as persoas españolas e estranxeiras que, por estaren en posesión do título oficial de Enxeñaría en Informática ou licenciatura en Informática expedido polo Estado, ou dos títulos comunitarios ou estranxeiros que se homologuen a estes, desenvolvan actividades propias da profesión ou exerzan función ou cargo en razón dos devanditos títulos con domicilio profesional na Comunidade Autónoma de Galicia. Estes serán os chamados membros ou colexiados/as de número.

  2. Exceptúanse da colexiación obrigatoria os profesionais vinculados coa Administración pública mediante relación de servizos de carácter administrativo ou laboral, cando o destinatario da súa actuación, ben sexa para o exercicio de funcións puramente administrativas, ben para a realización de actividades propias da profesión por conta da Administración a que pertenza, sexa esa Administración.

  3. Os membros xubilados poderán seguir pertencendo ao Colexio, de pleno dereito, sen que para iso sexa necesario satisfacer as cotas colexiais de carácter obrigatorio.

  4. O Colexio ten en conta tamén os membros ou colexiados/as de honra, que serán aquelas persoas, pertencentes ou non á profesión, que lle rendan ou rendesen servizos destacados a este ou á profesión. Este título será outorgado, mediante acordo da Asemblea Xeral, por proposta da Xunta de Goberno.

  5. De conformidade co disposto no artigo 2.3º da Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, abondará coa colexiación nun só colexio territorial, que será o do domicilio profesional único ou principal. O exercicio no ámbito territorial doutro colexio diferente ao de adscrición deberá comunicarse mediante o procedemento que se regula no artigo 12 destes estatutos.

  6. Poderanse dar de alta como precolexiadas as persoas que estean cursando os estudos de enxeñaría en informática e teñan acadado un mínimo do 80 por cento dos créditos.

  1. Terán todos os dereitos do/da colexiado/a, excepto:

    -Posibilidade de participación en órganos de goberno.

    -Voto nas asembleas.

    -Todos aqueles que para a súa utilización requiran da posesión da titulación e o Colexio poña á disposición dos/das colexiados/as para o desenvolvemento da súa profesión como titulados/as. Todo iso con base no regulamento interno e nas decisións do goberno do colexio.

  2. Terán tamén todos os deberes do/da colexiado/a, excepto aqueles relacionados co desenvolvemento da profesión como titulados/as.

  3. Deberán xustificar anualmente, e cando o Colexio o requira, a continuidade da situación que o/a habilita como precolexiado/a.

  4. Terán a obriga de notificar, nun prazo dun mes, a baixa da condición que o/a habilita como precolexiado/a.

Artigo 5º Fins.
  1. Son fins esenciais do Colexio os que a título enunciativo e non limitativo se relacionan a seguir:

    1. A ordenación, no ámbito da súa competencia e de acordo co establecido polas leis, do exercicio da profesión da enxeñaría en informática en...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR