Resolución do 7 de novembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo regulador das condicións de traballo do persoal funcionario ó servicio do Concello de Corcubión.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyResolución

Visto o texto do acordo regulador das condicións de traballo do persoal funcionario ó servicio do Con

cello de Corcubión, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-6-2003, subscrito pola representación do Concello e pola representación de Converxencia Intersindical Galega o 19-12-2003, e ratificado polo Pleno da Corporación na súa sesión do 6-3-2003, de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, sobre órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas, segundo a redacción dada pola Lei 7/1990, do 19 de xullo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de novembro de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Acordo regulador das condicións de traballo do persoal funcionario ó servicio do Concello de Corcubión

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Ámbito de aplicación ó persoal.

Este acordo aplicarase:

-Integramente ós funcionarios de carreira.

Será tamén de aplicación, en todo aquilo que sexa compatible coa natureza da súa relación de emprego ós:

  1. Funcionarios interinos.

  2. Funcionarios en prácticas.

Artigo 2º Ámbito de vixencia temporal.
  1. O vixente acordo entrará en vigor a partir do día da súa aprobación polo Pleno da Corporación, sen prexuízo da súa publicación no BOP ou DOG e con efectos do 1 de xaneiro de 2003.

  2. Este acordo prorrogarase anualmente de forma automática ata que non se proceda á súa modificación total ou parcial.

  3. Poderase formular denuncia de rescisión ou revisión por calquera das partes cunha antelación mínima de dous meses respecto á data sinalada para o remate da súa vixencia.

  4. Tódalas condicións pactadas neste convenio terán a consideración de norma laboral; as posteriores negociacións faranse partindo destas.

Artigo 3º Condicións máis beneficiosas.

As melloras establecidas en calquera outra disposición, calquera que sexa o seu rango e todas aquelas situacións colectivas que, comparadas analítica

e globalmente, sexan superiores ás do acordo, serán de aplicación conforme o principio de norma máis favorable ou condición máis beneficiosa para o persoal baixo a cobertura deste acordo.

Artigo 4º Comisión paritaria de interpretación, estudio e seguimento.

Constitúese unha única comisión paritaria de seguimento, integrada por dous representantes da corporación e dous da parte social.

A comisión paritaria terá as seguintes funcións:

  1. Interpreta-lo texto do convenio en tódolos seus aspectos, cando xurdan dúbidas na súa concreta aplicación.

  2. A vixilancia e o seguimento de cumprimento do establecido no convenio.

  3. Cantas outras actividades tendan á maior eficacia práctica do acordo.

Como norma xeral, tódalas condicións establecidas neste acordo, en caso de dúbida, ambigüidade ou escuridade en canto a sentido e alcance, deberán ser interpretadas e aplicadas do xeito que resulte máis beneficioso para os traballadores públicos.

A comisión paritaria reunirase por petición de calquera das partes, nun prazo máximo de catro días hábiles.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 5º A organización do traballo.

A organización do traballo e súa aplicación práctica é facultade da Administración, que, en todo caso, respectará os principios de racionalidade, economía e eficacia.

Procederá a obriga de consulta e negociación previa cos representantes do persoal funcionario cando se trate de dispoñibilidades orzamentarias en materia de persoal ou cando repercuta directa ou indirectamente sobre as condicións de traballo do persoal ó servicio do concello.

Quedan excluídos da obriga de consultar as decisións do concello que afecten o exercicio dos dereitos dos cidadáns ante a Administración e o procedemento de formación dos actos e disposicións administrativas.

Artigo 6º Racionalización do traballo.

A racionalización do traballo terá, entre outras, as seguintes finalidades:

  1. A mellora das prestacións do servicio ó cidadán.

  2. A simplificación do traballo, mellora de métodos e procesos administrativos e técnicos.

  3. A descrición, clasificación e estimación clara e obxectiva da relación de postos de traballo, determinando, así mesmo, as funcións ou tarefas que se van desenvolver en cada un deles.

Calquera novo posto de traballo deberá ser catalogado e valorado antes da súa cobertura.

Artigo 7º Funcións e tarefas do persoal funcionario.

Serán aquelas que figuren recollidas no catálogo de postos de traballo.

Para salvagarda-la dignidade persoal e profesional dos traballadores, non se lles poderá obrigar a realizar funcións ou tarefas que non garden relación co seu posto de traballo.

Capítulo III

Vacacións, licencias e permisos

Artigo 8º Vacacións.
  1. As vacacións anuais terán a duración dun mes, sen prexuízo de que o mes teña 30 ou 31 días, preferentemente entre os meses de xullo e agosto. As vacacións poderán ser fraccionadas en períodos non inferiores a 10 días naturais consecutivos sempre que non prexudiquen as necesidades do servicio. Antes do 31 de maio, cada unidade ou servicio terá elaborado o seu calendario de vacacións.

  2. De se producir baixa médica durante o desfrute do período de vacacións, este quedará suspendido e fixarase unha nova data consensuada entre o concello e o traballador. No suposto de que a dita baixa médica acontecese con anterioridade ó inicio das vacacións e subsistise no día sinalado para o comezo destas, non comezarán a computarse como tales.

  3. O persoal suxeito a este acordo ten dereito a desfrutar, ademais das vacacións regulamentarias, e á marxe do calendario de festas establecido no artigo 11º, a 9 días ó ano retribuídos e non recuperables, que poderán desfrutar libremente, coa única limitación de non ser acumulables ás vacacións anuais regulamentarias. Os días que se van desfrutar serán laborables e en ningún momento o servicio quedará desatendido.

  4. Os días dos que se fala no punto anterior que non sexan esgotados ó longo do ano deberán ser desfrutados, obrigatoriamente, no período que vai do 15 de decembro ó 15 de xaneiro. Para evitar problemas no funcionamento do concello, os traballadores distribuiranse en dúas quendas e sempre atendendo as necesidades do servicio.

Artigo 9º Permisos.

Sen prexuízo do disposto na lexislación vixente en cada momento, haberá que aterse ó seguinte réxime de permisos:

9.1. O pai traballador poderá desfrutar dun permiso retribuído de 2 ou 4 días laborables, dependendo de se o suceso se produce dentro ou fóra da localidade, por nacemento ou adopción de fillo/a, computables desde a data de nacemento ou chegada ó fogar do adoptado/a.

9.2. Por enfermidade grave ou falecemento dun familiar, aplicaranse os seguintes permisos retribuídos:

9.2.a) Falecemento:

-Cónxuxe, parella de feito, convivente (acreditando tal situación) ou fillos: 2 días.

-Pais, irmáns, xenros e noras: 2 días.

-Avós, cuñados, netos e sogros: 2 días.

Estes permisos serán de catro días sempre que o suceso se produza fóra dun círculo de 60 km de raio que teña por centro a localidade de residencia.

-Tíos, sobriños e curmáns: polo tempo necesario para o enterro e funeral, (máximo 1 día).

9.2.b) Enfermidade grave:

-Cónxuxe, parella de feito, convivente (acreditando tal situación) ou fillos, pais, irmáns, xenros e noras, avós, cuñados, netos e sogros do mínimo establecido por lei (2 días ou 4 días dependendo de se o suceso ten lugar dentro ou fóra dun círculo de 60 km de raio que teña por centro a localidade de residencia), ata un máximo de 15 días retribuíbles, supeditados neste caso á decisión da alcaldía, oída a representación sindical.

9.2.c) Para estes efectos consideraranse como graves as enfermidades ou os accidentes que cumpran os seguintes requisitos:

  1. No caso de enfermidade que requira internamento hospitalario.

  2. No caso de accidente, parte expedido por facultativo no que figure o prognóstico de grave ou moi grave.

  3. No caso de enfermidades ou accidentes que non teñan a consideración de graves, o permiso concederase exclusivamente cando se trate de persoas que convivan no domicilio do solicitante (acreditando tal situación co censo, padrón municipal ou informe médico), e este xustifique que non existe no domicilio ningunha outra persoa que poida atende-lo enfermo. A duración deste permiso será de dous días.

  4. En casos excepcionais de enfermidade de familiares ou persoas que convivan no domicilio do solicitante e afecten gravemente o...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR