Decreto 85/2006, do 18 de maio, polo que se modifica o Decreto 75/1997, do 10 de abril, polo que se crea a Medalla da Xunta de Galicia ao mérito da policía local.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

En cumprimento da previsión contida no artigo 28 da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais de Galicia, foi creada polo Decreto 75/1997, do 10 de abril, a Medalla da Xunta de Galicia ao mérito da policía local da Comunidade Autónoma de Galicia.

Como consecuencia da nova estrutura orgánica da Xunta de Galicia, establecida polos decretos 211/2005, do 3 de agosto, e 232/2005, do 11 de agosto, considérase necesario adaptar as disposicións contidas no devandito Decreto 75/1997 que resultan afectadas pola nova estrutura da Xunta de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de maio de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único Modifícanse os artigos 10, 12, 13, 18 e a disposición derradeira única do Decreto 75/1997, do 10 de abril, polo que se crea a Medalla da Xunta de Galicia ao mérito da policía local, que quedarán redactados nos seguintes termos:

Artigo 10º.-A solicitude dirixirase ao titular da dirección xeral competente en materia de interior. No suposto de que se considere insuficiente ou incompleta a documentación recibida, poderase reclamar a información e/ou documentación complementaria.

Artigo 12º.-Para a concesión das medallas reguladas neste decreto crearase unha comisión de avaliación, que estará composta por:

Presidente:

-O secretario xeral da consellería competente en materia de interior.

Vogais:

-O titular da dirección xeral competente en materia de réxime local.

-O director do organismo da Xunta de Galicia con competencias en materia de formación de policía local.

-O titular da dirección xeral competente en materia de interior.

-Un representante da asociación máis representativa das entidades locais galegas.

-Un representante dos sindicatos, que deberá ser membro da Comisión de Coordinación das Policías Locais.

Secretario:

-Un funcionario designado polo presidente da comisión.

Artigo 13º.-Recibidas as peticións, a comisión de avaliación, unha vez analizadas e estudadas, elevaralle a proposta ao titular da consellería competente en materia de interior, que resolverá.

De consideralo necesario, a comisión de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR