Decreto 213/2005, do 3 de agosto, polo que se nomean os titulares dos departamentos da Xunta de Galicia.

SecciónII. Autoridades e Persoal
EmisorPRESIDENCIA
Rango de LeyDecreto

Establecida a nova configuración dos departamentos que integran a Xunta de Galicia polo Decreto 211/2005, do 3 de agosto, procede a designación e o nomeamento dos seus titulares.

Na súa virtude, no uso das atribucións que me confiren o artigo 16, alínea 3, do Estatuto de autonomía de Galicia e o artigo 26, alínea 1, da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único Nomear titulares dos departamentos da Xunta de Galicia as persoas que a seguir se relacionan:

-Anxo Manuel Quintana González, vicepresidente da Igualdade e do Benestar.

-José Luis Méndez Romeu, conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

-José Ramón Fernández Antonio, conselleiro de Economía e Facenda.

-María José Caride Estévez, conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.

-Laura Elena Sánchez Piñón, conselleira de Educación e Ordenación Universitaria.

-Fernando Xabier Blanco Álvarez, conselleiro de Innovación e Industria.

-Alfredo Suárez Canal, conselleiro do Medio Rural.

-Ánxela Bugallo Rodríguez, conselleira de Cultura e Deporte.

-María José Rubio Vilar, conselleira de Sanidade.

-María Carmen Gallego Calvar, conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos.

-Manuel Vázquez Fernández, conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

-Ricardo Jacinto Varela Sánchez, conselleiro de Traballo.

-María Teresa Táboas Veleiro, conselleira de Vivenda e Solo.

...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR