Decreto 224/2006, do 30 de novembro, polo que se regulan as delegacións da Xunta de Galicia no exterior.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A través do Decreto 231/2005, do 11 de agosto, establecéronse os órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, creándose a Secretaría Xeral de Relacións Exteriores. Pola súa vez, o Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, configura aquela secretaría como órgano superior da Administración autonómica de apoio, asistencia e asesoramento ao presidente en todas as actuacións que, en materia de relacións coa Unión Europea, acción exterior, análise do contorno internacional que incida sobre as súas competencias e da cooperación ao desenvolvemento leve a cabo a Administración autonómica.

Pola súa parte, segundo os mesmos decretos foi creada e configurada a Secretaría Xeral de Emigración, como órgano superior ao que lle corresponden as competencias en materia de desenvolvemento da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, relacións coas comunidades galegas no exterior e política inmigratoria e de retorno en Galicia, así como a representación e participación nos órganos e foros relacionados coa emigración que lle encomende o presidente da Xunta de Galicia.

Segundo a doutrina do Tribunal Constitucional, as comunidades autónomas poden levar a cabo actividades de relevo internacional como expresión do exercicio das competencias que lles son propias na súa dimensión internacional ou na proxección exterior da personalidade de seu de Galicia, o que require da presencia da Xunta no exterior para a prestación dun servizo máis eficaz e eficiente, sen prexuízo da función de representación exterior que lle corresponde ao Estado.

No aspecto das competencias materiais, sinaladamente baséase esta norma no artigo 7 do Estatuto de autonomía de Galicia, conforme o que as comunidades galegas asentadas fóra de Galicia poderán solicitar, como tales, o recoñecemento da súa galeguidade, entendida como o dereito a colaborar e a compartir a vida social e cultural do pobo galego. Pola súa vez, consonte á Lei 4/1983, do 15 de xuño, o recoñecemento da galeguidade acada na orde social e cultural a posibilidade de exercer distintos dereitos que nese texto legal se regulan.

Conforme esta nova xeira política apréciase a necesidade de apoiar e coordinar as relacións con tales comunidades mediante a creación de delegacións da Administración autonómica no exterior, estable

cendo canles de colaboración e participación democráticas, institucionalizadas, regradas, transparentes e sometidas aos mecanismos de control previstos para toda política pública, merecente desta cualificación nunha sociedade plural, madura e libre.

Igualmente, na materia de cooperación ao desenvolvemento cómpre salientar a nova orientación derivada da implementación orzamentaria e administrativa da Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación ao desenvolvemento. Neste ámbito substantivo, a Lei estatal 23/1998, do 7 de xullo, de cooperación internacional para o desenvolvemento, consagra a necesidade de promover un desenvolvemento humano global, para asegurar e potenciar a eficacia e a coherencia das correspondentes iniciativas e proxectos, co obxectivo de contribuír a erradicar a pobreza no mundo, así como a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR