Decreto 267/2004, do 4 de novembro, polo que se acepta a herdanza feita a favor da Comunidade Autónoma de Galicia por Enrique Gesteiro Prieto.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

Enrique Gesteiro Prieto faleceu o 27 de setembro de 2003 na Residencia-Fogar da Terceira Idade Porta do Camiño de Santiago de Compostela. O finado outorgou derradeiro testamento en escritura pública do 27 de outubro de 1998, instituíndo como única e universal herdeira a Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo o artigo 17 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. A aceptación de herdanzas entenderase sempre a beneficio de inventario.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos en que Enrique Gesteiro Prieto acordou a súa herdanza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do catro de novembro de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Aceptar, a beneficio de inventario, a herdanza feita a favor da Comunidade Autónoma de Galicia por Enrique Gesteiro Prieto.

Por vontade do causante, o herdado destinarase ás necesidades da Residencia-Fogar da Terceira Idade Porta do Camiño de Santiago de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR