Decreto 135/2004, do 17 de xuño, polo que se crea o Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Rango de LeyDecreto

O material de base para a produción de material de reprodución forestal é un elo natural, indispensable, nos entramados e nos fluxos que conforman os ecosistemas forestais. Ademais dos procesos de rexeneración natural dos montes arborados, o home interviu desde tempo inmemorial na creación artificial de plantíos, masas e montes arborados mediante sementeiras directas de sementes ou de implantacións, segundo as características vexetativas de cada especie e da súa adaptación ás condicións do terreo e da estación.

Así, na actualidade, o material de reprodución forestal, isto é, sementes, plantas, partes de plantas, e a xenética forestal forman unha unidade instrumental indispensable para a aplicación de calquera política forestal e para contribuír a que a evolución dos sistemas forestais alcancen formas ou esquemas máis acordes coas demandas da sociedade. Para iso, os materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución a empregar en silvicultura deben reunir características de calidade exterior e xenéticas que contribúan, mediante a súa adaptación ás condicións estacionais da implantación e a misión que propón o promotor coa súa actuación, que esta alcance os seus propios obxectivos, xa sexan de carácter produtivo (madeireiro, froito, ...) ou doutro ámbito.

Por outra parte, a Comunidade Europea promulgou a Directiva do Consello 66/404/CEE do 14 de xuño de 1966 relativa á comercialización dos materiais forestais de reprodución, que afecta a un determinado número de especies arbóreas forestais de gran interese para o sistema forestal galego, e a Directiva 1999/105/CE do Consello do 22 de decembro de 1999 sobre comercialización de materiais forestais de reprodución, que entrou en vigor o pasado día 1 de xaneiro de 2003 derrogando a normativa precedente. A nova directiva regula practicamente a comercialización de todos os materiais de reprodución empregados na silvicultura galega, xa sexan autóctonos ou alóctonos, tales como Castanea sativa Mill., Pinus pinaster Ait., Pinus radiata D. Don., Pinus sylvestris L., Quercus robur L., Quercus petraea Liebl., Prunus avium L., Fraxinus angustifolia Vahl., Fraxinus excelsior L. ou Prunus avium L.

Pola súa parte, o Ministerio da Presidencia por medio do Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, sobre comercialización dos materiais forestais de reprodución, incorpora ao ordenamento español a mencionada Directiva 1999/105/CE, así como as peculiaridades da nosa situación forestal que esta

ban previstas no Real decreto 1356/1998, e derroga á vez as ordes do 21 de xaneiro de 1989 do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación así como o mencionado Real decreto 1356/1998, que, respectivamente, regulaban por un lado a comercialización dos materiais forestais de reprodución e as normas de calidade exterior dos materiais forestais de reprodución e por outro establecía as normas aplicables á produción, comercialización e utilización dos materiais forestais de reprodución das especies non sometidas á normativa comunitaria naquel momento.

O artigo 2, relativo a definicións, do mencionado Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, recolle expresamente que a autoridade competente para a execución das operacións necesarias para a autorización dos materiais de base e para o control da produción con vistas á comercialización dos materiais forestais de reprodución é o órgano competente da respectiva comunidade autónoma. No dito artigo no seu apartado b), establécense os distintos tipos de unidades de material de base para produción de material forestal de reprodución. O artigo 7 do mesmo real decreto crea o Rexistro Nacional de Materiais de Base das especies reguladas por el e establece os datos que deben figurar no mesmo; loxicamente, na elaboración dese rexistro deben colaborar os órganos competentes das comunidades autónomas.

Nesta situación, corresponde á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia a autorización dos materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución identificados, seleccionados, cualificados e seleccionados que se obteñan en Galicia, polo que se estima oportuno para estes efectos regular o procedemento para autorización de materiais de base, crear un Rexistro Administrativo de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución, establecendo os datos que debe conter. Dada a relación de especies forestais e híbridos artificiais incluídas nos anexos I e XII do Real decreto 289/2003, non se considera oportuno ampliar estas relacións con outras especies ou híbridos que requiran autorización e rexistro para a súa utilización no mercado interior galego.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de xuño de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º Creación do Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.
  1. Créase o Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.

  2. Neste rexistro inscribiranse os materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución das categorías identificado, seleccionado, cualificado e controlado, segundo o disposto no artigo 2 l) do Real decreto 289/2003, das especies forestais e dos seus híbridos artificiais que se...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR