Resolución do 23 de novembro de 2006, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se lle dá publicidade ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e a Asociación Galega de Familias Numerosas para a xestión da disposición pola que se establecen as bases que rexen as axudas ás familias numerosas para a contratación da conexión á internet mediante banda larga.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorVICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR
Rango de LeyResolución

Con data do 17 de novembro de 2006 suscribiuse entre a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e a Asociación Galega de Familias Numerosas un convenio para a xestión da disposición pola cal se establecen as bases que rexen as axudas ás famlias numerosas para a contratación da conexión á internet mediante banda larga.

Cumprida a tramitación do convenio, procede a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que figura como anexo desta resolución.

O que se fai público para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2006.

Carme Adán Villamarín

Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e a Asociación Galega de Familias Numerosas para a xestión da disposición pola cal se establecen as bases que rexen as axudas ás familias numerosas para a contratación da conexión á internet mediante banda larga.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2006.

Reunidos:

Dunha parte, Carme Adán Villamarín, secretaria xeral da Igualdade, de conformidade co disposto no Decreto 211/2005, do 3 de agosto, que establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, no Decreto 232/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia (modificados polos decretos 332/2005, do 18 de agosto, e 454/2005, do 1 de setembro), no Decreto 517/2005, do 6 de outubro, polo que se establece estrutura orgánica da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, e ao abeiro da Orde do 19 de setembro de 2005, sobre delegación de competencias no secretario xeral e de Relacións Institucionais e noutros órganos da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

E doutra, Luís Sánchez González, que actúa en nome e representación da entidade Asociación Galega de Familias Numerosas, de acordo co nomeamento outorgado segundo o disposto nos seus estatutos e que consta no rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais desta vicepresidencia.

Ambas as dúas partes, no nome e representación en que concorren e con capacidade legal para este acto,

EXPOÑEN:

Primeiro.-Que a Comunidade Autónoma galega, segundo o disposto no artigo 27.23º do Estatuto de autonomía de Galicia, ten competencia exclusiva en materia de acción social, sendo aprobadas en virtude da dita competencia a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servizos sociais, e a Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, a infancia e a adolescencia.

Segundo.-Que a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, segundo o artigo 1 do Decreto 517/2005, do 6 de outubro, é o órgano da administración autonómica a que lle corresponde o exercicio das competencias e funcións en materia de benestar social...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR