Decreto 292/2004, do 18 de novembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

A Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, de transferencia de competencias á Comunidade Autónoma de Galicia, transfire a competencia exclusiva en materia de espectáculos públicos, sen prexuízo da competencia estatal sobre seguridade pública, de acordo co artigo 149 da Constitución.

O Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, recolle o traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de espectáculos públicos.

Por Decreto 336/1996, do 13 de setembro, a comunidade autónoma asume as funcións e servizos transferidos en materia de espectáculos públicos, e procede asignarlle as ditas funcións á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

A Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, constitúe a norma básica aplicable aos espectáculos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, que se ocupa dos espectáculos públicos na medida en que afectan a temas de orde pública. Anterior no tempo, continúa vixente o Real decreto 2816/1982, do 27 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas.

En relación co Regulamento xeral de policía de espectáculos, o paso do tempo e a evolución da sociedade no que fai ás formas de desfrutar o ocio, teñen dado lugar a aparición de novos locais e actividades recreativas que non foron recollidas, por inexistentes, na normativa do ano 82.

Por todo isto faise necesario elaborar un Catálogo de espectáculos e actividades recreativas que recolla as novidades, que defina as actividades e que, en definitiva, permita aos concellos e aos titulares de establecementos públicos dispor dun marco normativo estable que asegure os dereitos dos empresarios e dos usuarios de establecementos públicos e actividades recreativas.

A numerosa casuística de licenzas e autorizacións que están outorgando as administracións públicas competentes en materia de espectáculos, dá lugar a situacións de confusión e superposición de actividades recreativas ou de espectáculos públicos.

Cómpre, polo tanto, recoller unha definición do espectáculo, da actividade e do establecemento público que permita que no futuro os outorgamentos de licenzas e autorizacións se axusten e encaixen nos tipos establecidos no catálogo.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de novembro de dous mil catro,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións de carácter xeral

Artigo 1º Obxecto e ámbito de aplicación.
  1. Apróbase o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos públicos de Galicia, que se insire como anexo ao presente decreto.

  2. Este decreto será de aplicación aos espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos públicos dentro do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º Finalidade.
  1. Todas as licenzas e autorizacións que sexan outorgadas polas administracións locais e autonómica para a celebración de espectáculos públicos, desenvolvemento de actividades recreativas ou de apertura de establecementos públicos dedicados a esta materia, deberán axustarse, en canto á súa denominación e definición, ás recollidas neste catálogo. Os números identificativos da actividade ou espectáculo recollidos nesta norma deberán figurar nas licenzas outorgadas polos concellos.

  2. Nas licenzas que concedan os concellos deberán constar con exactitude os espectáculos ou actividades a que se dedique o establecemento ou recinto. Consideraranse espectáculos non regulamentados aqueles de carácter singular ou excepcional que polas súas características e natureza non se poidan acoller á normativa de espectáculos vixente en cada momento.

  3. Cando un espectáculo, actividade recreativa ou establecemento público non puidese incardinarse nalgunha das categorías enumeradas expresamente neste catálogo, a delegación provincial da consellaría competente en materia de espectáculos públicos resolverá, de modo provisorio, a súa asimilación dentro dunha das categorías xa existentes, para os sós efectos de definir as súas obrigas e dereitos como establecemento público que desenvolve un espectáculo ou actividade recreativa. A situación provisoria durará ata a modificación do catálogo para incorporar a nova categoría.

Capítulo II

Réxime dos espectáculos e actividades

do catálogo e das autorizacións

Artigo 3º Tipoloxía.
  1. Os espectáculos públicos e as actividades recreativas comprendidas no catálogo deberán cele

    brarse ou desenvolverse de conformidade coas condicións técnicas que legal e regulamentariamente sexan exixibles para cada un deles.

  2. Para os efectos deste decreto, os espectáculos públicos e as actividades recreativas poderán ser:

    1. Permanentes: aqueles que, debidamente autorizados, se celebren ou desenvolvan de forma habitual e ininterrompidamente en establecementos fixos.

    2. De tempada: aqueles que, debidamente autorizados, se celebren ou desenvolvan en establecementos fixos ou eventuais durante períodos de tempo superiores a tres meses e inferiores a un ano.

    3. Ocasionais: aqueles que, debidamente autorizados, se celebren ou se desenvolvan en establecementos fixos ou eventuais, así como en vías e zonas de dominio público, durante períodos de tempo inferiores a tres meses. Nestes casos as autorizacións ou licenzas outorgaranse de forma específica para cada período de exercicio da actividade ou programación dos espectáculos.

    4. Extraordinarios: aqueles que, debidamente autorizados, se celebren ou desenvolvan específica e excepcionalmente en establecementos autorizados para outros espectáculos ou actividades recreativas diferentes aos que se pretende celebrar ou desenvolver de forma extraordinaria.

    5. Conmemorativos e de efemérides: aqueles que, debidamente autorizados, se celebren ou se desenvolvan en establecementos fixos ou eventuais, así como en vías e zonas de dominio público. A autorización farase polo período de tempo necesario para o desenvolvememto da conmemoración ou efemérides. Nestes casos as autorizacións ou licenzas outorgaranse de forma específica para a conmemoración ou efemérides de que se trate.

Artigo 4º Clases de establecementos.

Para os efectos deste decreto, os establecementos públicos poderán ser:

  1. Fixos: os que conten con edificacións e recintos independentes ou agrupados con outros que, debidamente autorizados, sexan inseparables do chan sobre o que se constrúa. Son independentes aqueles aos que se accede directamente desde a vía pública e agrupados os que, formando parte dun conxunto de locais, se accede a eles por espazos edificados comúns a todos eles.

  2. Eventuais: aqueles conformados por estruturas desmontables ou portátiles no seu conxunto, constituídas por módulos ou elementos metálicos, de madeira ou de calquera material que permita operacións de montaxe e desmontaxe sen necesidade de construír ou demoler obra de fábrica ningunha.

Artigo 5º Contenido das lizenzas e autorizacións.
  1. Nas autorizacións e licenzas dos establecementos públicos sometidos á normativa de espectáculos

    e actividades recreativas, así como nos supostos das súas modificacións e adaptacións, farase constar, ademais dos datos do seu titular e da denominación establecida no catálogo para a actividade que corresponda, o período de vixencia da autorización ou licenza e a capacidade de persoas permitida.

  2. Nos supostos de establecementos públicos dedicados á celebración de máis dun tipo de espectáculo ou ao desenvolvemento de varias actividades recreativas compatibles entre si, faranse constar estas circunstancias na autorización ou na licenza de acordo coas denominacións e definicións establecidas no catálogo que se aproba.

    Non obstante o anterior, se o establecemento contase para estes fins con varios espazos de usos diferenciados entre si, deberase expresar na...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR