Resolución do 8 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Macofrey, S.A.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyResolución

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Macofrey, S.A., con nº de código 3602942, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-11-2002, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 29-10-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autó

noma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 8 de novembro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo de Macofrey, S.A.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Ámbito territorial.

O ámbito deste convenio será o da empresa Macofrey, S.A. e afectará a tódolos departamentos da súa factoría, situada no Polígono Industrial de Monte Faquiña, nº 110, de Tameiga-Mos.

Artigo 2º Ámbito persoal.

O convenio será de aplicación á totalidade do persoal técnico, administrativo, subalterno e obreiro suxeito á lexislación laboral que preste os seus servicios durante a súa vixencia, e coa exclusión do persoal apoderado e de alta dirección.

Artigo 3º Ámbito temporal.

A vixencia deste convenio será dun ano, é dicir, desde o 1 de xaneiro de 2002 ata o 31 de decembro de 2002, no seu contido social e económico.

Artigo 4º Incremento salarial.

O incremento salarial para o ano 2002 é de 360 anuais por traballador, que se inclúen no concepto de salario de cualificación. O incremento citado neste artigo xa está recollido nas táboas salariais anexas.

Artigo 5º Rescisión e denuncia.

Será causa suficiente de rescisión do convenio se, por disposición legal se establecesen melloras que na súa total contía fosen superiores á totalidade das xa establecidas neste convenio.

O convenio entenderase prorrogado por períodos anuais, salvo que sexa denunciado por unha das partes cando menos cun mes de anticipación á data do seu vencemento. Será preceptiva a presentación do proxecto total ou dos puntos para revisar, fixándose como data límite o 31 de decembro de 2002.

Artigo 6º Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas global e anualmente.

Artigo 7º Compensación de melloras.

As condicións pactadas compensan e substitúen, na súa totalidade, as anteriores que rexeron.

Do mesmo xeito, as condicións económicas que, de todos ou dalgúns conceptos retributivos, se poidan establecer no futuro por disposicións legais, poderán ser absorbidas e compensadas coas melloras que se establecen neste convenio.

Os traballadores que viñesen desfrutando de condicións máis vantaxosas que as xa establecidas neste convenio conservaranas a título persoal.

Artigo 8º

Constitúese a comisión paritaria de interpretación do convenio.

Composición:

Serán vocais dela: 3 representantes dos traballadores e 3 representantes da dirección da empresa designados, respectivamente, polas partes que formaron parte da comisión negociadora do convenio.

Será secretario: un vocal da comisión, que será nomeado para cada sesión, tendo en conta que o cargo recaerá unha vez entre os representantes do comité e a seguinte, entre os de dirección.

Funcións:

  1. Interpretación da aplicación da totalidade das cláusulas deste convenio.

  2. A vixilancia do cumprimento do pactado.

A comisión reunirase tres veces ó ano, salvo convocatoria de calquera das partes por causa seria ou grave que afecte os intereses xerais no ámbito deste convenio.

As reunións, que serán convocadas por escrito polo menos con 3 días hábiles de anticipación, deberán incluír necesariamente a orde do día.

De non estar dispoñible para algunha reunión algún membro da comisión paritaria, a parte afectada designará a persoa ou persoas da empresa que os substitúan.

Os acordos da comisión requirirán, para a súa validez, maioría simple.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 9º Organización do traballo.

A organización do traballo é facultade da dirección da empresa, sen outras limitacións que as normas e orientacións da lexislación vixente.

Artigo 10º Cualificación dos postos de traballo.

Co fin de obter unha base científica para a remuneración do persoal, utilízase o sistema de cualificación de postos de traballo baseado na cualificación por puntos.

Artigo 11º Remuneracións máximas normais.

Determináronse as remuneracións máximas normais ó ano, segundo o esquema do artigo 10º.

Toda remuneración máxima ó ano é proporcional a:

h: horas de traballos normais desenvolvidas.

i: índice de cualificación do posto.

k: factor determinativo dun rendemento determinado.

Artigo 12º Índices de cualificación.

Os índices de cualificación do posto resultante establécense a través da seguinte graduación:

Puntuación máxima

EscalónMandosResto persoal

3--605,727

4--611,347

5--617,197

6--623,277

7--629.607

8--636,187

9563,482643.027

10570,602650,147

11578,002657,547

12585,702665,247

13593,702673,247

14602,032681,577

15610,692690,237

16619,692699,237

17629,062708,607

18638,802718,347

19648,932--

20659,462--

21670,422--

22681,812--

23693,662--

24705,982--

25718,802--

No anexo I exprésanse os supostos que se inclúen en cada chanzo.

Artigo 13º Puntos propios do posto de traballo.

A valoración mínima á que se acumulan os puntos propios de cada posto cífrase en Macofrey, S.A. nunha base de 130 puntos, acumulándose ós graos de executantes, administrativos, técnicos e subalternos, 465,117 puntos, e para mandos de 385,572 puntos. Será de aplicación para tódolos traballadores que superasen o período de aprendizaxe.

Artigo 14º Valoración dos postos de traballo.

No caso de creación de novas tarefas, procederase oportunamente á valoración dos novos postos de traballo na forma establecida.

Establécese o período de tres meses para configura-lo novo posto de traballo, e no prazo dun mes, para efectua-la valoración do dito posto. Darase a coñecer ó comité o resultado da dita valoración, así

como os conceptos valorados e puntos atribuídos a cada concepto.

No caso de incumprimento dos ditos prazos e de que o traballador reclame por vía xurídica, unha vez coñecida a decisión, e se esta é favorable ó reclamante, a empresa aboará o que lle corresponda desde a data inicial da reclamación.

Artigo 15º Traballos penosos, tóxicos e perigosos.

Establécese un complemento por traballos penosos, tóxicos e perigosos para os postos de traballo e polos importes que se establecen no anexo VIII.

Cando concorrese, de modo manifesto, a excepcional penosidade, toxicidade e a marcada perigosidade superior ó...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR