Decreto 231/2006, do 23 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Innovación e Industria.
Sección | I. Disposicións Xerais |
Emisor | CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA |
Rango de Ley | Decreto |
Os decretos 211/2005, do 3 de agosto e 232/2005, do día 11 do mesmo mes, fixaron, respectivamente, a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e dos departamentos desta, establecendo as secretarías xerais, direccións xerais ou órganos de igual categoría que son necesarios para o cumprimento dos fins que a nova estrutura comporta e adscribíndolles os organismos autónomos ou entes públicos pertinentes.
En desenvolvemento do disposto no artigo 6 do segundo decreto citado, o Consello da Xunta de Galicia aprobou o Decreto 552/2005, do 20 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Innovación e Industria e se distribúe a competencia para o exercicio da potestade sancionadora entre os seus órganos, determinando o marco xurídico-administrativo en que a dita consellería debe realizar os seus cometidos e distribuíndo as funcións asignadas dun modo racional para así conferir a máxima eficacia no exercicio delas.
Sen embargo, o volume das competencias atribuídas á Secretaría Xeral e mais a carga de traballo derivada delas aconsella modificar a estrutura do dito órgano administrativo creando un novo servizo que desenvolva as funcións que ten encomendadas en materia de informática e dividindo en dous o Servizo de Réxime Orzamentario e de Persoal.
Por outra banda, procede suprimir as funcións atribuídas á Vicesecretaría Xeral en relación co Rexistro Xeral de Documentos e cos servizos de información, que son obxecto de regulación específica no Decreto 164/2005, do 16 de xuño, e asignar as competencias en materia de consumo e de artesanía á Secretaría Xeral e á Dirección Xeral de Comercio, respectivamente.
E, noutra orde de cousas, tamén resulta conveniente corrixir as deficiencias detectadas no referido decreto, establecendo expresamente que as resolucións ditadas no exercicio da tutela sobre as cámaras de Comercio, Industria e Navegación de Galicia e a Cámara Oficial Mineira de Galicia esgotan a vía administrativa, contemplando a adscrición da Comisión Galega de Artesanía á Consellería de Innovación e Industria a través da Dirección Xeral de Comercio e atribuíndo á Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información o exercicio das facultades que corresponden á Xunta de Galicia como titular da marca de garantía Galicia calidade.
Por último, en prol dunha mellor sistemática e co fin de evitar a dispersión normativa, cómpre promulgar un novo decreto en que se estableza a estrutura orgánica da Consellería de Innovación e Industria e se recollan as modificacións sinaladas anteriormente, deixando para outra norma a distribución
da competencia para o exercicio da potestade sancionadora entre os seus órganos.
A estrutura orgánica que aproba este decreto está amparada pola competencia exclusiva que os artigos 148.1.1º da Constitución española e 27.1º do Estatuto de autonomía de Galicia atribúen á Comunidade Autónoma galega para organizar as súas institucións de goberno e atende aos principios de eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación que, de conformidade co disposto no artigo 103.1º do texto fundamental, deben presidir a actuación administrativa.
En consecuencia, por proposta do conselleiro de Innovación e Industria, tras o informe das consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e tres de novembro de dous mil seis,
DISPOÑO:
Título I
Organización xeral
A Consellería de Innovación e Industria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ao que lle corresponde o exercicio das competencias e funcións nos ámbitos da investigación, desenvolvemento e innovación, industria, seguridade industrial, metroloxía, metais preciosos, enerxía, minas, artesanía, telecomunicacións e sociedade da información e do coñecemento, comercio interior e exterior, consumo, turismo e promoción do Camiño de Santiago e a súa valorización turística, así como a planificación, en colaboración coa consellería competente en materia de vivenda e solo, das infraestruturas dos servizos industriais do solo empresarial e residencial, de acordo co establecido na Constitución española e no Estatuto de autonomía de Galicia.
O exercicio das devanditas competencias realizarase sen prexuízo das que teñan atribuídas outras institucións ou departamentos da Xunta de Galicia nas mesmas materias, mediante o establecemento dos mecanismos de coordinación que, para estes efectos, resulten oportunos.
A Consellería de Innovación e Industria estrutúrase, para o desempeño das súas funcións, nos seguintes centros directivos:
-
A persoa titular da consellería.
-
A Secretaría Xeral.
-
A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.
-
A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.
-
A Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.
-
A Dirección Xeral de Comercio.
-
A Dirección Xeral de Turismo.
-
As delegacións provinciais.
Título II
Servizos centrais
Capítulo I
Do/a titular da consellería
A persoa titular da consellería é a superior autoridade dela e con tal carácter está investida das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro e polo artigo 30 da Lei 7/2002, do 27 de decembro.
Capítulo II
Da Secretaría Xeral
A Secretaría Xeral exercerá as competencias e funcións en materia de consumo, así como as establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, en relación con todas as unidades e servizos da consellería e, en particular:
-
O asesoramento e coordinación de todos os servizos da consellería.
-
A emisión dos informes e a realización dos estudos técnicos e xurídicos que se lle soliciten en relación cos asuntos dos que coñeza a consellería ou os organismos autónomos adscritos a ela.
-
A preparación de métodos de organización interna e sistemas de información para a racionalización e mellora dos sistemas de traballo dos servizos da consellería.
-
A asesoría técnica, execución, proposta, coordinación e supervisión dos plans de informatización de todos os órganos da consellería e das unidades dependentes dela para automatizar, axilizar e mellorar o seu funcionamento.
-
A tramitación da remisión dos asuntos que deban someterse ao Consello da Xunta de Galicia ou ás súas comisións delegadas, así como a das disposicións e actos administrativos que deban publicarse no Diario Oficial de Galicia ou en calquera outro diario oficial.
-
A representación da consellería nos órganos colexiados que exerzan funcións relacionadas coas súas competencias.
-
A actuación como órgano de comunicación con outras consellerías en materias relacionadas coas súas funcións e competencias.
-
A substitución temporal das persoas titulares das direccións xerais da consellería nos supostos de vacante, ausencia ou enfermidade.
-
As demais que lle atribúa o ordenamento xurídico vixente e aqueloutras que lle sexan singular
ou especialmente encomendadas por delegación da persoa titular da consellería.
A Secretaría Xeral estrutúrase, para o exercicio das súas funcións e baixo a superior dirección da persoa titular dela, nas seguintes unidades:
-
A Vicesecretaría Xeral, con nivel orgánico de subdirección xeral, que exercerá as seguintes funcións:
-
A ordenación, a xestión e máis a administración ordinaria de todos os asuntos relacionados co persoal da consellería, así como o seguimento e control do rexistro de persoal, sen prexuízo das atribucións que correspondan aos órganos competentes das consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de Economía e Facenda.
-
A elaboración e tramitación do anteproxecto de orzamento da consellería, o control, seguimento e coordinación da execución económica e mais a tramitación dos expedientes de modificacións orzamentarias, en coordinación cos órganos afectados.
-
A xestión do Rexistro Xeral de Contratistas e mais a tramitación dos expedientes de contratación administrativa, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros órganos.
-
A organización, coordinación e supervisión da xestión administrativa do patrimonio adscrito á consellería, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros órganos.
-
A organización, dirección e control do arquivo da consellería.
-
A xestión dos investimentos, compras, subministracións e servizos da consellería, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos dela.
-
A atención e coidado do réxime interno das dependencias da consellería, así como a administración e conservación dos bens mobles e inmobles que ten adscritos.
-
Aqueloutras que lle encomende a persoa titular da Secretaría Xeral.
Da Vicesecretaría Xeral dependen as seguintes unidades administrativas con nivel orgánico de servizo:
1.1. Servizo de Persoal.
1.2. Servizo do Rexistro Xeral de Contratistas e Contratación.
1.3. Servizo de Xestión Económica e Orzamentaria.
-
-
O Servizo Técnico-Xurídico, baixo a dependencia orgánica e funcional da persoa titular da Secretaría Xeral, que desenvolverá as seguintes funcións:
-
O estudo e tramitación dos anteproxectos e...
-
Para continuar leyendo
Solicita tu prueba