Resolución do 5 de novembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de establecementos sanitarios de hospitalización, asistencia, consulta e laboratorios de análises clínicas.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyResolución

Visto o expediente do convenio colectivo do sector de establecementos sanitarios de hospitalización, asistencia, consulta e laboratorios de análises clínicas, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28-10-2003, complementado o 4-11-2003 e subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios da Sanidade Privada da provincia da Coruña, e da parte social por UGT, CIG e CC.OO. o día 22-10-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo

que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores; Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 5 de novembro de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial de establecementos sanitarios de hospitalización, asistencia, consulta e laboratorios de análises clínicas da Coruña

Artigo 1º Ámbito de aplicación.

Este convenio será de aplicación en toda a provincia da Coruña e establece as normas básicas e regula as condicións mínimas de traballo entre as empresas destinadas a establecementos sanitarios de hospitalización, asistencia, consulta e laboratorios de análises clínicas, coa excepción das institucións da Seguridade Social.

Artigo 2º Ámbito funcional.

Este convenio provincial regula as condicións de traballo entre as empresas que desenvolven a súa actividade dentro do grupo de establecementos sanitarios de hospitalización, asistencia, consulta e laboratorios de análises clínicas, coa excepción das institucións da Seguridade Social.

Artigo 3º Ámbito temporal.

A duración deste convenio será de 24 meses, do 1 de xaneiro de 2002 ata o 31 de decembro de 2003, prorrogándose tacitamente a súa vixencia cada dous anos se ningunha das partes o denunciase coa antelación mínima de tres meses desde a data do seu remate.

Aínda que a publicación se produza con posterioridade, os efectos económicos retrotraeranse, en todo caso, ó 1 de xaneiro de 2002.

Artigo 4º Revisión salarial.

Ano 2002: incremento do 4,5% con efectos do 1 de xaneiro de 2002.

Ano 2003: incremento do IPC anual para o ano 2003 máis 0,5%. Con efectos do 1 de xaneiro de 2003.

Revisión salarial: se con data do 31-12-2003 o IPC anual fose inferior ó 3%, garantirase o 3,5% de incremento salarial.

Artigo 5º Vinculación á totalidade.

Este convenio constitúe un todo orgánico e as partes quedan vinculadas ó cumprimento na súa totalidade.

Se no proceso de homologación a autoridade competente modifica algunha das cláusulas na súa actual redacción, a comisión negociadora deberase reunir para considerar se cómpre modificación, mantendo a vixencia do resto do articulado do convenio ou se, pola contra, a modificación de tal ou tales obriga a revisa-las condicións recíprocas que as partes fixen.

Artigo 6º Garantía ad personam.

Por seren condicións mínimas as outorgadas neste convenio, respectaranse ad personam as máis beneficiosas consideradas no seu conxunto e cómputo anual.

Artigo 7º Dereitos sindicais.

As empresas recoñecerán a tódolos sindicatos debidamente implantados, como elementos básicos e consubstanciais para afrontaren a través deles as necesidades relacionadas entre as persoas traballadoras e os/as empresarios/as, sempre que aqueles teñan unha afiliación do 15 por cento.

  1. As empresas respectarán o dereito de tódolos/as traballadores e traballadoras a se sindicaren libremente, admitirán que as/os traballadoras/es afiliadas/os a un sindicato poidan realizar xuntanzas, solicitar cotas e distribuír información sindical fóra das horas de traballo e sen perturba-la actividade normal das empresas.

    Non poderán suxeita-lo emprego dun traballador ou dunha traballadora á condición de que non se afilie ou renuncie a súa afiliación sindical, e tampouco despedir un traballador ou unha traballadora ou prexudicalos de calquera outra forma por mor da súa afiliación ou actividade sindical.

    Os sindicatos poderán remitir información a todas aquelas empresas que dispoñan de suficiente afiliación, co fin de que esta se distribúa fóra das horas de traballo e sen que o exercicio de tal práctica poida interrompe-lo proceso productivo. Tódolos centros disporán dun taboleiro de anuncios, nos que os sindicatos debidamente implantados poderán inserir comunicacións, das que remitirá copia á dirección da empresa.

  2. Cota sindical. Por requirimento dos traballadores afiliados e das traballadoras afiliadas a centrais sindicais ou sindicatos que posúan a repre

    sentación previa referida no parágrafo anterior, as empresas descontaranlle na súa nómina mensual o importe da cota sindical correspondente. As persoas traballadoras interesadas en tal operación remitiranlle á dirección da empresa un escrito no que expresarán con claridade a orde do desconto, a central sindical ou o sindicato ó que pertence, a contía da cota, así como o número de conta corrente á que se debe transferir esta cantidade. As empresas efectuarán as ditas detraccións, agás indicación en contra, durante períodos dun ano. A dirección da empresa entregaralles copia da transferencia ás persoas representantes dos sindicatos.

  3. Negociación colectiva. Ós cargos de relevancia nacional das centrais implantadas nacionalmente e que participen nas comisións negociadoras dos convenios, mantendo a súa vinculación como persoas traballadoras en activo dalgunha empresa, seranlles concedidos permisos retribuídos por estas, co fin de lles facilita-lo labor como negociadores e durante o transcurso desta negociación, sempre que á empresa lle afecte a dita negociación.

  4. Excedencias. Poderá solicita-la situación de excedencia aquela persoa traballadora que posúa cargo sindical de relevancia provincial no nivel de secretario do sindicato respectivo e nacional en calquera das súas modalidades. Permanecerá en tal situación mentres estea no exercicio do dito cargo, reincorporándose á súa empresa se o solicitase no prazo dun mes, ó remata-lo desempeño deste. En empresas cun cadro de persoal superior a 50 persoas traballadoras, as persoas afectadas polo remate da súa excedencia cubrirán a primeira vacante que, do seu grupo profesional, se produza no seu cadro de persoal de pertenza, agás pacto individual en contra.

  5. Asembleas. O número de asembleas de persoal que se poderán realizar nas condicións previstas que se establecen no artigo 78 do Estatuto dos traballadores será de seis (6) ó ano, podendo distribuírse as datas da súa celebración na forma que consideren máis conveniente. O disposto no parágrafo anterior entenderase sen prexuízo do que establece o último parágrafo do devandito artigo 78.

Artigo 8º Comité de empresa.

O comité de empresa é o órgano representativo e colexiado do conxunto dos traballadores e das traballadoras na empresa ou centro de traballo para a defensa dos seus intereses.

Sen prexuízo dos dereitos e facultades concedidos polas leis, recoñécenselles ós comités de empresa as seguintes funcións:

  1. Seren informados pola dirección da empresa.

    1. Trimestralmente sobre a evolución xeral do sector económico ó que pertence a empresa, sobre a evolución dos negocios e a situación da producción e vendas da entidade, sobre o seu programa de producción e evolución probable do emprego na empresa.

    2. Anualmente, coñecer e ter á súa disposición o balance, a conta de resultados, a memoria e, no caso de que a empresa revista forma de sociedade por accións ou participación, cantos documentos se lles dean a coñecer ás persoas asociadas.

    3. Con carácter previo á súa execución pola empresa, sobre as reestructuracións e as reduccións do cadro de persoal, e sobre os plans de formación profesional da empresa.

    4. En función da materia de que se trate:

    1. Sobre a implantación ou revisión de sistemas de organización do traballo e calquera das súas posibles consecuencias. Estudios de tempo, establecementos de sistemas de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

    2. Sobre a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR