Decreto 70/2008, do 27 de marzo, sobre distribución de competencias entre os órganos da Administración autonómica galega para a imposición de sancións nas materias laborais, de prevención de riscos e por obstrución do labor inspector.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE TRABALLO
Rango de LeyDecreto

O artigo 48.5º do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto (RCL 2000, 1804, 2136), dispón que o exercicio da potestade sancionadora respecto das infraccións da orde social, cando lle corresponda á Administración das comunidades autónomas con competencia en materia de execución da lexislación da orde social, exercerano os órganos cos límites de distribución que determine cada comunidade autónoma. Este real decreto foi actualizado en canto á contía das sancións polo Real decreto 306/2007, do 2 de marzo.

O Estatuto de autonomía de Galicia establece, no seu artigo 29.1º, que lle corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia a execución da lexislación do Estado en materia laboral, asumindo as facultades, competencias e servizos que neste ámbito, e a nivel de execución, lle corresponden ao Estado respecto ás relacións laborais, sen prexuízo da alta inspección deste. É sendo unha das materias integradas na mencionada función executiva a correspondente á imposición de sancións por infraccións na orde social.

Esta competencia de execución foi traspasada á Comunidade Autónoma por Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado en materia de traballo.

Ao amparo do anterior, e conforme a normativa substantiva, procedemental e orgánica vixente, ditouse o Decreto 376/1996, do 17 de outubro, sobre distribución de competencias entre os órganos da Xunta para a imposición de sancións por infraccións nas materias laborais, de prevención de riscos e por obstrución do labor inspector.

Porén, desde entón, producíronse varias modificacións que afectaron tanto a organización da Xunta de Galicia coma a normativa reguladora das infraccións na orde social e que determinaron a aprobación do Decreto 211/2003, do 3 de abril, polo que se levou a cabo a nova distribución da potestade sancionadora en materia laboral e social entre distintos órganos da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Novas modificacións producidas tras o decreto sinalado volven aconsellar a modificación da normativa de que se trata. Así, a entrada en vigor do Real decreto 306/2007, do 2 de marzo, que actualiza as contías das sancións establecidas no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións.

E tamén a reestruturación orgánica levada a cabo polo Decreto 211/2005, do 3 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, Decreto 232/2005, do 11 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, e o Decreto 536/2005, do 6 de outubro, polo que se...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR